Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Literatura Inglesa 1 Código 613G01010
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Estévez Saa, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Estévez Saa, José Manuel
Loughnane , Patrick
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
patrick.loughnane@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece unha visión panorámica e contextualizada da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. Estúdanse obras literarias de diversos xéneros e estilos en lingua inglesa e analízanse diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. A1
A6
A9
A10
A11
A15
B2
B4
B5
B6
B7
B10
C2
C4
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. A7
B3
B7
B8
C2
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. A6
B4
C2
C7
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. A2
A6
B4
B6
B7
B8
B10
C2
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria. A1
A2
A3
A6
A7
A15
B1
B7
C2
C4
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. A6
A7
B6
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?

1.1. O "canon" da literatura inglesa
1.2. Periodización
2. O período anglosaxón ou de inglés antigo na literatura inglesa (450-1066) 2.1. Introdución á historia da literatura inglesa anterior ao século XI
2.2. Literatura oral e manuscritos
2.3. Poesía épica e elexíaca
Lecturas: Fragmentos de Beowulf e “The Dream of the Rood”
3. Literatura inglesa medieval ou período do inglés medio (1066-1500) 3.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
3.2. Teatro relixioso inglés
a) Orixes do teatro inglés
b) Misterios, milagres e moralidades medievais
Lectura: Fragmentos de Everyman
3.3. Geoffrey Chaucer e os seus contemporáneos
a) Gower e o poeta Gawain
b) Chaucer e a súa obra
Lectura: Fragmentos do “Prólogo General"; de The Canterbury Tales, de Geoffrey Chaucer
3.4. Lírica inglesa dos séculos XIV e XV
a) Poesía lírica medieval
b) Amor cortés
c) Romances medievais
Lecturas: “In praise of women,” “Syng We, Syng We,” “Gentilesse,” fragmentos de “Merciless Beauty”
4. A literatura inglesa renacentista (1500-1660)
4.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
4.2. Poesía do século XVI: o soneto inglés
a) Wyatt e Surrey
b) Sidney, Spenser e Shakespeare
Lecturas: selección de sonetos
4.3. Teatro renacentista inglés
a) Edificacións, convencións e tipo de obras
b) Teatro isabelino e xacobeo: Marlowe e Shakespeare
Lectura: Hamlet
4.4. Poesía metafísica de principios do XVII
a) Poetas metafísicos e "cavalier";
b) John Donne e Andrew Marvell
Lecturas: selección de poemas
5. A Restauración (1660-1700): prosa de finais do XVII 5.1. Prosa relixiosa
5.2. Autobiografía e diarios
5.3. Libros de viaxe
Lecturas: Fragmentos do Diary de Samuel Pepys

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 14 0 14
Lecturas B3 0 45 45
Sesión maxistral A1 A11 B1 21 10 31
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 0 30 30
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 2 10 12
Seminario A7 A9 A10 A11 A15 B2 B4 B5 B7 B8 B10 C2 7 7 14
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar na clase en grupo grande nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titoría en grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva).
Lecturas Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de lecturas darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Nas horas asignadas a D.E., a profesora exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa e o seu contexto dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos desenvolveranse despois nas clases de D.I. e T.G.R.
Traballos tutelados O alumnado realizará traballos escritos (ex., análises de texto) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc.
Proba mixta No exame final o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Seminario Nas horas adicadas a T.G.R. profundizaremos na discusión e exposición oral e (principalmente) escrita, de xeito razoado, como corresponde a este entorno académico, das interpretacións xeradas polas lecturas e a aprendizaxe levada a cabo nas clases de D.E. e D. I.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.

Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables.
50
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 A asistencia colaborativa ás clases contará ata un 5%. Adicionalmente, o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 15%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Traballos escritos de dificultade diversa, feitos na clase, nos que o alumnado debe demostrar, principalmente, a súa capacidade de interpretación literaria e análise textual, así como de redacción argumentativa en inglés. 30
 
Observacións avaliación
<ul>
  • Obterase unha calificación de "non presentado" por
    non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente
    unha porcentaxe inferior ao 50%.
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous
    apartados:
  • </ul><blockquote><p>1) unha proba escrita ou exame final (co mesmo deseño e
    aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) que avaliará o
    dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota;</p><p>2) a(s) actividade(s) escritas que se especifique(n) no caso
    de cada estudante, que se deberá(n) entregar, como moi tarde, ao comezo do exame
    final, e que contará(n) o outro 50% da nota. Por exemplo, o alumnado que deba
    recuperar este segundo apartado ao completo deberá entregar un traballo
    individual e persoal de interpretación literaria e análise textual de 5-6 páxs.
    sobre o tema que se especificar no seu momento.</p></blockquote><ul>
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida
    unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
    principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a
    oportunidade de xullo.
  • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de
    decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de
    xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación
    de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en
    tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
    mesmos.
  • </ul>

    Fontes de información
    Bibliografía básica

    Lecturas obrigatorias:

    - Fragmentos de Beowulf.

    - Fragmentos de “The Dream of the Rood”.

    - Selección de lírica medieval.

    - Fragmentos do “Prólogo” a The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer.

    - Fragmentos de Everyman.

    - Sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare.

    - William Shakespeare, Hamlet.

    - Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell.

    - Fragmentos do Diary de Samuel Pepys.

    Ao comezo de curso porase ao dispor do alumnado unha copia das lecturas obrigatorias (en Reprografía, en Moodle, ou na clase), coa excepción da obra Hamlet de Shakespeare, que cada estudante deberá conseguir pola súa conta. Esta copia deberá ser na súa versión orixinal e completa, e calquera edición que cumpra estas características (ex., Oxford University Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras). Pódese utilizar unha edición bilingüe para a lectura, mais todas as alusións feitas á obra en discusións orais / escritas deberanse referir á versión inglesa.

    Bibliografía complementaria

    Recursos impresos:

    Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000.

    Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.

    Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984.

    Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.

    Burrow, J. A.&nbsp; Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004.

    Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London &amp; New York: Routledge, 1998.

    Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992.

    Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988.

    Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991.

    MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008.

    Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983.

    Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

    Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

    Recursos na rede:

    - English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval

    - Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm

    - Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html

    - The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/

    - The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/

    &nbsp;


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente
    Lingua Inglesa 1/613G01003

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente
    Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
    Lingua Inglesa 2/613G01008

    Materias que continúan o temario
    Literatura Inglesa 2/613G01017

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías