Identifying Data 2015/16
Subject (*) Lingua Galega 2 Code 613G01014
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatoria 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinador
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
roberto.samartin@udc.es
Lecturers
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
roberto.samartin@udc.es
Web
General description Estudo normativo da lingua galega

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Atinxir un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Ser capaz de elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega A9
Demostrar capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións A10
Conseguir avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica A15
Demostrar coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega A20
Ser capaz de explicar a variación lingüística da lingua galega A21
Coñecer a historia e a cultura da comunidade galega A18
Ser capaz de utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Demostrar que é capaz de se expresar correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en galego. C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Saber analisar e comentar textos literarios e non literarios utilizando técnicas de análise textual A2
Ser consciente da utilidade e necesidade da diversidade, atuando eticamente perante ela, con parámetros de xustiza e igualdade B8
B10
Coñecer resultados de investigación e colocalos en relación co desenvolvemento tecnolóxico e avance socioeconómico e cultural da sociedade B9

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución. Lingua galega, norma e usos 1.1. A lingua galega na perspectiva histórica e na actualidade
1.2. Gramática descritiva e gramática prescritiva
1.3. A norma, a variación lingüística e as interferencias
2. A calidade lingüística 2.1. Estilos e rexistros: a lingua (in)formal
2.2. A oralidade: Algúns trazos gráfico-fónicos
2.3. Principais aspectos morfosintácticos, léxicos e pragmáticos
3. A planificación do status da lingua galega 3.1. A planificación lingüística e a planificación da lingua galega
3.2. O encadramento legal do galego: evolución histórica e situación actual
3.3. O galego na Administración, no ensino e noutros ámbitos
4. A planificación do corpus da lingua galega 4.1. O proceso de estandarización do galego. Grupos, institucións e critérios normativos
4.2. Modelos de lingua para o século XXI
4.3. A planificación do léxico
5. As modalidades do galego 5.1. A lingua da Galiza e outros modelos do sistema lingüístico galego-portugués
5.2. Galego, Portugués, Brasileiro. Análise contrastiva
5.3. A variación linguística na Galiza e na Lusofonía/ Galeguía


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Mixed objective/subjective test A2 A4 A9 2 6 8
Supervised projects A10 A11 A15 B3 B6 B7 B8 2 20 22
Guest lecture / keynote speech A18 B5 C6 21 12 33
Oral presentation A4 A9 B4 C1 2 6 8
Critical bibliographical A2 A9 A10 A11 A14 B1 B5 B6 B9 C1 C6 1 4 5
Seminar A2 A4 A9 A10 A11 A20 A21 B5 B6 B10 6 12 18
Workbook A2 A10 A11 A14 B1 B3 B5 B7 C6 1 12 13
Workshop A2 A4 A9 A10 A11 A20 A21 B5 B6 B10 4 16 20
Case study A2 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B7 B8 B10 6 16 22
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións Maxistrais" (vid).
Supervised projects Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" (vid) destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado.
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
A avaliación será feita a través dunha "Proba Mixta" consistente na realización dunha proba destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles conteúdos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada preferentemente para a realización de ensaios teóricos (desenvolvemento de temas ou comentarios) ou para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais.
Oral presentation O "Traballo Tutelado" será acompañado e presentado nos "Seminarios" necesarios ao efecto (véxanse os ítems marcados entre aspas).
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Critical bibliographical Derivada da "Lectura" contemplada no estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do curso académico (vid termos entre aspas). Como todos os materiais será disponibilizada para o conxunto da turma através da plataforma moodle.
Seminar Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.

Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:

1) Un TRABALLO TUTELADO elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal se deriva tamén a correspondente "Presentación Oral".
Este traballo consiste nunha actividade en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dun discurso público (oral en formato audiovisual) para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo docente,
- elaboración dun roteiro específico e unha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do docente dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle.

2) Unha LECTURA seleccionada entre unha listaxe fornecida polo profesorado e a correspondente "Recensión bibliográfica" individual, realizada de acordo cos modelos e os parámetros fornecidos polo docente, e que despois deberá ser disponibilizada para o conxunto do grupo a través do moodle.

3) Cada alumno/a deberá apresentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos conteúdos, destrezas e competencias abordados durante o curso.
Workbook Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios" (vid).
Workshop Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos conteúdos apresentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso.
Case study Integrados no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros" (vid).

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A2 A4 A9 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos apresentados e estudados nas sesións maxistrais. 40
Supervised projects A10 A11 A15 B3 B6 B7 B8 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 15
Oral presentation A4 A9 B4 C1 Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipa e a utilidade da apresentación para os propósitos da materia. 5
Critical bibliographical A2 A9 A10 A11 A14 B1 B5 B6 B9 C1 C6 Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Case study A2 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B7 B8 B10 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 30
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás sesións de atendemento, deberá porse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se apresentar á probas mixta ou que non apresentar ningunha das actividade contempladas na avaliación.


Sources of information
Basic Álvarez de la Granja, M. / González Seoane, E. X. (eds.) (2003) (2003). A estandarización do léxico. Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua . A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
Koch, I. G. V. (2005). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez, 4ª ed.
Hernández Guerrero, J. A. / M. C. García Tejera (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona. Ariel
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirada, M. (2010). Gramátia práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Bahía
Feixó Cid, Xosé (2004). Gramática da lingua galega. Vigo. Xerais
Vilela, M. / I. Villaça Koch (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Coimbra: Livraria Almedina
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe) . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Estrela, E. / J. D. Pinto-Correia (2001). Guia Essencial da Língua Portuguesa para a Comunicação Social. Lisboa. Editorial Notícia
Cassany, D (2008). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Koch, I. G. V. / V. M. Elias (2006). Ler e compreender os sentidos do texto.
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo. Xerais
Ríos Noia, M. / M. L. Pita Rubido / R. J. Noguerol Gómez / B. Brozos Mera (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. Servizo de Normalización Lingüística / Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo. A Nosa Terra
García Cancela, X. / C. L. Díaz Abraira (1994). Manual de linguaxe administrativa. Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública / Xunta de Galicia
Bassols, M. / A. M. Torrent (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona. Octaedro
Sanmartín Rei, G. (2008). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo. Xerais
Rodrigues Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Santiago de Compostela. Laiovento
Estrela, E. / M. A. Soares / M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento

Complementary Koch, I G. V. (1992). A inter-ação pela linguagem. São Paulo: Contexto
Sánchez Rei, X. M. (2006). A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros. Santiago de Compostela: Liovento
Marcuschi, L. A. (2001 [1986]). Análise da conversação. São Paulo: Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Vallejo-Nágera, J. A. (1990). Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta
Garrido, C. (2001). Aspectos Teóricos e Práticos da Traduçom Científico-Técnica (Inglês>Galego). Ourense: Associaçom Galega da Língua
Reyes, G. (1998). Cómo escribir bien en español. Manual de redacción. Madrid: Arco Libros
Moreira, I. (2007). Correspondência Comercial. Lisboa: Edições Técnicas e Profissionais
Marcuschi, L. A. (2000). Da fala para a escrita. São Paulo: Cortez
Freixeiro Mato, X. R. (2006 [2003] ). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Madrid: Anaya
Koch, I. G. V., A. C. Bentes e M. M. Cavalcante (2007). Intertextualidade: Diálogos Possíveis . São Paulo: Cortez
Koch, I. G. V. (2004). Introdução à lingüística textual. São Paulo: Martins Fonte
Plantin, Ch. (1998). La argumentación. Barcelona: Ariel
Fuentes Rodríguez, C. / E. R. Alcaide Lara (2007). La argumentación lingüística y sus medios de expresión. Madrid: Arco Libros
Weston, Anthony (2004). Las claves de la argumentación. Barcelona: Ariel, 9ª ed
Calsamiglia Blancafort, H. / A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir: manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel
Adam, J. M. (1992). Les textes: Types et prototypes. Paris: Nathan
Marcuschi, L. A. (1983). Lingïística do texto: o que é e como se faz. Recife: Universidade Federeal de Pernambuco
Fuentes Rodríguez, C. / E. R. Alcaide Lara (2002). Mecanismos lingüísticos de la persuasión: cómo convencer con palabras . Madrid: Arco/Libros
Koch, I. G. V. (1997). O texto e a construção dos sentidos. São Paulo: Contexto
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York: Collins
Studer, Jürg (2000 [1996]). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, E. / X. L. Regueira (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Santiago Guervós, J. de (2005). Principios de comunicación persuasiva. Madrid: ArcoLibros
Flesch, R. / A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York: Harper Resource
Bordons, G. / J. M. Castellà / E. Costa (1998). TXT La lingüística textual aplicada al comentari de textos. Barcelona: Universitat de Barcelona

ANDAIME, RECURSOS LINGUÍSTICOS: http://andaime.blogaliza.org/recursos/recursos-linguisticos/


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Lingua Galega 1/613G01002

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.