Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua Inglesa 3 Código 613G01015
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía e profundiza os coñecementos da lingua inglesa, cubrindo parte parte das competencias na formación básica na descrición e uso da lingua inglesa, consolidando as competencias de B2 e cubrindo unha parte das competencias de C1, nas catro habilidades básicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno debe poder manter unha conversa que trata de asuntos cotidiás e xerais co falantes nativos de lingua inglsea sen moita dificultade. Debe dominar unha amplia gama de estilos e rexistros en textos escritos e no seu inglés escrito. A1
A6
A9
A20
B4
B10
C2
C4
Os alumnos deben expresarse dunha maneira creativa, orixinal e imaxinativa en textos orais e escritos de lingua inglesa. A6
B6
C2
C4
Deberían ter a capacidade de entender as principais ideas da maioría dos textos orais u escritos en inglés, seguir liñas argumentais complexas e identificar as principais conclusións ás que chegou o falante, sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
A9
A20
B4
B5
B10
C2
C4
Os alumnos deberían poder seguir os discursos de textos orais de radio e televisión, sempre que se fale un nivel de lingua estándar pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
A8
A11
C2
C4
Os alumnos deben poder expoñer con claridade un tema relacionado cos asuntos tratados durante o curso, e outros, explicando claramente e destacando os puntos principais para poder seguille sen dificultade. Deberá contestar ás preguntas que xurdan e usar PowerPoint ou equivalente como apoio. A9
A20
B1
B2
B4
B6
B10
C2
C4
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns e xerais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando una linguaxe apropiada. A6
A9
A20
B4
B10
C2
C4
Os alumnos deben ser capaces de expresarse en inglés escrito co claridade e fluidez, nunha forma coherente e ben organizada, usando conectores de maneira apropiada. Deben usar vocabulario e estruturas que matizan e expresan modalidade: graos de certeza / incerteza, crenza/dúbida, probabilidade / improbabilidade, usando párrafos e puntuación correctamente. A6
A9
A15
A20
B3
B4
B10
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
(Ver o apartado Fontes de Información para coñecer o libro de texto do que se extraen os seguintes temas)
1. Where we live
a. So who needs people?
b. Madrid, my home sweet home.
2. The art of conversation. a. Two million followers?
b. Facial expressions.
3. Ages and stages. a. Learning how children think.
b. I wish I’d known that before.
4. No gain without pain. a. A motivating business
b. Secret to success.
5. The feel-good factor. a. Happiness: It’s a state of mind;
b. Films that make you feel good.
6. Living with the past. a. Searching for a king;
b. My hoarder mum and me.
7. The hard sell. a. It’s all about technique;
b. Windows of opportunity.
8. Passing through. a. Travelling for a living;
b. Volunteering for work abroad.
9. Reading the mind. a. Why can’t we tickle ourselves?;
b. How the Internet is altering your mind.
10. Things to come. a. The musical future;
b. We’ve seen it all before.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C2 2 0 2
Sesión maxistral A6 C2 10 15 25
Discusión dirixida A6 A20 B4 B5 C2 8 12 20
Proba oral A6 A9 A15 0 6 6
Seminario B6 B3 B6 13 15 28
Proba obxectiva B1 B2 B10 C2 C4 C4 0 25 25
Presentación oral A6 A9 B2 B4 B6 C2 1 10 11
Portafolios do alumno A8 A11 A1 C2 2 30 32
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, onde as actividades teñen como fin a obtención de información achega do nivel de competencia do alumnado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Modo de clase maxistral, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos dos alumnos da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento dos profesores, onde se pon en práctica as habilidades dos alumnos, e onde poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Unha proba onde se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores.
Seminario Son sesións prácticas onde se desenvolven as catro habilidades básicas en relación co programa, ou outros temas que xurdan.
Proba obxectiva Exame escrito. Isto permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas: composicións, preguntas de resposta múltiple, completar frases, transformacións e outros exercicios. Inclúe unha proba de audición. Basearase case exclusivamente nos materiais utilizados ao longo do curso.
Presentación oral Unha presentación diante dos demais alumnos na clase de tamaño medio (DI). Debe tratarse dun tema controvertido elixido polo propio alumno. O alumno debería chegar a algún tipo de conclusión despois de considerar e explicar os puntos principais. Deberían usar PowerPoint ou similar como apoio dos seus argumentos.
Portafolios do alumno Os alumnos deberían gardar e ordenar os materiais que son o resultado das clases, e outros materiais, cos seus propios comentarios e as notas asignadas, para facer un seguimento dos seus progresos. Isto inclúe as composicións coas notas, comentarios e correccións do profesor. Tamén inclúe calquera tipo de investigación ou traballo levado a cabo polo alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Os profesores corrixirán ao longo do curso varias redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta os seus erros e as correccións e comentarios en futuras ocasións. Poderán e deberían consultar cos profesores acerca da maneira de mellorar os seus rendementos, e usar o tempo dedicado ao auto-aprendizaxe para corrixir erros.

Todos o alumnado debería aproveitar o tempo de tutorías dos profesores, que están para o propósito de facer un seguimento do seu progreso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A9 A15 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronuncia e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 10
Seminario B6 B3 B6 Avaliaranse a asistencia e participación dos alumnos (10%), e o seu rendemento nas actividades que levarán a cabo en clase ao longo do cuadrimestre (5%). 15
Presentación oral A6 A9 B2 B4 B6 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual; non pode presentarse en parellas ou grupos, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Deberíase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. 15
Proba obxectiva B1 B2 B10 C2 C4 C4 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios, unha composición escrita e unha proba de audición. 40
Portafolios do alumno A8 A11 A1 C2 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/As estudantes que  non superen a proba en decembro / xaneiro terán que ir á oportunidade de xullo, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: Proba oral 10%, Proba obxectiva 40%, Presentación oral 15% Portafolio do alumno 20%, Resumo oral dun conto curto en inglés, eligido polo profesor (15%). Os que aprobasen unha parte en xaneiro / febreiro non terán que repetir esa parte en xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 


Fontes de información
Bibliografía básica Lynda Edwards and Jacky Newbrook (2014). Gold Advanced Exam Maximizer (without key) . Harlow, UK; Pearson (Price: about 24€)

Os alumnos deben adquirir o libro de texto e traelo a clase de maneira habitual. 

Bibliografía complementaria Quirk, R. and Greenbaum, S. (1985). A University Grammar of English. London, Longman
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. (WITH KEY) MacMillan Publishers
Mann, M. (2008). Destination C1&C2: grammar and vocabulary. MacMillan
Tims, Nicholas et al. ( 2014). Face2face Advanced Workbook. Cambridge, UK: CUP ISBN 1107690587
Sally Burgess and Amanda Thomas (2014). Gold Advanced Coursebook. Harlow, UK; Pearson
Side, Richard and Guy Wellman (2000). Grammar and Vocabulary for CAE and CPE. London: Longman
Jones, Leo (2001). New Cambridge Advanced English. Cambridge, CUP.
Swan, M. (1996). Practical English Usage. Oxford: O.U.P.

Estes 8 libros son para referencia e estudo soamente.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa I/613211103
Lingua Inglesa II/613211104

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa IV/613211404
Lingua Inglesa V/613211405
Lingua Inglesa VI/613211601

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías