Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Historia e Cultura de Galicia Código 613G02029
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
carlos.velasco@udc.es
Profesorado
Vázquez Lijó, José Manuel
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
j.m.vlijo@udc.es
carlos.velasco@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Descrición e análise da evolución histórica da Galiza e dos trazos básicos da sua cultura.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os cambios e permanencias que se producen na Galiza contemporánea A19
B5
B8
Coñecer as metodoloxías adecuadas para a elaboración de traballos A11
B1
B3
B5
B6
B7
B9
C3
C6
Aprender a expor oralmente e por escrito A4
A10
A29
B4
C1
Tomar consciencia da necesidade de aprendizaxe continua B3
B5
B7
C3
C6
Fomentar, a través do coñecimento, un mellor exercicio da cidadanía B8
C4
C6
C7
Coñecer as fontes de información para a Historia da Galiza A10
A16
A19
A27
A28
B1
C3
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A2
manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas B2
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional B10

Contidos
Temas Subtemas
1. O medio físico e a estrutura povoacional 1.1. Xeografía descritiva do país galego.
1.2. Distribución espacial do hábitat urbano e rural.
2. A cultura galega "tradicional". 2.1. O mundo agrario e mariñeiro e as suas culturas características.
2.2. Industrialización e medio urbano.
3. Galicia pre-romana e romanización. 3.1. Celtismo e anti-celtismo.
3.2. A romanización como agente revelador da riqueza cultural propria.
4. A Galiza feudal. 4.1. O proceso de formación do feudalismo.
4.2. O Reino da Galiza
4.3. Consolidación e apoxeu fo feudalismo: a época de Xelmires.
5. O fin dos tempos medievais 5.1. A crise dos séculos XIV-XV.
5.2. A revolta irmandiña.
5.3. A "doma e castración" do Reino da Galiza.
6. Os "Séculos Escuros": o Antigo Regime na Galiza. 6.1. Demografia e sociedade.
6.2. Economia agraria, tentativas industrializadoras e conflitos sociais.
6.3. O cadro institucional.
6.4. Ilustración galega e esplendor barroco.
7. Crise do Antigo Rexime e estancamento socio-económico: a Galiza do século XIX. 7.1 Inercias agrarias e desindustrialización.
7.2. Unha populación emigrante e una sociedade esencialmente rural e mariñeira.
7.3. A construción do Estado liberal.
7.4. Movimentos sociais, correntes e organizacións políticas.
7.5. A formación de unha consciencia propria: do provincialismo ao "Rexurdimento" e o Rexionalismo.
8. a Galiza do século XX: transformacións estruturais e cambio político. 8.1. Evolución da populación.
8.2. A modernización do tecido socio-económico.
8.3. Os movimentos sociais.
8.4. II República, Ditadura Franquista e Transición Democrática.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A11 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 2 30 32
Recensión bilbiográfica A2 A11 B1 B3 B5 B6 B7 C1 0 9 9
Lecturas B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 0 30 30
Análise de fontes documentais A4 A10 A11 A16 A29 B2 0 10 10
Proba obxectiva A19 B1 B3 B5 B7 C1 2 0 2
Aprendizaxe colaborativa A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 4 0 4
Sesión maxistral B1 B5 B6 B7 B8 C7 16 0 16
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 4.5 2 6.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consiste nun traballo individual por conta do aluno relacionado con algún tema do programa, realizado a partir da consulta de bibliografía e/ou fontes documentais e orientado conforme a pautas dadas polo profesor. Poderá ser exposto na aula.
Recensión bilbiográfica Reseña dun libro ou artigo indicado polo profesor.
Lecturas Lectura a cargo do aluno de monografias e máis material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. Tais lecturas estarán relacionadas preferencialmente coa materia do temario.
Análise de fontes documentais consulta por parte do aluno de fontes históricas de base documental coa finalidade de o iniciar no manexo das mesmas.
Proba obxectiva Consiste nunha proba escrita sobre os contidos estudados no curso.
Aprendizaxe colaborativa Debate en grupo sobre cuestións colocadas polo profesor. Non precisa de leitura previa de materiais en horas non presenciais. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado.
Sesión maxistral Exposición por conta do profesor de cuestións basilares relacionadas co temario.
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Proba obxectiva
Descrición
Nos traballos tutelados, o profesor informará sobre a metodoloxía a empregar, dará unha orientación bibliográfica xeral que será completada polo aluno a través dun traballo de prospección, e fará un seguimento do traballo. A tal fin, marcará un cronograma de comparecencias periódicas do aluno para ser cumprido obrigatoriamente por este.

Na proba obxectiva, o profesor deberá resolver as dúbidas que poda levantar a formulación das perguntas e, en xeral, esclarecer calquera cuestión relativa à materia obxecto de exame. Tamén deberá aclarar a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización das perguntas.

No caso da discusión dirixida, haberá que seleccionar o tema a debate. Os alunos deberán preparalo a partir da bibliografía recomendada e caberá ao profesor fixar as pautas metodolóxicas precisas para encaminhar a discusión.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 Serán valorizados o rigor analítico exibido, a claridade da exposición por escrito (e, no seu caso, tamén oral se for exposto na aula) e o axeitamento da metodoloxía ao traballo de pesquisa realizado. 30
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propria coa dos compañeiros da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 15
Recensión bilbiográfica A2 A11 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade expositiva do discurso. 10
Proba obxectiva A19 B1 B3 B5 B7 C1 Será avaliada a exposición realizada polo aluno consonte a criterios de articulación da exposición e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Aprendizaxe colaborativa A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar en grupo e a receptividade das argumentacións dos demáis. 5
 
Observacións avaliación
1. Serán avaliados os alunos/as que asistiren á prova obxectiva e tiveren apresentado a recensión e máis o traballo tutelado. Onde non, serán considerados como non presentados.
2. Será requisito imprescindíbel para aprobar a disciplina, superar a proba obxectiva. Caso da suma das cualificacións do conjunto das actividades ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4.9 implicando un suspenso na materia.
3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán umha diminución da nota.
4. Os alunos/as en situación de dispensa académica ou matrícula a tempo parcial deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado de metodoloxías.
5. Todos os alunos/as matriculados na materia (inclusive os que a tiverem pendente de cursos anteriores)deberán entregar obrigatoriamente unha ficha con foto actualizada. Sen ela non serán admitidos para a proba obxectiva nen lles serán corrixidos a recensión e mais o traballo tutelado.

Fontes de información
Bibliografía básica Saavedra, P. (1992). A vida cotiá en Galicia, 1550-1850. Santiago, USC
Barbosa Álvares, J. M. (2008). Atlas histórico da Galiza. Barcelona
VV.AA. (1998). Atlas histórico de Galicia. Vigo, Nigra Tea
Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo, Galaxia
VV.AA. (1991). Historia de Galicia. Vigo, A Nosa Terra
Constenla Bergueiro, g. e Domínguez Castro, l. (eds.) (2002). Tempo de sermos. Galicia nos séculos contemporáneos. Vigo, UVI
VV.AA. (1990). Textos e materiais para a Historia de Galicia. Barcelona, Crítica
Calo Lourido, F. (1996). Xentes do mar. Traballos, tradicións e costumes. Vigo, A Nosa Terra

Bibliografía complementaria Velasco Souto (2006). 1936 Represión e alzamento militar en Galiza. Vigo, A Nosa Terra
López Carreira, A. (1999). A cidade medieval galega. Vigo, A Nosa Terra
Do Pico, F. (1978). A Ilustración e a sociedade galega. Vigo, Galaxia
Barros, C. (1988). A mentalidade xusticieirados irmandiños. Vigo, Xerais
López Carreira, A. (1987). A revolución irmandiña. Ourense, Galiza Editora-ASPG
Velasco Souto, C. F. (1995). Agitacións campesinas na Galiza do século XIX.. Santiago, Laiovento
Carmona, X. y Nadal, J. (2005). El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza
Villares, R. (1982). Foros, frades e fidalgos. Vigo, Xerais
Máiz Vázquez, B. (1989). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo, Xerais
Velasco Souto, C. F. (2000). Galiza na II República. Vigo, A Nosa terra
Fernández Casanova, Carmen (coord.) (1998). Historia da pesca en Galicia. Santiago, USC, Biblioteca de divulgación
Alonso Álvarez, l. (1977). Industrialización y conflictos sociales en la Galicia del Antigo Régimen. Madrid, Akal
Barreiro Fernández, X. R. (1982). Liberales y absolutistas en Galicia. Vigo, Xerais
Andrade Cernadas, J. M. (1995). Monxes e mosteiros na Galicia medieval. Santiago, USC, Bibl. de divulgación
Proxecto: As Vítimas, As Voces, Os Nomes e os Lugares (). Nomesevoces.net.
Cabo Vilaverde, M. (1998). O Agrarismo. Vigo, a Nosa terra
Beramendi, J.G.-Núñez Seixas, M. (1990). O Nacionalismo Galego. Vigo, a Nosa Terra
López Carreira, A. (2005). O reino medieval de Galicia. contribución á súa historia política. Vigo, A Nosa Terra
Pereira, D. (coord.) (1992). Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra. Vigo, A Nosa Terra
Presedo Garazo, A. (1997). Os devanceiros dos pazos. Economía e estrategias socoais da pequena fidalguía rural na Galicia interior (séculos XVI-XVIII). Santiago, sotelo Blanco
Castiñeiras, M. A. (1995). Os traballos e os días na Galicia medieval. Santiago, USC, Biblioteca de divulgación
Fernández Prieto, L. (ed.) (2001). Tera e Progreso. Vigo, Xerais


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Galega e Comunicación Oral/613G02021
Lingua Portuguesa 1/613G02022
Lingua Galega e Sociedade/613G02025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Literatura Galega/613G02012
Literatura Medieval Galego-Portuguesa/613G02023
Literatura Portuguesa 1/613G02026
Lingua Portuguesa 2/613G02035

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesor recomenda utilizar o horário de atendimento (titorias) para resolver calquera problema ou esclarecer dúbidas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías