Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Cultura Latina Medieval Código 613G02033
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Lopez Pereira, Jose Eduardo
Correo electrónico
e.pereira@udc.es
Profesorado
Lopez Pereira, Jose Eduardo
Correo electrónico
e.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo de diversos aspectos do sistema literario da Idade Media latina, en particular relacionados coa produción do texto: fontes básicas, relación con outras culturas, xéneros, etc. Dada a pertenencia da materia ao Grado en galego e portugués, prestarase especial atención á relación entre a cultura latina e as vernáculas (sobre todo a galego-portuguesa).

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria no campo dos estudos latinos medievais A1
A29
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios latinos da Idade Media utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A16
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina da Idade Media. A11
A13
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información especializados no campo dos estudios latinos medievais. B1
Adquirir capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos medievais. B3
B6
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, particularmente a historia das literaturas medievais vernáculas. B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento, de exercer o pensamento crítico e apreciar a diversidade cultural. B7
B8

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións conceptuais. Caracterización xeral da Europa medieval. Periodización. 1.1 Cuestións conceptuais.
1.2 Caracterización xeral da Europa medieval.
1.3 Periodización
2. As fontes básicas da cultura latina medieval. 2.1 O legado clásico.
2.2 A cultura cristiá.
3. Relación da cultura latina con outras. 3.1 A cultura grega.
3.2 A cultura xermánica.
3.3 A cultura celta.
3.4 A cultura eslava.
4. Características do latín tardío e medieval e a súa relación coas linguas vernáculas. 4.1 Caracterización do latín tardío e medieval
4.2 Relación do latín tardío e medieval coas linguas vernáculas románicas e non románicas.
5. A poesía latina medieval e as súas relacións coa poesía nas linguas vernáculas (en particular coa galego-portuguesa) 5.1 A épica.
5.2 A poesía de amor.
5.3 A lírica relixiosa.
5.4 O debate.
5.5 Poesía satírica e goliárdica.
6. A prosa latina medieval e a súa relación coa prosa nas linguas vernáculas. 6.1 Haxiografía.
6.2 Textos historiográficos.
6.3 Itinerarios.
6.4 Narrativa en prosa.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A2 A16 16 16 32
Traballos tutelados A11 B6 0 16.5 16.5
Lecturas B1 B3 B8 0 30 30
Análise de fontes documentais A1 A2 A29 0 15 15
Proba mixta B5 B7 2 0 2
Sesión maxistral A13 16 0 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Pequenos traballos que se irán indicando ao longo do curso relativos aos temas de aprendizaxe colaborativa, onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta.
Lecturas Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise dos textos medievais que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Indicaranse ao longo do curso os textos e as traducións recomendadas.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, reseñas de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos no horario de titorías ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 Asistencia ás aulas. 10
Aprendizaxe colaborativa A2 A16 Asistencia ás aulas, participación nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 25
Traballos tutelados A11 B6 Entrega dos traballos que se indiquen e boa cualidade dos mesmos 15
Proba mixta B5 B7 Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade 50
 
Observacións avaliación

As cualificacións polos
traballos tutelados, asistencia ás sesións maxistrais e traballos de
aprendizaxe colaborativa manteranse nas convocatorias de xuño e xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica (). ALIM, Archivio della Latinità Italiana del Medioevo <http://www.uan.it/alim/>.
(). Bibliotheca Augustana <http://www.fh-augsburg.de/~harsch/a_alpha.html>.
Brunzhölz, F. (1975-92). Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters. München
Manitius, M. (1911-31). Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters. München
Dronke, P. (1995). La lírica en la Edad Media. Barcelona
Moralejo Álvarez, J. L. (2002). La poesía latina medieval: apuntes para una clasificación genérica. León
(). Latin Library <http://www.thelatinlibrary.com/>.
Leonardi, C. (ed.) (2002). Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale. Firenze
Curtius, E. R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina. México-Madrid-Buenos Aires
Bodelón, S. (1989). Literatura latina de la Edad Media en España. Madrid
Cavallo, G.-Leonardi, C.-Menestò, E. (eds.) (1993-). Lo spazio letterario del Medioevo. 1. Il Medioevo latino. Roma
Dronke, P. (1968). Medieval Latin and the Rise of European Love-Lyric. Oxford
Díaz y Díaz, M. C.-Díaz de Bustamante, J. M. (eds.) (2005). Poesía latina medieval. Firenze
Genicot, L. (dir.) (1972-). Typologie des sources du Moyen Âge occidental. Turnhout

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria indicarase con cada tema


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías