Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua Española 1 Código 613G03001
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Rojo Mejuto, Natalia
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
natalia.rojo@udc.es
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo descritivo e instrumental da lingua española. Elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar as técnicas de composición de diferentes tipos de textos. A2
A9
A11
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C3
C7
Coñecer e aplicar os principais mecanismos de descrición e análise dos compoñentes gramaticais e léxico-semánticos do español. A1
A3
A11
A14
A15
B1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
C4
C6
C7
C8
Producir textos orais e escritos dotados de cohesión e coherencia, e adecuados á situación comunicativa. A5
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B10
C1
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
I. ESTUDO DESCRITIVO DA LINGUA 1. O COMPOÑENTE MORFOLÓXICO

2. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (I). As clases de palabras e os grupos sintácticos

3. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (II). A oración simple

4. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (III). A oración composta

5. O TEXTO
II. ESTUDO INSTRUMENTAL. ELABORACIÓN DE TEXTOS 1. O PROCESO DE COMPOSICIÓN DE TEXTOS

2. ELABORACIÓN DE TEXTOS ACADÉMICOS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 C8 18 28 46
Lecturas A1 A3 A9 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C6 C8 3 18 21
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 16 30 46
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 7 14 21
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 A9 B1 B3 B7 B9 C6 2 0 2
Proba mixta A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo (grupo grande). A profesora presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade.
Lecturas O alumno preparará, fóra de clase, las lecturas que a profesora indique.
Solución de problemas Exercicios prácticos, como pequenas probas, por exemplo, nos que se aplicarán os contidos do temario.
Proponse unha metodoloxía activa, o que supón que o estudante implíquese na aprendizaxe e traballe con asiduidade.
Obradoiro Desenvolverase un obradoiro de composición de textos.
O obradoiro sustentarase basicamente no traballo persoal de cada alumno e no traballo grupal; sexa nun caso ou sexa no outro, a profesora tutelará constantemente a aprendizaxe do estudante.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. Así mesmo, valorarase notablemente o rigor e a corrección no uso da lingua.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualizadamente os resultados das actividades, probas...

As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao gabinete da profesora no horario establecido, que se fará público a principio de curso.

A atención personalizada aos alumnos levarase a cabo tamén nas sesións de grupo reducido, nas que a profesora poderá supervisar individualmente o desenvolvemento das actividades por parte dos estudantes.

A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Se é preciso deseñaranse actividades especiais.

Polo que respecta aos alumnos con dispensa académica recoñecida, adicaranse as sesións de titoría (presencial ou por correo electrónico) para o seguimento da súa actividade académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos. O obradoiro avaliarase mediante unha tarefa dacordo coas indicacións que se farán públicas a través de Moodle nos primeiros días do curso. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 Avaliación de actividades e probas que se realizarán a lo longo do cuadrimestre. 30
Proba mixta A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica.
50
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Cualificarase como "non presentado" quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira oportunidade (mes de xaneiro) nin na segunda (finais de xuño-xullo), independientemente do número de actividades entregadas. 

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación arriba descritos (solución de problemas en conxunto; obradoiro e proba mixta) coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade. Ao finalizar as clases do segundo cuadrimestre, os profesores formularán a través de Moodle as actividades para a recuperación da "Solución de problemas" e do "Obradoiro".

- Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico.

- Os traballos ou actividades entregaranse como se indique en cada caso. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado. 

- Para aprobar a materia, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de acentos, puntuación etc. descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos. 

- O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. 

- Alumnos con dispensa académica recoñecida. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación. Deben contactar cos profesores antes de finalizar o mes de setembro.

- Alumnos que precisan medidas de apoio á diversidade. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa implementación e flexibilidade que requira a situación concreta do estudante). 

- Alumnos erasmus e de outros programas de intercambio. Recoméndase un nivel equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2005 Diccionario panhispánico de dudas Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/dpd/ Libro


Gómez Torrego, Leonardo 2010 Gramática didáctica del español Madrid: SM Libro


Gutiérrez Araus, M.ª Luz et al. 2005 Introducción a la lengua española Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces Libro


Montolío, Estrella (Dir.ª) 2014 Manual de escritura académica y profesional Barcelona: Ariel Libro


Andión Herrero, M.ª Antonieta 2005 Modalidades textuales, en Gutiérrez Araus et al., 2005: 345-360 Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces Capítulo de libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2010 Nueva gramática de la lengua española. Manual Madrid: Espasa Calpe Libro


Sánchez Lobato, Jesús (coord.) 2006 Saber escribir Madrid: Aguilar Libro


Briz, Antonio (coord.) 2006 Saber hablar Madrid: Aguilar. Libro


Serrano Serrano, Joaquín 2002 Guía práctica de redacción Madrid: Anaya Libro


Aleza izquierdo, Milagros (coord.ª) 2011 Normas y usos correctos en el español actual Valencia: Tirant lo Blanch Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2001 Diccionario de la lengua española Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/drae/ Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2012 Ortografía básica de la lengua española Barcelona: Espasa Libros Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2011 Nueva gramática básica de la lengua española Barcelona : Espasa Libros Libro


Rojo, Guillermo y T. Jiménez Juliá 1989 Fundamentos del análisis sintáctico funcional Santiago: Universidad Libro


Hernanz, Mª Lluïsa y J. Mª Brucart 1987 La Sintaxis Barcelona: Crítica Libro


Varela Ortega, Soledad 2005 Morfología léxica: la formación de palabras Madrid: Gredos Libro
Aguirre, Carmen 2013 Manual de Morfología Barcelona: Castalia Libro

Os alumnos deben estar atentos con asiduidade á plataforma Moodle da UDC, na que se depositará material necesario para o adecuado seguimento da materia: esquemas, exercicios, lecturas, etc.

Bibliografía complementaria

En cada tema proporcionarase bibliografía específica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para o aproveitamento óptimo dos recursos docentes proporcionados recoméndase a asistencia a todas as clases, tanto ás sesións expositivas, nas que se explican os contidos principais da materia, como ás clases interactivas, nas que se traballa na aplicación dos contidos teóricos, e tamén ás clases de grupos reducidos nas que, mediante obradoiros, se practicará cuestións relevantes da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías