Identifying Data 2020/21
Subject (*) Lingua Española 1 Code 613G03001
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Veleiro Perez, Ana Maria
E-mail
ana.veleiro@udc.es
Lecturers
Gonzalez Garcia, Luis
Rojo Mejuto, Natalia
Veleiro Perez, Ana Maria
E-mail
luis.gonzalezg@udc.es
natalia.rojo@udc.es
ana.veleiro@udc.es
Web
General description Estudo descritivo e instrumental da lingua española. Elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Lecturas
- Solución de problemas
- Obradoiro

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Eventos científicos e/ou divulgativos (en caso de confinamento non será posible acudir a actos públicos).
- Proba mixta (non se realizará. A avaliación destes contidos distribúese entre as metodoloxías solución de problemas e obradoiro).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado.
-Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades ou sobre o contido das sesións expositivas.
-Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e interactiva realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade.
OBRADOIRO: Realizarase en Moodle, mediante actividades interactivas deseñadas para que o alumnado poida aplicar o contido teórico á práctica, así como exercicios individuais ou grupais.

4. Modificacións na avaliación
En caso de docencia non presencial variará a porcentaxe dos sistemas de avaliación do seguinte xeito:
- Proba mixta. Elimínase.
- Solución de problemas. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 30 % a 60%.
- Obradoiro. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 20 % a 40 %.

*Observacións de avaliación:
O apartado solución de problemas pasa a valer o 60 %. Constará de tres probas que se realizarán telematicamente de forma asíncrona mediante Office Forms ou Moodle:
- Test de morfoloxía e clases de palabras (20 %)
- Test de grupos sintácticos, de funcións da oración simple y de diátese (20 %)
- Análise de oración composta (20 %)
O obradoiro pasa a valer o 40 %.
Os catro exercicios coas correspondentes instrucións serán remitidos por Moodle.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e aplicar as técnicas de composición de diferentes tipos de textos. A2
A9
A11
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C3
C7
Coñecer e aplicar os principais mecanismos de descrición e análise dos compoñentes gramaticais e léxico-semánticos do español. A1
A3
A11
A14
A15
B1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
C4
C6
C7
C8
Producir textos orais e escritos dotados de cohesión e coherencia, e adecuados á situación comunicativa. A5
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B10
C1
C3
C4
C7

Contents
Topic Sub-topic
I. ESTUDO DESCRITIVO DA LINGUA 1. O COMPOÑENTE MORFOLÓXICO

2. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (I). As clases de palabras e os grupos sintácticos

3. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (II). A oración simple

4. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (III). A oración composta

5. O TEXTO
II. ESTUDO INSTRUMENTAL. ELABORACIÓN DE TEXTOS 1. O PROCESO DE COMPOSICIÓN DE TEXTOS

2. ELABORACIÓN DE TEXTOS ACADÉMICOS

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A3 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 C8 18 28 46
Workbook A1 A3 A9 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C6 C8 3 18 21
Problem solving A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 16 30 46
Workshop A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 7 14 21
Events academic / information A1 A3 A9 B1 B3 B7 B9 C6 2 0 2
Mixed objective/subjective test A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 2 10 12
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo (grupo grande). A profesora presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade.
Workbook O alumno preparará, fóra de clase, las lecturas que a profesora indique.
Problem solving Exercicios prácticos, como pequenas probas, por exemplo, nos que se aplicarán os contidos do temario.
Proponse unha metodoloxía activa, o que supón que o estudante implíquese na aprendizaxe e traballe con asiduidade.
Workshop Desenvolverase un obradoiro de composición de textos.
O obradoiro sustentarase basicamente no traballo persoal de cada alumno e no traballo grupal; sexa nun caso ou sexa no outro, a profesora tutelará constantemente a aprendizaxe do estudante.
Events academic / information Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
Mixed objective/subjective test Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. Así mesmo, valorarase notablemente o rigor e a corrección no uso da lingua.

Personalized attention
Methodologies
Workbook
Workshop
Problem solving
Mixed objective/subjective test
Description
Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualizadamente os resultados das actividades, probas...

As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao gabinete da profesora no horario establecido, que se fará público a principio de curso.

A atención personalizada aos alumnos levarase a cabo tamén nas sesións de grupo reducido, nas que a profesora poderá supervisar individualmente o desenvolvemento das actividades por parte dos estudantes.

A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Se é preciso deseñaranse actividades especiais.

Polo que respecta aos alumnos con dispensa académica recoñecida, adicaranse as sesións de titoría (presencial ou por correo electrónico) para o seguimento da súa actividade académica.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C8 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos. O obradoiro avaliarase mediante unha tarefa dacordo coas indicacións que se farán públicas a través de Moodle nos primeiros días do curso. 20
Problem solving A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 Avaliación de actividades e probas que se realizarán a lo longo do cuadrimestre. 30
Mixed objective/subjective test A1 A5 A9 A10 A15 B4 B5 B6 B10 C1 C6 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica.
50
 
Assessment comments

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Cualificarase como "non presentado" quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira oportunidade (mes de xaneiro) nin na segunda (finais de xuño-xullo), independientemente do número de actividades entregadas. 

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación arriba descritos (solución de problemas en conxunto; obradoiro e proba mixta) coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade. Ao finalizar as clases do segundo cuadrimestre, os profesores formularán a través de Moodle as actividades para a recuperación da "Solución de problemas" e do "Obradoiro".

- Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico.

- Os traballos ou actividades entregaranse como se indique en cada caso. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado. 

- Para aprobar a materia, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de acentos, puntuación etc. descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos. 

- O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. 

- Alumnos con dispensa académica recoñecida. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación. Deben contactar cos profesores antes de finalizar o mes de setembro.

- Alumnos que precisan medidas de apoio á diversidade. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa implementación e flexibilidade que requira a situación concreta do estudante). 

- Alumnos erasmus e de outros programas de intercambio. Recoméndase un nivel equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia.


Sources of information
Basic


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2005 Diccionario panhispánico de dudas Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/dpd/ Libro


Gómez Torrego, Leonardo 2010 Gramática didáctica del español Madrid: SM Libro


Gutiérrez Araus, M.ª Luz et al. 2005 Introducción a la lengua española Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces Libro


Montolío, Estrella (Dir.ª) 2014 Manual de escritura académica y profesional Barcelona: Ariel Libro


Andión Herrero, M.ª Antonieta 2005 Modalidades textuales, en Gutiérrez Araus et al., 2005: 345-360 Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces Capítulo de libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2010 Nueva gramática de la lengua española. Manual Madrid: Espasa Calpe Libro


Sánchez Lobato, Jesús (coord.) 2006 Saber escribir Madrid: Aguilar Libro


Briz, Antonio (coord.) 2006 Saber hablar Madrid: Aguilar. Libro


Serrano Serrano, Joaquín 2002 Guía práctica de redacción Madrid: Anaya Libro


Aleza izquierdo, Milagros (coord.ª) 2011 Normas y usos correctos en el español actual Valencia: Tirant lo Blanch Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2001 Diccionario de la lengua española Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/drae/ Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2012 Ortografía básica de la lengua española Barcelona: Espasa Libros Libro


Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española 2011 Nueva gramática básica de la lengua española Barcelona : Espasa Libros Libro


Rojo, Guillermo y T. Jiménez Juliá 1989 Fundamentos del análisis sintáctico funcional Santiago: Universidad Libro


Hernanz, Mª Lluïsa y J. Mª Brucart 1987 La Sintaxis Barcelona: Crítica Libro


Varela Ortega, Soledad 2005 Morfología léxica: la formación de palabras Madrid: Gredos Libro
Aguirre, Carmen 2013 Manual de Morfología Barcelona: Castalia Libro

Os alumnos deben estar atentos con asiduidade á plataforma Moodle da UDC, na que se depositará material necesario para o adecuado seguimento da materia: esquemas, exercicios, lecturas, etc.

Complementary

En cada tema proporcionarase bibliografía específica.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para o aproveitamento óptimo dos recursos docentes proporcionados recoméndase a asistencia a todas as clases, tanto ás sesións expositivas, nas que se explican os contidos principais da materia, como ás clases interactivas, nas que se traballa na aplicación dos contidos teóricos, e tamén ás clases de grupos reducidos nas que, mediante obradoiros, se practicará cuestións relevantes da materia.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.