Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua Galega 1 Código 613G03002
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época.
Alén diso, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo e mais integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Apreciar a diversidade. B8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Dominar a comunicación oral e escrita en lingua galega nun nivel avanzado. A4
B4

Contidos
Temas Subtemas
1. Caracterización da lingua galega 1.1. Posición do sistema lingüístico galego-portugués no conxunto dos idiomas románicos
2. Aproximación sociolingüística 2.1. Diversidade lingüística e plurilingüismo. A perspectiva ecolingüística
2.2. Conflito lingüístico e diglosia
2.3. O galego como lingua minorizada
2.4. Actitudes e preconceptos a respecto das linguas e do galego
3. Principais particularidades da lingua escrita 3.1. Cuestións ortográficas e ortotipográficas
3.2. Cuestións fonético-fonolóxicas
3.3. Cuestións morfosintácticas
3.4. Cuestións léxico-semánticas
4. Principais particularidades da lingua oral con repercusións na lingua escrita 4.1. Dialectalismos
4.2. Vulgarismos
4.3. Españolismos
4.4. Pseudogaleguismos
4.5. Enxebrismos
4.6. Outros desvíos lingüísticos
5. Métodos de análise e técnicas de elaboración de textos orais e escritos 5.1. Estruturas textuais
5.2. Tipoloxías e xéneros textuais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A11 B4 B5 B7 B9 B10 C4 18 18 36
Lecturas A2 A4 A11 A15 B1 B3 B7 0 8 8
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B7 B8 21 21 42
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 0 40 40
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 2 4 6
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A4 A9 A11 A15 B3 B5 B6 B7 0 2 2
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 2 10 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Lecturas O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Obradoiro Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicio estrutural, estudo de casos e solución de problemas, análise e corrección de documentos orais e escritos, redacción, debate, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Traballos tutelados Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará un traballo tutelado en grupo que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo / pola docente.
Eventos científicos e/ou divulgativos Valorarase a participación nestes eventos por medio de fichas, que se entregarán ao profesorado na data fixada.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta (teórico-práctica) de carácter escrito en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Presentación oral
Obradoiro
Descrición
O profesorado intentará darlle ao alumnado unha atención personalizada, polo que estará dispoñíbel no horario de atendemento e a través do correo electrónico a fin de resolver dúbidas e de pautar o seguimento daquelas metodoloxías que o requiriren.
Alén disto, ao longo do curso estabelecerase un calendario de titorías obrigatorias para o alumnado coa materia pendente ou con dispensa académica co obxectivo de organizarmos o traballo dunha maneira máis efectiva.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 Na proba mixta (teórico-práctica), de carácter escrito, testaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa na escrita). 50
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 No traballo tutelado grupal avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A4 A9 A11 A15 B3 B5 B6 B7 Nas fichas que darán conta da asistencia a este tipo de eventos avaliaranse fundamentalmente o espírito crítico, a capacidade de síntese e a corrección lingüística. 5
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na presentación oral avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a
materia, é preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e o TRABALLO TUTELADO (cun mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada parte).

1.2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.3. O traballo tutelado e a recensión vinculada ao evento científico e/ou divulgativo entregaranse na aula, en papel, nos días fixados polo
profesorado.

1.4. Aplicarase unha
penalización do 25 % sobre a cualificación final de actividades se estas foren
entregadas fóra de prazo sen causa xustificada.

1.5. Os / As alumnos/as que
non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na
2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

1.6. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

 

2. CUALIFICACIÓN FINAL na
2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As estudantes que
suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do mesmo tipo que a
da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de
exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50 %
da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os / As estudantes que
suspenderen o TRABALLO TUTELADO deberán realizar outras actividades
substitutivas que se lles encomendaren e que constituirán o 30% da
cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará públicas, alén das cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións correspondentes
(actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así, igual que na
1.ª oportunidade, o / a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos
sobre 10) todas as actividades que foren solicitadas.

2.3. Os / As estudantes que
non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5 puntos sobre 10),
que supón o 15 % da cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª
oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª
oportunidade.

 

3. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO/A

3.1. En cada oportunidade
de avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO/A (NP) se
non se presentar á proba escrita e, alén disto, se o número de actividades
avaliábeis realizadas for inferior ao 50 %.

 

4. ALUMNADO A TEMPO
PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en
contacto co profesorado da materia no inicio do curso e asistir ás titorías obrigatorias para planificar, en cada
situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais
equivalentes).


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba mixta (50 %), presentación oral (15 %) e traballo tutelado (35 %).


Fontes de información
Bibliografía básica Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 1. Comprensión oral. Vigo: Xerais
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Méndez Álvarez, María Xesús (2007). Ortografía da lingua galega: descrición, regras e ditados. Vigo: Xerais
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 2. Expresión oral. Vigo: Xerais
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 3. Comprensión escrita. Vigo: Xerais
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 4. Expresión escrita. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998-2002). Gramática da lingua galega. Vigo: A Nosa Terra
Álvarez Blanco, Rosario / Xove, Xosé (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Xerais
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
García Ares, Maricarme / Alonso Alonso, Alexandre (2010). Manual básico de documentación administrativa e xurídica. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Hermida, Avelino (2006). Manual de conxugación verbal da lingua galega. Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio
Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (2012). O modelo lexical galego. Santiago de Compostela: Através Editora
González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña

Dicionarios e bancos de datos

Banco de Termos Galegos Recomendados (TERGAL): http://www.cirp.gal/pls/bal2/f?p=TERGAL:1:901460531776991748

bUSCatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): http://corpus.cirp.es/corga/

Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI): http://sli.uvigo.es/CLUVI/

Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/dicionario

Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/

Dicionario de Sinónimos do Galego: http://sli.uvigo.es/sinonimos/

Dicionario Digalego: https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php

Dicionário Electrónico Estraviz: http://www.estraviz.org/

Neoteca (Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/NEO/

Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal/

Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG): http://ilg.usc.es/TILG/

Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués: http://ilg.usc.es/Tesouro/gl

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA): http://academia.gal/recursos-volg#http://academia.gal/Volga/?


Lingua de calidade

Criterios para o uso da lingua: http://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

Sobre a calidade da nosa lingua: http://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf


Linguaxe administrativa

Manual de documentos administrativos do SNL da UDC: http://www.udc.es/snl/publicacions/documentacion_administrativa/

Manuais de linguaxe xurídico-administrativa da Xunta de Galicia:

http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0119/novos-manuais-linguaxe-xuridica-administrativa


Tradutores e correctores

Golfiño: https://wiki.mancomun.gal/index.php/Golfi%c3%b1o._Corrector_gramatical_para_OpenOffice.org

Opentrad: http://www.opentrad.com/gl/inicio

Ortogal: http://sli.uvigo.es/corrector/

Traducíndote: http://www.traducindote.com/

Bibliografía complementaria

Proporcionarase bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías