Identifying Data 2023/24
Subject (*) Lingua Galega 1 Code 613G03002
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourenzo Modia, Cilla
E-mail
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Lecturers
Lourenzo Modia, Cilla
E-mail
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
General description Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época.
Alén diso, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo e mais integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Dominar a comunicación oral e escrita en lingua galega nun nivel avanzado. A4
B4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1

Contents
Topic Sub-topic
1. Caracterización da lingua galega 1.1. Orixe, extensión e status da lingua galega
1.2. Posición do sistema lingüístico galego-portugués no conxunto dos idiomas románicos
2. Aproximación sociolingüística 2.1. Diversidade lingüística e plurilingüismo. A perspectiva ecolingüística
2.2. Conflito lingüístico e diglosia
2.3. O galego como lingua minorizada
2.4. Actitudes e preconceptos a respecto das linguas e do galego

3. Principais particularidades da lingua escrita 3.1. Cuestións ortográficas e ortotipográficas
3.2. Cuestións fonético-fonolóxicas
3.3. Cuestións morfosintácticas
3.4. Cuestións léxico-semánticas
4. Principais particularidades da lingua oral con repercusións na lingua escrita: desvíos e interferencias 4.1. Dialectalismos
4.2. Vulgarismos
4.3. Españolismos
4.4. Pseudogaleguismos
4.5. Enxebrismos
4.6. Outros desvíos e interferencias lingüísticos
5. Métodos de análise e técnicas de elaboración de textos orais e escritos 5.1. Estruturas textuais
5.2. Tipoloxías e xéneros textuais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A11 B4 B5 B7 B9 B10 C4 26 10 36
Workbook A2 A4 A11 A15 B1 B3 B7 0 10 10
Workshop A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B7 B8 30 16 46
Supervised projects A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 0 30 30
Oral presentation A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 4 2 6
Mixed objective/subjective test A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 0 18 18
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Workbook O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Workshop Nas sesións de grupo intermedio, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicio estrutural, estudo de casos e solución de problemas, análise e corrección de documentos orais e escritos, redacción, debate, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Supervised projects Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará un traballo tutelado en grupo que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Oral presentation Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver unha proba oral a partir das instrucións facilitadas previamente polo / pola docente.
Mixed objective/subjective test Realizarase unha proba mixta (teórico-práctica) de carácter escrito en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Workshop
Mixed objective/subjective test
Oral presentation
Description
O profesorado intentará darlle ao alumnado unha atención personalizada, polo que estará dispoñíbel no horario de atendemento e a través do correo electrónico a fin de resolver dúbidas e de pautar o seguimento daquelas metodoloxías que o requiriren.
Alén disto, ao longo do curso estabelecerase un calendario de titorías obrigatorias para o alumnado coa materia pendente ou con dispensa académica co obxectivo de organizarmos o traballo dunha maneira máis efectiva.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 No traballo tutelado, de carácter grupal, avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
35
Mixed objective/subjective test A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 Na proba mixta (teórico-práctica), de carácter escrito, testaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa na escrita). 50
Oral presentation A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na presentación oral avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
 
Assessment comments

OBSERVACIÓNS
XERAIS

1.1. Para superar a materia, o
alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre
10. Igualmente, na proba mixta terá que obter 5 puntos sobre 10 para poder
sumar os restantes elementos avaliábeis.

1.2. Tanto
as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado no campus virtual).

1.3. O TRABALLO
TUTELADO entregarase na aula, en papel, nos días fixados polo profesorado. Aplicarase
unha penalización do 25 % sobre a cualificación final desta actividade se for
entregada fóra de prazo sen causa xustificada.

1.4. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán
recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte.

1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin,
ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente
presentados nesta ou noutras universidades polo/a estudante).

1.6. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.

1.7. A
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas
ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa cal se deberá contactar nos prazos estabelecidos
por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da orientadora ADI da
facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

1.8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención na aula de alumnos de e de alumnas
etc.).

Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para os modificar e fomentar valores de
respecto e de igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para as corrixir.

2. CUALIFICACIÓN
FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As
estudantes que suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do
mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar estabelecidos no
calendario oficial de exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba
suporá igualmente o 50 % da cualificación final e será preciso obter 5 puntos
sobre 10 nela para aprobar a materia.

2.2. Os / As
estudantes que non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5
puntos sobre 10), que supón o 15 % da cualificación final, terán que defendela
de novo na 2.ª oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta
escrita da 2.ª oportunidade.

 

3.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

3.1. En cada
oportunidade de avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON
PRESENTADO/A (NP) se non realizar a proba mixta escrita e, alén disto, se o
número de actividades avaliábeis entregadas for inferior ao 50 %.

 

4. ALUMNADO
A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá
pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso e asistir ás
titorías obrigatorias para planificar, en cada situación concreta, os axustes
necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán
substituídas por outras non presenciais equivalentes).

 

5.
CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado
que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira:
proba mixta (50 %), presentación oral (15 %) e traballo tutelado (35 %).


Sources of information
Basic Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 1. Comprensión oral. Vigo: Xerais
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Méndez Álvarez, María Xesús (2007). Ortografía da lingua galega: descrición, regras e ditados. Vigo: Xerais
Ramallo, Fernando (coord.) (2021). A lingua en 2050. Vigo: Catro Ventos Editora
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 2. Expresión oral. Vigo: Xerais
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 3. Comprensión escrita. Vigo: Xerais
Muñoz Saá, Begoña / Sarmiento Macías, María Xesús / Alonso Pintos, Serafín (2004). Claro e seguido 4. Expresión escrita. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Regueira, Xosé Luís (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Álvarez Blanco, Rosario / Xove, Xosé (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Xerais
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998-2002). Gramática da lingua galega. Vigo: A Nosa Terra
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
García Ares, Maricarme / Alonso Alonso, Alexandre (2010). Manual básico de documentación administrativa e xurídica. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Hermida, Avelino (2006). Manual de conxugación verbal da lingua galega. Vigo: Galaxia / Edicións do Cumio
Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Callón, Carlos (2022). O libro negro da lingua galega. Vigo: Xerais
Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (2012). O modelo lexical galego. Santiago de Compostela: Através Editora
González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña

Dicionarios e bancos de datos

Banco de Termos Galegos Recomendados (TERGAL): http://www.cirp.gal/pls/bal2/f?p=TERGAL:1:901460531776991748

bUSCatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): http://corpus.cirp.es/corga/

Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI): http://sli.uvigo.es/CLUVI/

Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/dicionario

Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega: http://ilg.usc.es/pronuncia/

Dicionario de Sinónimos do Galego: http://sli.uvigo.es/sinonimos/

Dicionario Digalego: https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php

Dicionário Electrónico Estraviz: http://www.estraviz.org/

Neoteca (Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/NEO/

Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal/

Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG): http://ilg.usc.es/TILG/

Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués: http://ilg.usc.es/Tesouro/gl

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA): http://academia.gal/recursos-volg#http://academia.gal/Volga/?


Lingua de calidade

Criterios para o uso da lingua: http://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

Sobre a calidade da nosa lingua: http://www.udc.es/export/sites/udc/snl/_galeria_down/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf


Linguaxe administrativa

Manual de documentos administrativos do SNL da UDC: http://www.udc.es/snl/publicacions/documentacion_administrativa/

Manuais de linguaxe xurídico-administrativa da Xunta de Galicia:

http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0119/novos-manuais-linguaxe-xuridica-administrativa


Tradutores e correctores

Golfiño: https://wiki.mancomun.gal/index.php/Golfi%c3%b1o._Corrector_gramatical_para_OpenOffice.org

Opentrad: http://www.opentrad.com/gl/inicio

Ortogal: http://sli.uvigo.es/corrector/

Traducíndote: http://www.traducindote.com/

Complementary

Proporcionarase bibliografía complementaria e específica por temas.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.