Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua Inglesa 1 Código 613G03003
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Lyons , Aoileann Judith
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
aoileann.lyons@udc.es
Web
Descrición xeral Descrición e uso da lingua inglesa nun nivel intermedio alto (B2.1)

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seguir unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontaneamente e ser capaces de expresar sorpresa, felicidade, tristeza, interese, indiferenza etc. A6
B4
Entender as ideas principais dun discurso oral ou escrito sobre asuntos cotiáns, de actualidade, ou sobre temas persoais, e separalas dos detalles específicos. A15
Comprender a descrición de acontecementos, de sentimentos e de desexos en cartas persoais e en textos relacionados cos campos semánticos do programa. B3
Localizar información relevante en textos longos ou obter información de distintas partes do texto ou de varios textos para resolver un problema específico, así como identificar as conclusións en textos de argumentación claros e recoñecer a liña desa argumentación. B1
Expoñer e cohesionar de forma máis ou menos elaborada experiencias, desexos, opinións, proxectos, reaccións etc. A9
B5
B6
Comentar as opinións doutras persoas, comparando e contrastando alternativas, avaliando que facer, a onde ir, ou que elixir. A6
A9
A15
B4
C2
Presentar un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A9
A15
B1
B3
B5
B6
C2
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas que son coñecidos ou de interese persoal e describir experiencias e impresións así como formular peticións ou solicitudes concretas de xeito sinxelo. A6
A9
A15
B3
B4
B6
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Gramática 1.1. Formación de preguntas
1.2. Determinantes, cuantificadores e nomes
1.3. Adxectivos e adverbios
1.4. Tempos verbais
1.5. A voz pasiva
1.6. Verbos con partícula e frases idiomáticas
2. Vocabulario 2.1. Educación e aprendizaxe
2.2. Personalidade, apariencia e carácte
2.3. Viaxe e movimento
2.4. Actividades deportivas e de ocio
2.5. Comida e bebida

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 B4 2 0 2
Sesión maxistral A6 A15 B1 B3 C2 10 15 25
Seminario A6 A15 B1 B3 C2 13 15 28
Discusión dirixida B4 B5 7 3 10
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 0 6 6
Lecturas A6 B1 B3 B6 C2 0 10 10
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 C2 0 15 15
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 2 18 20
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 3 15 18
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B6 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Discusión dirixida Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba.
Lecturas Todo o material que o estudantado terá que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de comprensión lectora así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos encarecidamente.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado así como a aprendizaxe colaborativa e as relacións entre a universidade e o entorno sociocultural no que se asenta.
Portafolios do alumno O portafolio consistirá na recompilación das diferentes tarefas de redacción encomendadas polo profesorado durante o cuadrimestre.
Proba mixta Proba práctica con exercicios variados de uso da lingua, algúns de resposta breve outros de elección múltiple, outros de ordenación ou de maior elaboración. Ás veces pedirase xustificación das respostas.
Aprendizaxe colaborativa Traballo presencial e non presencial a través de TICs en pequenos grupos co fin de compartir información e habilidades e optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización do traballo tutelado é importante que o estudantado informe ao profesorado dos avances que vai facendo ao longo do cuatrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 A15 B1 B3 C2 Nesta materia chámanse seminarios ás aulas de docencia interactiva nas que se traballa en grupos reducidos. A asistencia e participación activa nestas aulas suporá un 5% da nota final. 5
Proba mixta A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 No exame oficial de xaneiro todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario; comprensión lectora; comprensión auditiva.
50
Proba oral A6 A9 A15 B4 B5 C2 O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final. 15
Traballos tutelados A6 B3 B5 B6 C2 C2 O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Portafolios do alumno A6 A9 A15 B3 B6 No portafolios avaliaremos as tarefas de produción escrita realizadas ao longo do curso.
20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. 

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. 

Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación de 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.     

Os alumnos/as que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.

OPORTUNIDADE de XULLO: A distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefa(s) de redacción (20%), traballo tutelado (10%), entrevista oral individual co profesorado (20%). 

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade:

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.


Fontes de información
Bibliografía básica Carter, R. et al. (2011). English Grammar Today. Cambridge: C.U.P
McCarthy, M. & F. O’Dell (2002). English Vocabulary in Use. Cambridge: C.U.P
Vince, M. (2009). First Certificate Language Practice. English Grammar and Vocabulary.. MacMillan Publishers.
Thomas, B, Hashemi, L. & L. Matthews (2015). Grammar and Vocabulary for First (with answers). Cambridge: C.U.P.
Swan, M. (1996). Practical English Usage. . Oxford: O.U.P.
Simon, P. (2016). The Grammaring Guide to English Grammar. My E-Book Publishing House
Outros libros de interés:

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin.

· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin.

· Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann.

· Brook-Hart, G. 2008. Complete First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P.

· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P.

· Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P

· Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.

· Littlejohn, A. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Writing 3. Cambridge: C.U.P.

· Murphy, R. 1990. English Grammar in Use. Intermediate. 1985. Cambridge: C.U.P.

· Prodromou, L. 1999. Grammar and Vocabulary for First Certificate. Harlow: Longman.

· Redston, C. & G. Cunningham. 2007. Face2Face Upper-intermediate. Cambridge: Cambridge University Press.

· Swan, M. & C. Walter. 1997. How English Works. Oxford: O.U.P.

· Thomson, A.J. & A.V. Martinet. 1993. A Practical English Grammar. Oxford: O.U.P. (4th edition; this grammar is supplemented with two exercise books with answer key).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías