Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingüística Xeral Código 613G03004
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas e metodolóxicas para o estudo e investigación da linguaxe e as linguas, e as súas aplicacións.
Esta materia proporciona os coñecementos e destrezas básicos para o seguimento de calquera outra materia de corte lingüístico, e é a única de todo o plan de estudos que ofrece un panorama global das diferentes formas de estudar e entender a linguaxe, e das distintas aplicacións deses coñecementos. Polo tanto, fornece ao estudante con habilidades básicas para o desenvolvemento de actividades profesionais relacionadas coa linguaxe e, en xeral, coa comunicación.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ... A3
A11
A14
A15
B1
B3
B5
B7
C6
C7
C8
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica. A1
A2
A3
B3
B7
C6
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas. A3
B1
B3
B5
B7
C6
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe. A1
A3
A11
A15
B5
C3
C6
C8
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis. A1
A15
B2
B6
B7
C3
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ... A1
A3
A11
B2
B3
B5
B7
B9
C3
C6
C8
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos. A1
A3
B2
B5
B7
B9
C3
C6
C8
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo. A4
A5
A6
A9
A10
A11
B1
B2
B4
B9
B10
C1
C2
C6
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
A11
B2
B7
B10
C1
C2
C4
C7
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise. A1
A2
A10
A11
A15
B4
C1
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico. A10
A14
A15
B3
B4
B6
B7
C3
C6
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos. A1
A11
B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C7
C8
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada. B1
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas. A15
B9
B10
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. 1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe.
2. A comunicación. 2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis.
3. Linguaxe, mente e cerebro. 3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas.
4. Os sons das linguas. 4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos.
5. Da palabra ao discurso. 5.1. A forma das palabras. A morfoloxía.
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe.
6. O significado. 6.1. O significado lingüístico. A semántica.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática.
7. Unidade e diversidade das linguas. 7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística.
8. Aplicacións da lingüística. 8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A3 A9 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C7 C8 0 27 27
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 13 0 13
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 2 20 22
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 12 3 15
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 37 5 42
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Proba mixta A metade a ao final do curso os alumnos deberán realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 45% da cualificación final.
Seminario Constituirá un método habitual de traballo, principalmente nas aulas de grupo mediano e reducido: o profesor plantexará algún tema (ben por iniciativa del, ben pola dos alumnos) sobre o que se traballará, debatirá e elaborarán conclusións, utilizando materiais aportados polo profesor ou buscados polos estudantes e, sobre todo, utilizando a reflexión individualizada e grupal e a posta en común.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será unha constante nas sesións de grupo reducido e tamén nas titorías individuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 Proba escrita que o/a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre, nas datas oficiais marcadas polo centro. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Comprende toda a actividade desenvolvida polo estudante na aula e fóra dela. Teranse en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. 10
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso. 40
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro 2020) responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 50% obterase pola
PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha soa proba mixta escrita (exame) no
mes de xaneiro, na data oficial  de exame da materia. Para aprobar a
materia, é imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4.00 nesta
proba.

1.2. Un 40%
obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao
longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato
electrónico e en formato impreso. As actividades deben entregarse nas
datas fixadas.

1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial,
recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA
ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais
ou grupais) avaliables. Ao iniciarse o curso, todos os alumnos
repetidores ou con dispensa académica oficial deben comunicar ao
profesorado en que grupo interactivo se encadran. Ademais, os
repetidores deben comunicar se asistirán ás aulas xa que, de non facelo,
aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula
(50%+40%+10%).

1.5. Superará a materia quen obteña unha
cualificación media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00
puntos na proba mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades
avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2020):

2.1. Consérvanse as cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade.

2.2.
Quen deba realizar o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial
(ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial).

2.3.
Realizaranse a/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás
realizadas en xaneiro, inda que co mesmo formato). Estarán dispoñibles
en Moodle ao rematar o período de exames do segundo cuadrimestre.

2.4.
Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha
puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e
participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2.ª
oportunidade de xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou
tarefas avaliables, 50%.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2019):

3.1.
Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos
créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación
pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas
que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais
e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.


NOTA. Uso de ferramentas antiplaxio.

O profesor/a poderá
utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para
detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o
curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá
consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación
algunha polo traballo afectado e mesmo a cualificación global de suspenso na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso, que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus coñecementos.


Manuais e obras introdutorias

Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.

Escandell Vidal, M. Victoria (coord.) e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED. (***)

Fasold, Ralph W. & Jeff Connor-Linton (eds.) (2006). An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Fromkin, Victoria (ed.) (2000). Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford: Blackwell. (**)

Genetti, Carol (ed.) (2019, 2nd edition). How Languages Work. An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

López García, Ángel, et alii (1994). Lingüística general y aplicada. València: Universitat de València. (**)

Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro. (**)

Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje. Barcelona: Octaedro. (*)

Moreno Cabrera, Juan Carlos (20002). Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general; Tomo II: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología. Madrid: Síntesis.

O’Grady, William, Michael Dobrovolsky & Francis Katamba (1997). Contemporary Linguistics. An Introduction. London & New York: Longman. (**)

Ramallo, Fernando et alii (eds.) (2000). Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións Xerais. (*)

Simone, Raffaele (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel. (**)

Tusón Valls, Jesús (2007). Introducción al lenguaje (= Humanidades; 11). Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. [Orix. en catalán: 2003.] (*)

Yule, George (20073). El lenguaje. Madrid: Akal. [Orix. inglés: 20063.] Hai unha cuarta edición en inglés: The Study of Language. Cambridge: Cambridge University Press, 20104. (***)


Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***)

Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*)

Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***)

Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***)

Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Moreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia.

Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*)


Bibliografía complementaria

Outros manuais e obras introdutorias

Alonso-Cortés, Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra.

Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel.

Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.

Bernárdez, Enrique (2016). Viaje lingüístico por el mundo: iniciación a la tipología de las lenguas. Madrid: Alianza Editorial.

Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.]

Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina.

Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell.

Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press.

López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València.

Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson.

McCabe, Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies. London: Equinox Publishing.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2017). Claves históricas de la lingüística actual: 20 siglos de reflexiones sobre el lenguaje a través de 20 referencias fundamentales (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2018). Origen y evolución de la gramática (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis.

Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009, traducida ao español en 2016.]

Trask, R. L. & Bill Mayblin (2010). Lingüística: una guía gráfica (= Para todos; 14). Buenos Aires & Barcelona: Paidós. [Orix. ingl.: Introducing Linguistics. Royston, UK: Icon Books Ltd, 2005.]


Outras obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge.

Breton, Roland. (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile (= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement.

Bright, William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press.

Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel.

Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World (= Facts on File Library of Language and Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.]

Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.

Garry, Jane & Carl Rubino (eds.) (2001). Facts About the World's Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and Present. New York & Dublin: New England Publishing.

Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.

Lázaro Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos.

Price, Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa. Madrid: Gredos [orix. inglés: 1998.]

Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.]

Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.]

Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf.

Xavier, M. F. & M. H. Mateus (eds.) (1992). Dicionário de termos lingüísticos. Lisboa: Cosmos.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debe prestar especial atención ao seguinte:

1. Realice puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; estas deben entregarse no día fixado.

2. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos.

3. Nas exposicións escritas, deben coidarse a corrección ortográfica, o estilo e a adecuación expositiva. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías