Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Inglesa 1 Código 613G03010
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece unha visión panorámica e contextualizada da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. Estúdanse obras literarias de diversos xéneros e estilos en lingua inglesa e analízanse diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. A7
A17
B3
B7
B8
C2
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. A6
A7
B6
C2
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria. A1
A2
A3
A6
A7
A15
B1
B7
C2
C4
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. A1
A6
A9
A10
A11
A15
B2
B4
B5
B6
B7
B10
C2
C4
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. A2
A6
B4
B6
B7
B8
B10
C2
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. A1
A6
A7
A9
A15
B10

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución

1.1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?
1.2. O "canon" da literatura inglesa
1.3. Periodización
2. O período anglosaxón ou de inglés antigo na literatura inglesa (450-1066) 2.1. Introdución á historia da literatura inglesa anterior ao século XI
2.2. Poesía épica e elexíaca
Lecturas: Fragmentos de "The Battle of Maldon," "The Wife's Lamment," Beowulf e “The Dream of the Rood”
3. Literatura inglesa medieval ou período do inglés medio (1066-1500) 3.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
3.2. Teatro relixioso inglés
a) Orixes do teatro inglés
b) Misterios, milagres e moralidades medievais
Lectura: Fragmentos de Everyman
3.3. Geoffrey Chaucer e os seus contemporáneos
a) Gower e o poeta Gawain
b) Chaucer e a súa obra
Lectura: Fragmentos do “Prólogo General" de The Canterbury Tales, de Geoffrey Chaucer
3.4. Lírica inglesa dos séculos XIV e XV
a) Poesía lírica medieval
b) Amor cortés
c) Romances medievais
Lecturas: “In praise of women,” “Syng We, Syng We,” “Gentilesse,” fragmentos de “Merciless Beauty”
4. A literatura inglesa renacentista (1500-1660)
4.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
4.2. Poesía do século XVI: o soneto inglés
a) Wyatt e Surrey
b) Sidney, Spenser e Shakespeare
Lecturas: selección de sonetos
4.3. Teatro renacentista inglés
a) Edificacións, convencións e tipo de obras
b) Teatro isabelino e xacobeo: Marlowe e Shakespeare
Lectura: Hamlet
4.4. Poesía metafísica de principios do XVII
a) Poetas metafísicos e "cavalier"
b) John Donne e Andrew Marvell
Lecturas: selección de poemas
5. A Restauración (1660-1700): prosa de finais do XVII 5.1. Prosa relixiosa
5.2. Autobiografía e diarios
5.3. Libros de viaxe
Lecturas: Fragmentos do Diary de Samuel Pepys

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 14 0 14
Lecturas B3 0 45 45
Sesión maxistral A17 21 10 31
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 0 30 30
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 2 10 12
Seminario A7 A9 A10 A11 A15 B2 B4 B5 B7 B8 B10 C2 7 7 14
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar na clase en grupo grande nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titoría en grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva).
Lecturas Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de lecturas darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Nas horas asignadas a docencia expositiva (grupo grande), o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa e o seu contexto dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos enmarcan e entroncan co traballo desenvolvido despois nas clases de docencia interactiva (grupo mediano) e titoría en grupo reducido (grupo pequeno).
Traballos tutelados O alumnado realizará traballos escritos (ex., análises de texto) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc.
Proba mixta No exame final o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados e as destrezas prácticas traballadas nas aulas. O exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análise, etc).
Seminario Nas sesións de T.G.R. traballarase principalmente a redacción ben estruturada das interpretacións das lecturas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.

Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Consistirán en dúas redaccións argumentativas escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir ensaios ben organizados, coherentes e cohesionados, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. 30
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). 50
 
Observacións avaliación
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final: 
1) un exame escrito con un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 50% da nota;
2) unha sección adicional de preguntas (sobre as lecturas analizadas) que substituirá a sección "Discusión dirixida” da primeira oportunidade, e que computará o 20% da nota;
3) e unha redacción argumentativa sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre, que substituirá a sección "Traballos tutelados" da primeira oportunidade e que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
• Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación.

• O alumnado terá a
posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de
curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do
cuadrimestre. 

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas obrigatorias:

Ao comezo de curso porase ao dispor do alumnado (en Reprografía, en Moodle, ou na clase) unha copia das lecturas obrigatorias anteriormente referidas na sección de "Contidos", coa excepción da obra Hamlet de Shakespeare, a única obra completa nesta lista. 

En Moodle haberá un enlace a unha versión online de Hamlet, pero anímase ao alumnado a conseguir unha edición impresa ou electrónica para o seu uso individual. Deberá ser unha versión orixinal e completa de calquera editorial académica (ex., Oxford University Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras).

Pode usarse unha edición bilingüe para favorecer a comprensión das lecturas, mais as referencias ás obras en discusións orais ou escritas deberán ser á versión inglesa.

Bibliografía complementaria

Recursos impresos:

Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000.

Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.

Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984.

Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.

Burrow, J. A.  Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004.

Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge, 1998.

Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992.

Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988.

Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991.

MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008.

Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983.

Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

Recursos na rede:

- English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval

- Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm

- Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html

- The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/

- The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua Inglesa 2/613G01008

Materias que continúan o temario
Literatura Inglesa 2/613G01017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías