Identifying Data 2023/24
Subject (*) Literatura Española Code 613G03011
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
Second Obligatory 9
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Pena Sueiro, Nieves
E-mail
nieves.pena.sueiro@udc.es
Lecturers
Pena Sueiro, Nieves
E-mail
nieves.pena.sueiro@udc.es
Web
General description Introdución á Historia da Literatura Española a través dos seus principais autores e obras.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir capacidades e sentido crítico para o estudo e a análise literaria de textos españois. A1
A2
B1
B2
B3
C1
C2
C3
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. A1
A2
B1
B2
B3
C1
C2
C3

Contents
Topic Sub-topic
1. Idade Media 1.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura medievais.
1.2. Análise e comentarios de lírica tradicional.
1.3. Análise e comentarios de las Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.
1.4. Análise e comentarios de La Celestina.
2. Século XVI 2.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Renacemento.
2.2. Análise e comentarios de Garcilaso de la Vega
2.3. Análise e comentarios de Lazarillo de Tormes.
3. Século XVII

3.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Barroco
3.2. Análise e comentarios de El Quijote.
3.3. Análise e comentarios de lírica do XVII.
3.4. A comedia áurea en El caballero de Olmedo, de Lope de Vega.
4. Da Ilustración ao Realismo-Naturalismo
4.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura nos séculos XVIII e XIX.
4.2. Movementos, autores e xéneros.
4.3. Análise e comentario de El sí de las niñas, de Moratín.
4.4. Análise e comentario de Espronceda, Bécquer e Rosalía de Castro.
4.5. Analise e comentario de obras do Realismo. Contos de Pardo Bazán.
5. Do Modernismo ás vangardas e o 27 5. 1. Introdución: sociedade, cultura e literatura.
5. 2. Movementos, autores e xéneros.
5.3. Análise e comentario de prosa e lírica modernista (selección).
5.4. Análise e comentario de poesía das vanguardas e 27 (selección).
5.5. Analise e comentario de teatro. Luces de Bohemia, de Valle-Inclán.
6. Poesía e novela desde 1939


6.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura.
6.2. Novela: Nada, de Carmen Laforet.
6.3. Selección de poesía actual.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 45 3 48
Directed discussion A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 45 3 48
Workbook A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 0 80 80
Objective test A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 4 40 44
 
Personalized attention 5 0 5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Impartiranse nas sesións comúns e terán carácter teórico e expositivo. No formato de grupo reducido tense como obxectivo favorecer a participación activa do alumnado, que computa igualmente para a cualificación final.
Directed discussion Nas aulas en grupo reducido desenvolveranse comentarios guiados sobre textos das lecturas. Á final de cuadrimestre avaliaranse, mediante proba escrita e controis, a destreza adquirida nestes comentarios e as lecturas realizadas.
Workbook En todas as aulas traballarase sobre textos de lectura obrigatoria, indicados na presente guía docente ou en Moodle. Cómpre facer as lecturas antes da explicación do tema, para o seu correcto aproveitamento.
Objective test Unha proba escrita (exame) na data oficial asignada no mes de xuño, con nova convocatoria de segunda oportunidade en xullo. Nestas probas, o alumnado deberá amosar o seu dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Directed discussion
Objective test
Description
A atención personalizada de carácter presencial darase durante o horario oficial de titorías ou, no seu caso, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 Realizarase un exercicio combinado de comentario de texto literario e de control de lectura. Trátase de dúas probas (25% + 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio). 50
Objective test A1 A2 B1 B2 B3 C1 C2 C3 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
 
Assessment comments

As anteriores porcentaxes son orientativas.
Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de primeira e de segunda
oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a materia, deberase obter nelas un
mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7
polas actividades.

2. Con independencia do anterior, haberá un
exame opcional en xaneiro que permitirá liberar contidos da primeira parte da materia.
Volver a presentarse a esta parte nas convocatorias de maio e de xullo
significa que a segunda cualificación, sexa esta cal sexa, prevalece sobre a
primeira.

3. O 50 % restante obterase mediante a
realización de dúas actividades durante o curso. Trátase de dúas probas (25% +
25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio), que
consistirán nun exercicio combinado de comentario de texto e de control de
lectura.

4. Non
computa para a nota a asistencia ás aulas, porén, dado o carácter interactivo e o peso dos comentarios no curso, parece indispensable a asistencia.

5. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

6. Toda avaliación positiva de calquera das
partes será gardada para a cualificación da seguinte oportunidade, dentro do
mesmo curso. No caso das actividades, contará a media entre as de decembro e
maio, e a única recuperación delas será en xullo.

7. A convocatoria adiantada de decembro
consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha
proba específica sobre comentario e lecturas (50% da cualificación). Esta
última pode ser oral.

8. O alumnado con dispensa académica
recoñecida deberá
comunicar a súa situación por escrito a nieves.pena.sueiro@udc.es, co asunto:
“Dispensa de asistencia 2023-2024", en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula.

9. O punto anterior é de aplicación tamén ao alumnadocon con problemas xustificados para a asistencia regular ás aulas.

10. As probas escritas e as actividades deberán
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua
regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de
abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves na escrita
será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira, será
indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral
como escrita.

11. Calquera forma de plaxio, como a cita de
traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá
o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de
copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de
detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

12. Forma parte das obrigas do alumnado estar
ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Campus virtual.

13. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán dirixirse aos servizos disponíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico: Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

14. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional:

https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en:
https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/


Sources of information
Basic

Lecturas obrigatorias

.

PRIMEIRA PARTE

Idade Media

1. Selección de textos de lírica tradicional (pdf en Campus virtual).

2. Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique (pdf en Campus virtual).

3. Fernando de Rojas, La Celestina, ed. de F. J. Lobera, G. Serés e outros. Madrid: Real Academia Española, 2011.

––Edición alternativa: P. E. Russell, ed. Madrid: Castalia, 1991.

––Edición alternativa: D. S. Severin, ed. Madrid: Cátedra, 1992.

Século XVI

3. Selección de textos de Garcilaso de la Vega (pdf en Campus virtual).

4. Lazarillo de Tormes, ed. Francisco Rico. Madrid: Real Academia Española, 2011.

--Edición alternativa: F. Rico. Madrid: Cátedra, 2006.

--Edición alternativa: A. Blecua, ed. Madrid: Castalia, 1974.

--Edición alternativa: A. Ruffinato, ed. Madrid: Castalia, 2001.

--Edición en liña: Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2004: http://www.cervantesvirtual.com/nd/ark:/59851/bmc542k8

Século XVII

4. Miguel de Cervantes, capítulos 23 a 27 da Primeira parte de Don Quijote de la Mancha, edición en liña do Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes), dirixida por Francisco Rico: < http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/ > (consultado a 09/07/2019).

––Edición alternativa, en papel. Barcelona: Instituto Cervantes, Galaxia Gutenberg (Círculo de Lectores) e Centro para la Edición de los Clásicos Españoles, 2004 (2 vols.).

5. Selección de textos líricos do XVII (pdf en Campus virtual).

6. Lope de Vega, El caballero de Olmedo, ed. Francisco Rico, 12ª ed. Madrid: Cátedra, 2004.

––Edición alternativa, electrónica, por Ignacio Arellano, Universidad de Navarra (2013), descargable en pdf a través de Campus virtual.

.

SEGUNDA PARTE

Século XVIII

7. Fernández de Moratín, Leandro, El sí de las niñas. Barcelona, Crítica, 1994.

Século XIX

8. Pardo Bazán, Emilia, Cuentos, selección en pdf facilitada en Campus Virtual.

9. Selección de Espronceda, Bécquer y Rosalía de Castro (pdf en Campus Virtual). 

Século XX-XXI

10. Selección de poemas de vangarda e 27, en Campus virtual. 

11. Valle Inclán, Ramón del. Luces de Bohemia, ed. J. M. Paz Gago. Madrid: Pigmalion, 2020.

12. Laforet, Carmen. Nada, ed. de José Teruel. Madrid:Cátedra, 2020.

13. Selección de textos de poesía actual en Campus virtual.

Complementary

Lecturas recomendadas

Manuais

Alberich, J. et al., dir., Historia de la Literatura Española, Madrid: Cátedra, 1990.

Alvar, C., J. C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza Editorial, 1997.

Mainer, J. C. dir., Historia de la literatura española, Barcelona: Crítica, 2010. 9 vols.

Rico, F. dir., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona: Crítica, 1983-.

Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid: Castalia, 2009.

Estudos

Aguilar Piñal, F., Introducción al siglo XVIII, Madrid: Júcar, 1991.

Bataillon, Marcel, Erasmo y España: estudios sobre la historia espiritual del siglo XVI, trad. de Antonio Alatorre, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1995. [2ª ed., 5ª reimp.]

Curtius, Ernst, Literatura europea y Edad Media Latina, México: FCE, varias eds.

García de la Concha, V., ed., El Surrealismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1982.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Guillén, Claudio, El primer Siglo de Oro: estudios sobre géneros y métodos, Barcelona: Crítica,1988.

Lewis, C.S., La imagen del mundo: introducción a la literatura medieval y renacentista, Barcelona: Península, 1997.

Lissorgues, Y., M. Palenque Francisca Soria, “Del Realismo al Fin de Siglo. Sociedad y arte literario”, en V. García de la Concha, dir., y F. Romero Tobar, coord., Historia de la literatura española. Siglo XIX, Madrid: Espasa-Calpe, 1998, pp. 1-90.

Litvak, L., ed., El Modernismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1975.

López Bueno, B., coord., La Renovación Poética del Renacimiento al Barroco, Madrid: Síntesis, 2006.

Mainer, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid: Cátedra, 1983.

Mainer, J. C., De posguerra (1951-1990), Barcelona: Crítica, 1994.

Riley, Edward C., Cervantes’ Theory of the Novel, Oxford: Clarendon Press, 1962, traducido como Teoría de la novela en Cervantes, Madrid: Taurus, 1966.

Romero Tobar, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Ruiz Pérez, P., Manual de literatura española de los siglos de oro, Madrid: Castalia, 2000.

Strosetzki, Christoph, ed., Teatro español del Siglo de Oro: teoría y práctica, Frankfurt am Main: Vervuert, 1998.

Yndurain, Domingo, Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra, 1994.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Spanish Language 1/613G01001
Introduction to Literary Studies /613G01005
Classical Language and Culture /613G01006

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
<p>A asistencia regular ás aulas é indispensable. Calquera circunstancia que a dificulte deberá ser comunicada e consultada co profesorado ao inicio do curso.</p><p>Salvo indicación en contra, non se admitirán traballos por correo electrónico. O único soporte para a entrega será o papel.</p><p>As lecturas obrigatorias faranse nas edicións críticas recomendadas arriba ou, no seu caso, nas consultadas co profesorado.</p><p>A guía docente é o documento público onde se visualiza a proposta académica da UDC e o marco regulamentario oficial destes estudos. Como tal, é o documento de referencia que obriga a docentes e a estudantes.</p>


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.