Identifying Data 2023/24
Subject (*) Literatura Galega Code 613G03012
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
Second Obligatory 9
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lourido Hermida, Isaac
E-mail
isaac.lourido@udc.es
Lecturers
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Lourido Hermida, Isaac
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
t.lopez@udc.es
isaac.lourido@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
General description Estudo da literatura galega a través dos seus textos máis representativos.

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. A1
A2
A15
B7
C1
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) A2
A9
A11
A15
B1
B6
B7
C6
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. A7
A11
A14
B3
B8
C6
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. A11
A14
B1
B3
B7
C6
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. A7
A11
A14
A15
B9
B10
C1
C6
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. A11
B1
B3
C6
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. A11
A14
A15
B3
B5
C6
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. A4
A9
A15
B4
C1

Contents
Topic Sub-topic
1. A literatura galega 1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas.
2. Literatura medieval galego-portuguesa. 2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval.
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. 3.1 O concepto 'Séculos Escuros'. Unha ilustración galega?
4. O século XIX. O Rexurdimento. 4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A prosa e o teatro. Período Intersecular.
5. O século XX. 5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 O Grupo Nós.
5.1.2 As Vangardas.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B5 C6 1 0 1
Document analysis A1 A9 A11 A15 20 20 40
Workbook A4 A7 B3 B6 B7 0 40 40
ICT practicals B1 B3 B4 0 1 1
Guest lecture / keynote speech B8 B9 45 0 45
Seminar A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 C1 20 20 40
Events academic / information A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 0 2 2
Supervised projects A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 1 15 16
Mixed objective/subjective test A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 3 35 38
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis.
Document analysis Lectura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...).
Workbook Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado.
ICT practicals Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía.
Guest lecture / keynote speech Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado.
Seminar Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario.
Events academic / information Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Supervised projects Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado.
Mixed objective/subjective test Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Seminar
Supervised projects
Description
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización das actividades e o acompañamento da materia. Poderán concertarse citas fóra deste horario previa solicitude por correo electrónico.
O estudantado con dispensa académica será obxecto de especial acompañamento individualizado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Events academic / information A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel no Campus Virtual.
10
Mixed objective/subjective test A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
Workbook A4 A7 B3 B6 B7 As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido.
A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións de acordo coas pautas indicadas polo profesorado.
20
Supervised projects A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 O traballo titorizado consistirá na elaboración dun vídeo sobre unha obra de lectura asignada polo profesorado.
As pautas e as instrucións específicas para a súa realización e presentación serán proporcionadas nas aulas e publicadas no Campus Virtual.
20
 
Assessment comments

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas doutras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. No xeral, a realización fraudulenta das probas de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos estabelecidos. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación.

1. Requisitos para superar a materia

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis.Cando a cualificación da proba escrita sexa inferior a 4, farase constar como cualificación final a obtida nesa proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar).

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación. Deberá pórse en contacto co profesor Isaac Lourido (isaac.lourido@udc.gal) antes do día 30 de setembro.

5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a isaac.lourido@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de decembro

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

7. Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas  encamiñadas  ao  apoio  á  diversidade  consonte  ás  indicacións  da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

8. Perspectiva de xénero
De acordo coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, será incorporada a perspectiva de xénero nesta materia. Será usada linguaxe non sexista e, na medida do posíbel, bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.


Sources of information
Basic

Obras de lectura:

Selección de textos medievais.

Selección de textos dos séculos XVI-XVIII.

Rosalía de Castro, Cantares gallegos.

Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa.

Rafael Dieste, A fiestra valdeira.

Luís Seoane, A soldadeira.

Manuel Forcadela (ed.), Poesía de posguerra. 

Xohana Torres, Adiós, María.

Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe.

Unha obra do século XXI asignada polo profesorado entre tres propostas por cada estudante.

Cando for preciso, o profesorado indicará as edicións recomendadas para a lectura.

Complementary

O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través do Campus Virtual. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes:

Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Pena, Xosé Ramón, Historia da literatura galega, Xerais, Vigo, 2013-2019, 4 vols.
Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997.
Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña.
Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
Vilavedra, Dolores (coord.), Dicionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000.
Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999.
VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols. http://literaturagalega.as-pg.gal/

E os recursos en liña:

Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura: http://www.poesiagalega.org/

Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de recursos virtuais: http://www.aelg.org

Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña: http://bvg.udc.es/index.jsp

Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos literarios:http://bernal.cirp.gal/ords/dtl/r/diterli3/inicio 

Galiciana. Biblioteca de Galicia: https://biblioteca.galiciana.gal 

Mediateca do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/mediateca/index.php

Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa: http://cantigas.fcsh.unl.pt

Real Academia Galega, hemeroteca e biblioteca virtual: http://academia.gal

Universo Cantigas: https://universocantigas.gal


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía. Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, o Campus Virtual e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.