Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua Inglesa 3 Código 613G03015
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Fowlie , James Alexander
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
james.fowlie@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía e profundiza os coñecementos da lingua inglesa, cubrindo parte parte das competencias na formación básica na descrición e uso da lingua inglesa, consolidando as competencias de B2 e cubrindo unha parte das competencias de C1, nas catro habilidades básicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os alumnos deben ser capaces de expresarse en inglés escrito co claridade e fluidez, nunha forma coherente e ben organizada, usando conectores de maneira apropiada. Deben usar vocabulario e estruturas que matizan e expresan modalidade: graos de certeza / incerteza, crenza/dúbida, probabilidade / improbabilidade, usando párrafos e puntuación correctamente. A9
B3
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns e xerais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando una linguaxe apropiada. B4
B5
C2
Os alumnos deben poder expoñer con claridade un tema relacionado cos asuntos tratados durante o curso, e outros, explicando claramente e destacando os puntos principais para poder seguille sen dificultade. Deberá contestar ás preguntas que xurdan e usar PowerPoint ou equivalente como apoio. A15
B3
B6
C4
Deberían ter a capacidade de entender as principais ideas da maioría dos textos orais u escritos en inglés, seguir liñas argumentais complexas e identificar as principais conclusións ás que chegou o falante, sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A1
A15
B1
Os alumnos deberían poder seguir os discursos de textos orais de radio e televisión, sempre que se fale un nivel de lingua estándar pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A1
B3
B5
Os alumnos deben expresarse dunha maneira creativa, orixinal e imaxinativa en textos orais e escritos de lingua inglesa. A9
A15
B4
B5
C2
C4
O alumno debe poder manter unha conversa que trata de asuntos cotidiás e xerais co falantes nativos de lingua inglsea sen moita dificultade. Debe dominar unha amplia gama de estilos e rexistros en textos escritos e no seu inglés escrito. A15
B4
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
Os temas elíxense o fin de preparar ao alumno para afrontar un bo número de situacións comunicativas reais. Ver o apartado Fontes de Información para coñecer o libro de texto do que se extraen os seguintes temas.
1. Where we live
Gramática: énfase con investimento, tempos verbais (presente e pasado perfecto, presente e pasado simple e continuo) Funcións prácticas: describir, informar. Audición: Habilidade auditiva acerca da cidade e as súas xentes, a nivel C1. Composición escrita: informes. Vocabulario: O léxico relacionado coa cidade e as súas xentes, a nivel C1.
a. Taxistas de Londres.
b. Casas de ilusión.
c. Plano dunha casa.
2. The art of conversation.
Gramática: cláusulas relativas (explicativas (non-defining) e especificativas (defining)). Funcións prácticas: ofrecer consellos. Audición: Habilidade aural acerca dos temas tratados a nivel C1. Composición escrita: propostas. Vocabulario: O léxico relacionado con presentarse e a conversación, a nivel C1. Funcións prácticas: Pedir información.
a. Como manter unha conversación.
b. Os campeóns do texting.
c. A conversación, a comunicación e Internet.
3. Ages and stages.
Vocabulario: El léxico relacionado con la educación, a nivel C1 (sustantivos contables y no-contables); Gramática: voz pasiva, colocaciones y frases con "wish". Práctica en ingles oral: discusión acerca de la publicidad; Estilo y registro: El lenguaje apropiado para realizar cada tarea; transferencia de registro y estilo.
a. Obsesión cos vampiros.
b. O que poden facer os diarios por ti, e o que non poden facer.
c. Onde e por que a xente vive máis tempo.
4. No gain without pain.
Gramática: "-ing" e infinitivo, dobrar consonants en formas "-ed" e "-ing". Composición escrita: descricións, argumentos. Fonología: Entonación e acentuación ao nivel esixido; dobrar consonantes despois de vogais segundo a súa pronuncia. Práctica oral: debater e discutir acerca da motivación.
a. Xente sobresaínte.
b. Os produtos fallados.
c. Por que o perfeccionismo non é perfecto
5. The feel-good factor.
Gramática: condicionais e hipóteses; conditionals: advanced features; "wish", "would rather / sooner", "it'd". Funcións prácticas: descricións; Vocabulario: O léxico relacionado coa felicidade, a nivel C1.
a. O prezo da felicidade.
b. Películas que che fan sentir ben.
c. A Aplicación da Felicidade.
d. O traballo e a Felicidade.
6. Living with the past.
Gramática: comparacións (by far, far more, far less, etc); adverbios, frases adverbiais e conxuncións. Composición escrita: críticas de series, películas, libros, etc.
b. Árbores familiares.
c. A acumulación de obxectos na casa.
d. A Arqueoloxía.
7. The hard sell.
Gramática: condicionais e hipóteses; conditionals: advanced features. Audición: Habilidade aural acerca de técnicas de venda a nivel C1. Estilo e rexistro: A linguaxe apropiada para realizar cada tarefa; transferencia de rexistro e estilo (narrativas e publicidade).
a. A importancia dos nomes dos produtos.
b. O quinto sabor.
c. A utilización dos perfumes no marketing.
8. Passing through.
Práctica en ínguas oral: Viaxes e voluntariado. Gramática: "modal verbs". Composición escrita: folletos. Exercicios: transformacións. Fonología: Entonación e acentuación ao nivel esixido. Vocabulario: O léxico relacionado coas viaxes, a nivel C1.
a. Viaxar para gañarse a vida.
b. O voluntariado no estranxeiro.
c. Expatriados en Nova Iorque.
d. Á caza dos souvenirs
e. As guías de viaxes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 A1 B4 2 0 2
Sesión maxistral B3 B5 C2 10 15 25
Discusión dirixida C2 C4 8 12 20
Proba oral B4 C2 0 6 6
Seminario B4 B6 C4 13 15 28
Proba obxectiva A9 B1 0 25 25
Presentación oral A9 B4 C2 1 10 11
Portafolios do alumno B6 C2 2 30 32
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, onde as actividades teñen como fin a obtención de información achega do nivel de competencia do alumnado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Modo de clase maxistral, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos dos alumnos da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento dos profesores, onde se pon en práctica as habilidades dos alumnos, e onde poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Unha proba onde se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores.
Seminario Son sesións prácticas onde se desenvolven as catro habilidades básicas en relación co programa, ou outros temas que xurdan.
Proba obxectiva Exame escrito. Isto permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas: composicións, preguntas de resposta múltiple, completar frases, transformacións e outros exercicios. Inclúe unha proba de audición. Basearase case exclusivamente nos materiais utilizados ao longo do curso.
Presentación oral Unha presentación diante dos demais alumnos na clase de tamaño medio (DI). Debe tratarse dun tema controvertido elixido polo propio alumno. O alumno debería chegar a algún tipo de conclusión despois de considerar e explicar os puntos principais. Deberían usar PowerPoint ou similar como apoio dos seus argumentos.
Portafolios do alumno Os alumnos deberían gardar e ordenar os materiais que son o resultado das clases, e outros materiais, cos seus propios comentarios e as notas asignadas, para facer un seguimento dos seus progresos. Isto inclúe as composicións coas notas, comentarios e correccións do profesor. Tamén inclúe calquera tipo de investigación ou traballo levado a cabo polo alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Os profesores corrixirán ao longo do curso varias redaccións de cada alumno/a. Os do Profesor Alan Floyd realizaranse nas horas de clase (DI).
Os estudantes deberán ter en conta os seus erros e as correccións e comentarios en futuras ocasións. Poderán e deberían consultar cos profesores acerca da maneira de mellorar os seus rendementos, e usar o tempo dedicado ao auto-aprendizaxe para corrixir erros.

Todos o alumnado debería aproveitar o tempo das horas no gabinete dos profesores, que están para o propósito de facer un seguimento do seu progreso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B6 C2 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
Proba obxectiva A9 B1 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios, unha composición escrita e unha proba de audición. 35
Seminario B4 B6 C4 Avaliaranse a asistencia (5%) e participación (5%) dos alumnos (=10%) 10
Presentación oral A9 B4 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto extraido dunha revista, unha páxina de Internet, un periódico, etc, onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual; non pode presentarse en parellas ou grupos, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Poderase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. Proporcionaranse máis detalles no programa da materia que se atopará en Moodle. 20
Proba oral B4 C2 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronuncia e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 15
 
Observacións avaliación

Os profesores teñen acceso ao programa "Turnitin", moi útil á hora de evitar o plaxio.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/As estudantes que  non superen a proba na primeira oportunidade terán que ir á oportunidade de xullo, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: Proba oral 10%, Proba obxectiva 40%, Presentación oral 15% Portafolio do alumno 20%, Resumo oral dun conto curto en inglés, eligido polo profesor (15%) do libro de Roald Dahl: “Collected Short Storiesof Roald Dahl Vol 2” (15%) La historia para el curso 2019/2020 es “Lamb to the Slaughter".

Pódense descargar legalmente estos contos en calquera destos enlaces:

https://royallib.com/read/Dahl_Roald/The_Collected_Short_Stories_of_Roald_Dahl_Volume_2.html#0

Os alumnos que aproban unha parte da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetir esa parte en xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 


Fontes de información
Bibliografía básica Burgess, Sally, and Thomas, Amanda (2014). Gold Advanced Coursebook. . Harlow, UK. Pearson ELT.

Os alumnos deben traer o libro de texto a clase de maneira habitual. Tamén poden practicar a audición (listening comprehension) ao mesmo nivel do Gold Advanced Exam Maximiser (que sin embergantes non estudiaremos en clase, pero que está na biblioteca da facultade de Filoloxía):

http://www.english.com/goldadvanced/goldadvanced.html?page=maximiser

Bibliografía complementaria Edwards, Lynda and Jacky Newbrook (2014). Gold Advanced. Maximiser with key..
Quirk, R. and Greenbaum, S. (1985). A University Grammar of English. London, Longman
Vince, Michael (2009). Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. (WITH KEY) MacMillan Publishers
Mann, M. (2008). Destination C1&C2: grammar and vocabulary. MacMillan
Tims, Nicholas et al. ( 2014). Face2face Advanced Workbook. Cambridge, UK: CUP ISBN 1107690587
Jones, Leo (2001). New Cambridge Advanced English. Cambridge, CUP.
Swan, M. (1996). Practical English Usage. Oxford: O.U.P.

Estes 7 libros son para referencia e estudo soamente.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G01003
Lingua Inglesa 2/613G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa 4/613G01019

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías