Identifying Data 2020/21
Subject (*) Idioma Moderno: Francés Code 613G03016
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
French
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
E-mail
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Lecturers
Luis Gamallo, Maria
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
E-mail
mluis@udc.es
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
General description A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma.
Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a traves da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá conseguir consolidar as competencias do nivel A2 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
Contingency plan 1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS
Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente.

2. METODOLOXÍAS

2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN

• ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación)
• LECTURAS (non computa na avaliación)
• PROBA ORAL (computa na avaliación)

2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación)
• DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación)

As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos.
As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. Agás casos de forza maior, e sempre coa autorización expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico.
Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación.

• PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído.

3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado.

4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN

4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final
Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• DISCUSIÓN DIRIXIDA: 35% da cualificación final
Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• PROBA ORAL: 15% da cualificación final
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado.

4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Contémplanse dúas situacións (A e B)

A. A SITUACIÓN DE CONTINXENCIA AFECTA A AVALIACIÓN DA PRIMEIRA E DA SEGUNDA OPORTUNIDADE DA MATERIA

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.
2. A materia está dividida en dúas partes: teórico-práctica (contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita) [50% da nota final] e práctica (léxico, expresión, comprensión e interacción oral) [50% da nota final]. É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada unha destas dúas partes para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda oportunidade de xullo.
2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todos os contidos e destrezas obxecto da materia. Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial ou virtual de clase o alumnado deberá realizar unha tarefa práctica, que entregará por correo electrónico ou polos medios virtuais que especifique o profesorado. Agás causa xustificada e sempre coa autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.
O profesorado remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico.
Para que estas actividades podan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado (na data fixada para cada unha delas) e aprobado o 85% das actividades programadas e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10.
2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, consistente na presentación dun traballo tutelado, que se realizará a través de ferramentas virtuais e preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demáis indicacións para a realización desta proba.
3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final):
a) Un 100% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.).
Esta parte considérase aprobada se o valor do apartado a é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).
3.2. Parte práctica (50% da cualificación final):
a) Un 70% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.).
b) Un 30% da nota valorará a presentación oral (segundo o exposto no apartado 2.2).
Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a + b é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).
4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo, segundo as mesmas porcentaxes e criterios definidos no apartado 3. O profesorado da materia fará públicas en Moodle e coa suficiente antelación as instrucións correspondentes.
O alumnado poderá consultar en Moodle, no arquivo onde se fagan públicas as notas oficiais da primeira oportunidade, a(s) parte(s) que, de ser o caso, terá que recuperar na segunda oportunidade de xullo.
5. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas no apartado 3).
6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

B. A SITUACIÓN DE CONTINXENCIA AFECTA SÓ A AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE DA MATERIA (A PRIMEIRA OPORTUNIDADE PUIDO DESENVOLVERSE NAS CONDICIÓNS RECOLLIDAS NA GUÍA ORIXINAL)

1. O alumnado pode consultar en Moodle, no arquivo onde se fixeron públicas as notas oficiais da primeira oportunidade, a(s) parte(s) que ten que recuperar na segunda oportunidade de xullo.

2. Alumnado que ten que recuperar parcialmente a materia:

2.1. As notas das partes aprobadas na primeira oportunidade consérvanse (coas mesmas porcentaxes inicialmente asignadas) para a segunda oportunidade:
2.1.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final):
a) Un 50% valorará o exame escrito (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10).
b) Un 45% valorará as actividades (se estaren aprobadas cunha nota media mínima de 5 sobre 10).
c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás aulas presenciais do 1.º cuadrimestre.
2.1.2. Parte práctica (50% da cualificación final):
a) Un 30% valorará o exame escrito (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10).
b) Un 30% valorará o exame oral (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10).
c) Un 35% valorará as actividades (se estaren aprobadas cunha nota media mínima de 5 sobre 10).
d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás aulas presenciais do 1.º cuadrimestre.
2.2. De ter suspendido a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos da parte teórico-práctica e/ou da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de actividades substitutivas do exame, nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.).
Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
2.3. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba oral da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade a presentación dun traballo tutelado, que se levará a cabo a través de ferramentas virtuais, preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demáis indicacións para a realización desta proba.
Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
2.4. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades da parte teórico-práctica e/ou da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.).
Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
2.5. De suspender a materia na primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame; b) actividades; c) exame oral.
3. O alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas no apartado 2.1.).
4. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
5. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.


3. Alumnado que ten que recuperar a totalidade da materia:

A cualificación do alumno responderá ao seguinte reparto porcentual:
3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final):
a) O 100% da nota valorará un conxunto de actividades que o alumnado deberá realizar e nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da parte da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.).
A parte teórico-práctica da materia considérase aprobada se o valor do apartado a é igual ou superior a 5 sobre 10.
3.2. Parte práctica (50% da cualificación final):
a) Un 70% da nota valorará unha serie de actividades substitutivas das tarefas realizadas ao longo do cuadrimestre nas que o alumnado deberá demostrar ter acadado os coñecementos e as competencias da parte práctica da materia.
O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.).
Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
b) Un 30% da nota valorará a presentación dun traballo tutelado, que se levará a cabo a través de ferramentas virtuais preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demás circunstancias e indicacións para a realización desta proba.
Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
A parte práctica da materia considérase aprobada se a suma dos apartados a + b é igual ou superior a 5 sobre 10.
4. O alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas nos apartados 3.1. e 3.2.).
5. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
6. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA

O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os puntos esenciais dun discurso oral cando se utiliza unha lingua clara e estándar e cando se tratan asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou temas de interese persoal ou académico. A8
A15
B4
B8
C2
Buscar información específica e comprender textos sinxelos redactados nunha lingua estándar. A8
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Comprender a descrición de acontecementos, a expresión de sentimentos e desexos en textos persoais. A8
A15
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Facer fronte á maioría das situacións cotiás que implicaría a estancia nun país francófono. A8
A15
B4
B8
C2
Participar espontaneamente (isto é, sen preparación previa) nunha conversa sobre asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou sobre temas de interese persoal ou académico. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Expresar de maneira sinxela mais cohesionada experiencias, desexos, opinións, proxectos... e dar razóns e explicacións sobre eles. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Referir unha historia, ou o argumento dunha película, dun libro... e expresar ao respecto reaccións persoais. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Escribir un texto sinxelo e coherente (breves ensaios, cartas, correos electrónicos...) sobre temas de interese académico ou persoal, describindo experiencias e opinións. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2

Contents
Topic Sub-topic
A. Gramática
1. Normas xerais de ortografía. A elisión. H "muet" e "aspiré".
2. O sustantivo: xénero e número.
3. O adxectivo calificativo: xénero e número.
4. O artigo: definido, definido contracto, indefinido, partitivo. Formas negativas do artigo.
5. Os adxectivos e os pronomes posesivos.
6. Os adxectivos e os pronomes demostrativos.
7. Os pronomes persoais: suxeito, reflexivos, tónicos.
8. A negación con "ne ... pas".
9. A interrogación directa total e parcial: a estrutura "est-ce que", a inversión simple e complexa.
10. O verbo: "avoir", "être"; as 3 conxugacións; os verbos pronominais; a negación das formas verbais; os tempos verbais simples ("présent", "imparfait", "futur simple", "conditionnel présent", "impératif"); os tempos verbais compostos ("passé composé"); uso dos auxiliares e casos xerais de concordancia do participio.
11. Os pronomes relativos "qui", "que".
12. A comparación.
13. Principais adverbios e preposicións.
B. Obxectivos comunicativos 1. Normas xerais de pronuncia.
2. Presentarse, presentar, saúdar.
3. Falar do entorno persoal.
4. Expresar opinións, gustos, desexos, sentimentos, sensacións.
5. Expresar obligacións e prohibicións.
6. Pedir/dar informacións e explicacións.
7. Utilizar o teléfono e o computador.
8. A identificación.
9. A cuantificación.
10. A caracterización.
11. A calificación.
12. A localización temporal.
13. A localización espacial.

C. Léxico 1. Nacionalidades e países.
2. Profesións.
3. A familia.
4. Os números, a hora, o calendario, o tempo.
5. O corpo e a saúde.
6. A alimentación.
7. A roupa. As compras.
8. A vivenda, a cidade, a natureza, o medio ambiente.
9. As viaxes e os transportes.
10. As actividades culturais e deportivas.
11. Os estudos e o mundo académico.
12. Os medios de comunicación.
13. O teléfono, o computador, internet, as redes sociais.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 2 0 2
Problem solving A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 15 37 52
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 23 35 58
Workbook A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 13 13
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 2 11 13
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 1 5 6
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida en lingua francesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Problem solving Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).
Directed discussion Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).

Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).
Workbook Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
Speaking test Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado.

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Problem solving
Objective test
Speaking test
Workbook
Description
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos-ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os-as estudantes poden acudir en horario de tutorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais a través de Teams.
Os horarios de tutorías do profesorado da materia pódense consultar no taboleiro de horarios ou na páxina web da facultade.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
20
Problem solving A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
40
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Presentación oral dun traballo tutelado que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
 
Assessment comments

LEA
ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a
materia: a primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de
xullo. As datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleiros
oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período de
exames.
2. A materia está dividida en 2 partes:
teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita]
(60% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e interacción
oral] (40% da nota final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre
10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só
unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a
segunda oportunidade de xullo.
2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar
e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do
1º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de
exames da facultade).
2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio
realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, que
se realizará ao remate do 1º cuadrimestre. O profesorado
comunicará públicamente a data,
hora e lugar de realización deste exame oral.
2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto da materia. Normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar un exercicio non presencial. Agás causa xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes da realización do exame da primeira oportunidade, o 75% das actividades programadas e obter unha nota media de 5 sobre 10.
3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a
cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
3.1. Parte teórico-práctica (60% da cualificación
final):
a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debe
cumprir os requisitos do apartado 2.1).
b) Un 45% valorará as actividades (deben cumprir os
requisitos do apartado 2.3).
c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás
actividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado a
participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non
presenciais.
Esta parte considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os
contidos e destrezas dos apartados a, b desta parte da materia son
recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver
apartado 4).
3.2. Parte práctica (40% da cualificación final):
a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir os
requisitos do apartado 2.1).
b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir os
requisitos do apartado 2.2).
c) Un 35% valorará as actividades (deben cumprir os
requisitos do apartado 2.3).
d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás
actividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado a
participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non
presenciais.
Esta parte considérase aprobada se a suma dos
apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os
contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas
porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).
4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade
non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos
poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data,
hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundo
as porcentaxes e criterios expresados máis arriba.
4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá
facelo(s) de novo na segunda oportunidade. A data, lugar e hora de realización
do exame oral da segunda oportunidade comunicarase durante a realización do
exame escrito.
4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda
oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter
acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O
profesorado da materia fará públicas xunto coas notas da oportunidade de xaneiro de 2019 as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).
4.3. De suspender a materia na primeira oportunidade
e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada
parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha
das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito;
b) actividades; c) exame oral.
5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).
6. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a
alumna recibirá a calificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades presentadas for igual
ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da materia.
7. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado 2.3 (as actividades presenciais serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica no apartado 4.3.
8. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 
9. Os
traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

Sources of information
Basic BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
SARAZÁ CRUZ, P.; MONTAIGU, C. (1997). Francés funcional para universitarios. Córdoba: Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
DELATOUR, Y. (1991). Grammaire du français. Paris: Hachette F.L.E.
GRÉGOIRE, M.; THIÉVENAZ, O. (2002). Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Niveau intermédiaire. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.

Complementary

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Tanto nas clases teórico-prácticas como nas prácticas facilitarase ao alumnado diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello ao profesorado da materia.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Modern Language 2: Francés/613G03029
Modern Language 3: French/613G03033
Modern Language 4: French/613G03049

Other comments

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso do profesorado, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.