Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas de Tradución Código 613G03018
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Cordoba Rodriguez, Felix
Doolittle Kratofil, Timothy Brian
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
felix.cordoba@udc.es
t.doolittle@udc.es
leticia.eirin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Estudo e práctica da tradución de textos diversos (español-inglés, inglés-español, galego-inglés, inglés-galego).
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer as características particulares de textos de tipo diverso e resolver as dificultades de tradución que son pertinentes en cada caso. A4
A5
A6
A12
Ser capaz de situar a traducción (entendida como disciplina e tamén como práctica) dentro dun contexto cultural. A12
B1
B6
C3
Ser capaz de realizar traduccións directas e inversas en español, galego e inglés. A4
A5
A6
A12
B2
B6
Coñecer as peculiaridades traductolóxicas das linguas inglesa, galega e española A4
A5
A6
B5
C1
Realizar as tarefas de maneira eficiente e nos prazos esixidos A1
B3
C1
Participar activamente na clase A4
A5
A6
B4
C1
C2
Ser capaz de apreciar, respetar e disfrutar da diversidades lingüística e cultural manifesta na nosa titulación B10

Contidos
Temas Subtemas
I. Tradución no ámbito dos Estudos Ingleses

I.1. Introdución ás técnicas de tradución.

I.2. Tradución e interculturalidade.

I.3. Técnicas e problemas de tradución ao inglés:

I.4. A equivalencia translémica.

I.4.1 Equivalencia no nivel da palabra.
I.4.2 Equivalencia por encima do nivel da palabra.
I.4.3 Equivalencia gramatical.
I.4.4. Equivalencia textual.
I.4.5. Equivalencia pragmática.

I.5. Tipos de textos, tipos de traducións.
I.5.1. A traducción literaria.
I.5.2. A tradución xornalística.
I.5.3. A tradución científico-técnica.
I.5.4. Outras traducións.

I.6. A tradución modernizadora e adaptadora.

I.7. Evaluación e crítica de textos traducidos ao inglés.
II. A tradución no ámbito do español II.1. A tradución especializada
II.1.1. Introdución. As linguas de especialidade. Terminoloxía
II.1.2. Dicionarios e repertorios. Bases de datos terminolóxicas

II.2. Tradución con apoio informático
II.2.1. A tradución automática e a tradución asistida por ordenador
II.2.2. Ferramentas informáticas. Memorias de tradución. Corpus paralelos

II.3. A tradución ao español
II.3.1. Documentación para a tradución ao español
II.3.2. Métodos de tradución do inglés ao español
III. A tradución no ámbito do galego III.1. A tradución literaria
III.1.1. Cuestións preliminares e conceptos básicos
III.1.2. Trazos constitutivos dunha tradución literaria
III.1.3. A autotradución literaria
III.1.4. Tradución, versión, apropiación creativa

III.2. A tradución de textos poéticos
III.2.1. Cuestións xerais e metodolóxicas
III.2.2. Aspectos formais: ritmo e rima, o simbolismo fónico etc.

III.3. A tradución ao galego

III.4. Valoración e crítica da tradución literaria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B4 C1 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A12 B5 20.5 30 50.5
Obradoiro B6 B2 C3 20 30 50
Traballos tutelados B1 B2 B3 B10 1 10 11
Lecturas B6 C1 C2 0 15 15
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 3 15 18
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e coa tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica.
Obradoiro Nos grupos medianos e pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Exercicios relacionados coa tradución, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, realizados nas aulas e/ou fóra delas.
Lecturas Lecturas relacionadas coa tradución.
Proba mixta Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución e na teoría sobre tradución.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Ademais da supervisión directa do traballo do alumnado nas aulas nos grupos medianos e pequenos, o profesorado conta con titorías semanais, máis o contacto e mail, e animan ao alumnado a facer uso delas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá CATRO partes: unha tradución ao inglés (20%), unha tradución ao galego (10%), unha tradución ao español (10%) e unhas preguntas sobre contidos teóricos ou teoría aplicada (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas catro partes para aprobar o exame. 50
Obradoiro B6 B2 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:
1. Unha tradución individual do inglés ao español (15%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
________________________________

O 12,5% correspondente a español consistirá en exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula, supervisados polo profesorado, que indicará en cada caso o peso que teñen dentro desta porcentaxe da nota.
________________________________

O 12,5% correspondente a galego consistirá nunha actividade de tradución que será indicada e supervisada polo profesorado.
________________________________
50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.
-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado.
-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes aos obradoiros sinaladas polos profesores correspondentes.

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo, no seu caso, mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma de UDC Moodle, e que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes ou na mesma data do exame oficial.

-Na oportunidade de xullo recuperarase a tradución da parte de galego mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na plataforma Moodle.

-Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta acadarán a cualificación de NP. (Non Presentado)

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a segunda  oportunidade.

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Mott, Brian & Marta Mateo (2009). Diccionario-guía de traducción español-inglés, inglés-español. Barcelona: Universitat de Barcelona
Berman, Antoine (2003). La prueba de lo ajeno. Cultura y traducción en la Alemania romántica. Las Palmas: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Servicio de Publicaciones
Boonefoy, Yves (2002). La traducción de Poesía. Valencia: Pre-Textos
Valesio, Paolo & Rafael-Jose Díaz (Eds.) (1996). Literatura y traducción. Santa Cruz de Tenerife: U.I.M.P.
Gonzalo García, Consuelo & Valentín García Yebra (eds.) (2004). Manual de documentación y terminología para la traducción especializada. Madrid: Arco Libros
Gómez-Montero, Javier (ed.) (2008). Nuevas pautas de traducción literaria. Madrid: Visor Libros
Doce, Jordi (ed.) (2007). Poesía en Traducción. Madrid: Círculo de Bellas Artes
Ricoeur, Paul (2005). Sobre la traducción. Barcelona: Paidós
García Palacios, Joaquín & M.ª Teresa Fuentes Morán (eds.) (2002). Texto, terminología y traducción. Salamanca: Almar
Vidal Claramonte, María del Carmen África (1995). Traducción, manipulación, descontrucción. Salamanca: Colegio de España
Bassnet, Susan & André Lefevere (eds.) (1995). Translation, History and Culture. London: Cassell

Outras fontes de información:

Ávila, Alejandro. La censura del doblaje cinematográfico en España. Barcelona: CIMS, 1998.

Bernal Merino, Miguel Ángel. La traducción audiovisual: análisis práctico de la traducción para los medios audiovisuales e introducción a la teoría de la traducción filológica. Alicante: Universidad de Alicante, 2002.

Marset Mabel, Richard. La alegría de transformar: teorías de la traducción y teoría del doblaje audiovisual. Valencia: Tirant Lo Blanch, 2009.

Martí Ferriol, José Luis y Ana Muñoz Miguel. Estudios de traducción e interpretación. Entornos de especialidad. Vol II. Valencia: universidad Jaume I, 2012.

Merino, Raquel et al, eds. Trasvases culturales: literatura, cine, traducción. Pajares: Universidad del País Vasco, 2005.

VV.AA. Traducción para el doblaje y la subtitulación. Madrid: Cátedra, 2001.

Ao longo do curso utilizarase a plataforma Moodle para distribuir materiais diversos. Outros libros e artigos relevantes poden ser indicados polo profesor.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías