Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lingua Inglesa e os seus Usos 1 Código 613G03020
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Perez Janeiro, Purificacion
Correo electrónico
purificacion.pjaneiro@udc.es
Profesorado
Perez Janeiro, Purificacion
Correo electrónico
purificacion.pjaneiro@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo normativo da lingua inglesa. Elaboración e análise de textos oral e escrito de diferentes ámbitos.
Consolidación de competencias C1.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno desenvolverá estratexias para a adquisición de vocabulario novo e para a consolidación do coñecido. O alumno apreciará a importancia da colocación correcta; comprenderá os matices. O alumno decatarase da importancia do rexistro, formato, estilo e contexto. Ademais de adquirir coñecementos teóricos, ao alumno animaráselle a poñer en práctica as súas habilidades. O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte. A1
A2
A6
A9
A10
A15
A21
B1
B3
B4
B6
B7
C2
Familiarización con diferentes acentose rexistros. A15
Redacción de textos de tipo diferente e para fins diferentes A6
A9
A15
B5

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos introductorios do aprendizaxe das estructuras e vocabulario nun contexto Estratexias de aprendizaxe; tipos de significado; o uso dun dicionario (tipos);colocacións; rexistro; conotacións e asociacións culturais.
2. A formación das palabras Abreviaturas e acrónimos; prefixos; sufixos; formación de palabras novas; contacto entre linguas (préstamos); palabras parecidas pero distintas
3. Textos e Contextos Campos de interese: Diferentes discursos

Relaciones personales. Instituciones. Ocio
4. O Inglés académico Ensayos. Vocabulario académico. Presentaciones
5. O Inglés profesional Negocios. Inglés y la ciencia y tecnología
6.Modismos. Metáforas. Vocabulario

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 B6 C2 5 0 5
Esquemas A1 A2 A21 B3 10 20 30
Sesión maxistral B4 20 41 61
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 2 14 16
Traballos tutelados A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 2 16 18
Proba oral A6 A9 C2 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Aspectos relacionados co aprendizaxe da lingua en contexto.Tipos de significados; conotacións, rexistro.
Esquemas O uso de diagramas e esquemas para comprender e asimilar mellor os matices do vocabulario novo.
Sesión maxistral Nas sesións do grupo enteiro, explicacións e orientacións para o mellor aproveitamento do material presentado
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións.
Traballos tutelados Redacciones sobre temas diversos relacionados co traballado en clase.
Proba oral Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas orais. Interacción e comunicación de ideas, opinións, etc. Competencia comunicativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. 20
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 50
Proba oral A6 A9 C2 Exposición oral dun traballo; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. Entrevista 30
 
Observacións avaliación

 Os
traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario
). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

  1. Entrega de traballos tutelados: última semana de outubro e última de novembro

2. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas datas debe xustificarse documentalmente.
4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.
5. Proba oral: entre o fin de novembro e o comenzos de decembro.

6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos  necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes.

8. Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados.

9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

10. Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas
especificadas para a oportunidade de xullo.  

 


Fontes de información
Bibliografía básica Mc Carthy, M & Felicity O´Dell. (2008). Academic Vocabulary in Use. Cambridge:CUP
McCarthy, M. & Felicity O'Dell. ISBN-13: 978-0521677462 (2006). English Vocabulary in Use Advanced with Answers and CD-ROM. Cambridge: CUP

Bibliografía complementaria Mascull, B. (2002). Business Vocabulary in Use. Cambridge:CUP
O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521707800 (2008). English Collocations in Use: Advanced . Cambridge: CUP
O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521744294 (2010). English Idioms in Use Advanced with Answers. Cambridge: CUP
McCarthy, M. & Felicity O'Dell. ISBN-13: 978-0521684187 (2007). English Phrasal Verbs in Use: Advanced. Cambridge: CUP
Fowler, R. (1981). Literature as Social Discourse. Harlow: Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.

A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial. Nos casos considerados na normativa da Facuiltad, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle. Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con asiduidade. Non asistir ao exame oral ou escrito significa que se perde a primeira oportunidade para esta(s) parte(s) da avaliación. Desta forma só quedará a segunda oportunidade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías