Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lingua Inglesa e os seus Usos 1 Código 613G03020
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Profesorado
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo normativo da lingua inglesa centrado nun enfoque pragmático. Elaboración e análise de textos oral e escrito de diferentes ámbitos.
Consolidación de competencias C1.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno desenvolverá estratexias para a adquisición de vocabulario novo e para a consolidación do coñecido. O alumno apreciará a importancia da colocación correcta; comprenderá os matices. O alumno decatarase da importancia do rexistro, formato, estilo e contexto. Ademais de adquirir coñecementos teóricos, ao alumno animaráselle a poñer en práctica as súas habilidades. O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte. A1
A2
A6
A9
A10
A15
A21
B1
B3
B4
B6
B7
C2
Familiarización con diferentes acentose rexistros. A15
Redacción de textos de tipo diferente e para fins diferentes A6
A9
A15
B5

Contidos
Temas Subtemas
Introducción á Pragmática para o estudo e aprendizaxe do inglés: conceptos fundamentais, teorías pertinentes ... Importancia dos aspectos cognitivos, contextuais e culturais no estudo do inglés
Estratexias de aprendizaxe; o uso de diccionarios (tipos);colocacións; rexistros; connotacións ...
A formación dos actos da fala
Cooperación e Relevancia
Principio da Cortesía
Uso dos actos da fala: Cómo expresar o que se quere decir
Pragmática e vocabulario
Pragmática e sintaxe
Pragmática e fonoloxía
Pragmática da conversa
Análisis da conversa
Siguiendo el principio cooperativo
Comunicación y relevancia
Aplicar la teoría de la cortesía
O uso do inglés en diferentes textos e contextos O inglés académico
O inglés profesional
Expresión idiomáticas
...

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 B6 C2 5 0 5
Esquemas A1 A2 A21 B3 10 20 30
Sesión maxistral B4 20 41 61
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 2 14 16
Proba de resposta múltiple A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 2 16 18
Portafolios do alumno A6 A9 C2 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Aspectos relacionados co aprendizaxe da lingua en contexto.Tipos de significados; conotacións, rexistro.
Esquemas O uso de diagramas e esquemas para comprender e asimilar mellor os matices do vocabulario novo.
Sesión maxistral Nas sesións do grupo enteiro, explicacións e orientacións para o mellor aproveitamento do material presentado. Nestas sesións así como nas sesións de ensino interactivo, valórase a asistencia e participación.
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións.
Proba de resposta múltiple 2 probas de resposta múltiple con preguntas prácticas relacionadas cos aspectos de Pragmática vistos nas sesións de docencia expositiva.
Portafolios do alumno Tarefas para desenrrolar destrezas pragmáticas e reflexión lingüística

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A profesora está dispoñible durante las horas de tutoría semanais para resolver problemas u ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico ou Teams.

Diversidade

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. 20
Sesión maxistral B4 Se tendrán en conta aa asistencia e participación na calificación final 20
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 40
Portafolios do alumno A6 A9 C2 Exposición oral dun traballo; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. Entrevista 20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: exame 40% traballos 60%

Ostraballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitinrecoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiaislocalizados en Internet.

  1. Entrega de traballos tutelados: última semana de outubro e última de novembro

É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
Proba oral: comenzos de decembro.

A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes.

Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados.

Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normasespecificadas para a oportunidade de xullo.

Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).


Fontes de información
Bibliografía básica Grundy, Peter (2013). Doing Pragmatics. Routledge
Cutting, Joan (2002). Pragmatics and Discourse. Routledge
Ishhihara, N. and Cohen, A. (2010). Teaching and learning Pragmatics. Longman

A bibliografía será ampliada no Moodle.

Bibliografía complementaria O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521707800 (2008). English Collocations in Use: Advanced . Cambridge: CUP
O'Dell, Felicity & M. McCarthy. ISBN-13: 978-0521744294 (2010). English Idioms in Use Advanced with Answers. Cambridge: CUP
McCarthy, M. & Felicity O'Dell. ISBN-13: 978-0521684187 (2007). English Phrasal Verbs in Use: Advanced. Cambridge: CUP


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.

A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial. Nos casos considerados na normativa da Facuiltad, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia (dispensa). 

Non asistir ao exame escrito significa que se perde a primeira oportunidade para esta(s) parte(s) da avaliación. Desta forma só quedará a segunda oportunidade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías