Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Inglesa (XVI-XVII) Código 613G03021
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Profesorado
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Web
Descrición xeral Análise da literatura inglesa dos seculos XVI e XVII, desde a época isabelina á Restauración.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Ter un coñecemento avanzado da literatura angloirlandesa do XVI e XVII. A1
A2
A6
A9
A10
A11
A16
A17
B1
B2
B3
B5
B8
- Mellorar a competencia literaria, a capacidade de análise e síntese, e a visión crítica. A1
A2
A6
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C6
C8
- Ser capaz de elaborar ensaios e exponelos oralmente en lingua inglesa. A1
A2
A6
A10
A16
B4
B5
B7
B8
C2
C6
C8
- Coñecer a historia e a cultura de Gran Bretaña e Irlanda nun periodo de grandes cambios. A16
A17
C2
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Elementos básicos ou xerais do programa

1. Introducción: Sociedade, cultura, política e literatura desde a Idade Media ata o século XVII.
1.1 Periodos isabelino e xacobeo
1.2. A Restauración
Do renacimiento á Ilustración. Datos históricos (política e a corte, relixión, a creación dun imperio en expansión, a aparición dos partidos políticos, a caida dos Estuardo) e evolución das clases sociais. Individualismo e mercantilismo. O contrato social.
2. Oríxenes do teatro Teatro sacro e pagano. Sistema de producción nos miracle plays, etc.
3. Teatro na época de Isabel I e Xaime I.
3.1: sistemas de producción: teatros, compañías, público
3.2. O drama previo a Shakespeare: Kyd e Marlowe
3.3. Shakespeare
3. 4. Ben Jonson
Obras de lectura obrigatoria:
3.3 Shakespeare. The Merchant of Venice
Twelfth Night.
Othello
Macbeth
3.4 Ben Jonson. Volpone
4. Teatro da época carolina
4. 1. Middleton y Dekker
4.2 Webster
Obra de lectura obrigatoria:
4.2 John Webster. The Duchess of Malfi
5.A Restauración, 1660-1700
5.1 Sistema de producción teatral: escenografía e actrices.
5.2 Ensaio de Dryden
5.3 Os grandes comediografos
5.4 Wycherley
5.5. Congreve
Obras de lectura obrigatoria:
5.4 William Wycherley. The Country Wife
5.5 William Congreve. The Way of the World
6. Aspectos básicos da poesía dos seculos XVI e XVII: Shakespeare, Donne, Dryden e Milton
Sonetos, poesía metafísica, neoclasicismo, Paradise Lost. Fotocopias na clase únicamente.
7. Aspectos básicos da prosa do XVII: Behn e Congreve. O orixe da novela inglesa: a picaresca e os romances. Fotocopias na clase únicamente.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B7 B8 C6 C8 21 8 29
Lecturas A7 B3 B6 C5 C6 C8 0 60 60
Seminario A7 B1 B6 B7 B8 B9 2 6 8
Proba obxectiva A1 A2 A6 A7 A9 C2 2 4 6
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 A16 B5 B7 B8 B10 C6 C8 6 10 16
Presentación oral A1 A6 A9 A10 A11 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C8 8 5 13
Proba de resposta múltiple A7 1 2 3
Discusión dirixida A2 A6 A7 B8 C2 2 10 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dos séculos XVI ao XVII, tendo en conta o contexto sociocultural. O obxectivo é proporcionar coñecimentos xerais (datos históricos relevantes, sistema de producción, autores, obras e xéneros literarios máis representativos). Os textos de lectura obrigatoria terán unha presencia parcial nestas sesións, pois o profesor comentará autores (por exemplo, Marlowe, Donne ou Behn) e textos (por exemplo, sonetos de Shakespeare ou o ensaio sobre poesía dramática de Dryden) mediante fotocopias ou proxeccións.
Lecturas A lectura das fontes primarias é funfamentalmente traballo fora das clases, pois na clase a lectura tornase en comentario de texto realmente.
Seminario Os seminarios cos grupos medios centraranse no coñecemento da literatura inglesa dos séculos XVI e o XVII, pero os textos de lectura obrigatoria serán o nucleo, e a participación dos alumnos será esencial.
Proba obxectiva Haberá un exame final oficial escrito iobrigatorio (1ª oportunidade) que representará o 50 por cento da nota final e que consistirá na elaboración, perante un tempo determinado, dun ensaio académico ou comentario de texto sobre algunha(s) das oito lecturas, mais unha pregunta breve sobre datos dos seminarios e lección maxistrais. O alumno debe obter unha nota mínima total de 4 sobre 10 (en realidade, 2 sobre 5) para facer media.
Análise de fontes documentais Comentarios de texto (das fontes primarias obrigatorias) feitos nos grupos pequenos ou medianos.
Presentación oral Cada alumno podrá facer unha presentación oral dun traballo tutelado durante o curso. O tema será un aspecto moi concreto dun dos 8 textos obrigatorios. A elección do mesmo farase entre os alumnos e ou profesor. Será breve (8-9 minutos) e integrarase con unha discusión dirixida posterior. Esta sí que é unha actividade que o alumno ten que preparar fora da aula. Valdrá un 10% da avaliación. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non poda facela, sempre poderá e deberá entregar o traballo por escrito antes do 15 de decembro (7-8 páxinas). Debido o número elevado de alumnos a presentación oral por parte de todos non é posible.
Proba de resposta múltiple Duranto o curso, en datas prefixadas e comunicadas a través de Moodle, haberá 4 tests de preguntas específicas sobre as lecturas obxecto de estudo, para comprobar e incentivar a lectura continua. Non é unha actividade fora da clase realmente, pois o alumno simplemente ten que ler as fontes e membrar as historias. Un test de 15 minutos cada duas lecturas obrigatorias. Cada test valdrá 0,5 puntos: dous puntos ou 20% da validación en total.
Discusión dirixida Se debatirán aspectos das obras do corpus nas clases de grupos pequenos. As veces se integrarán co exposición oral de 5 ou 6 alumnos (40 minutos).

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Seminario
Presentación oral
Descrición
Supervisarase ao alumnado nas súas tarefas de comentario de textos ou presentacións, e recomendarase que cada estudante utilice as horas de titorías para afondar en cuestións relativas á materia para a solución de problemas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 A16 B5 B7 B8 B10 C6 C8 Comentarios de textos feitos nas clases. Recorellanse uns poucos durante o curso. 1.5 puntos. 15
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B7 B8 C6 C8 Asitencia activa. O alumno/a deberá asistir a un mínimo de 10 sesións para ser calificado con 0.4 p. Follas de firmas. Tamén será necesaria a participación activa nas clases de grupos (asistencia a 18 clases mínimo) para convertir 0.4 en 0.5 (vid discusión dirixida). 4
Discusión dirixida A2 A6 A7 B8 C2 Debate na clase sobre temas concretos ou tras a presentación oral de cinco ou seis compañeiros. Terase en conta a presencia e a participación, e recorellanse notas tomadas polos alumnos durante o debate de cando en vez.
1
Proba obxectiva A1 A2 A6 A7 A9 C2 Exame final: ensaio académico e comentario de texto sobre as obras do corpus mais unha pregunta breve sobre datos transmitidos nas lección maxistrais e seminarios (50%; é decir, 5 puntos sobre 10).
OBSERVACIÓN: a nota mínima para facer media co resto é de 2 sobre 5 (4 sobre 10)
50
Proba de resposta múltiple A7 4 tests de lectura das obras obrigatorias.
2 puntos sobre 10 (0.50 por test).
20
Presentación oral A1 A6 A9 A10 A11 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C8 O alumno que o desexe prepará e expondrá un aspecto concreto dos textos del corpus en un tempo máximo de 9-10 minutos. Logo entregará o traballo por escrito. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non quera o poda facer a presentación, sempre poderá entregar o traballo por escrito (aprox. 7-8 páx., dobre espacio) antes do 15 de decembro para que a actividade compute.
1 punto sobre 10.
10
 
Observacións avaliación
  • Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento da historia da literatura inglesa e a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando coñecementos teóricos básicos, dous oito textos literarios ingleses do corpus. Analizar non é parafrasear.
  • A nota media final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na evaluación contunua.
  •  Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua. É necesario obter 2 puntos e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia. Los ensayos podrán ser filtrados a través de "turnitin".
  • Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un  traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón.
  • Os traballos deberán ser entregados antes do fin das clases (aprox 16 ou 17 de decembro).
  • Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades.
  • Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade.
    • Quen teña concedida a dispensa académica, e como
      establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os
      criterios aplicables á oportunidade de xullo.
    • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de
      decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de
      xullo.
  • A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade. Por exemplo, 4 tests similares ós feitos durante o curso deberán facerse o día do exame.

  • Fontes de información
    Bibliografía básica

    Fontes primarias de lectura obrigatoria (orde cronolóxico utilizado nas clases)

    William Shakespeare. The Merchant of Venice (edición Arden Shakespeare recomendada)

    Shakespeare. Twelfth Night. (edición Arden Shakespeare recomendada)

    Shakespeare. Othello (edición Arden Shakespeare recomendada)

    Shakespeare. Macbeth (edición Arden Shakespeare recomendada)

    Ben Jonson. Volpone

    John Webster. The Duchess of Malfi

    William Wycherley. The Country Wife

    William Congreve. The Way of the World

    Consulta (fontes secundarias):

    --Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.

    --Braunmuller, A. R. and Michael Hattaway, eds. The Cambridge Companion to English Renaissance Drama. Cambridge: Cambridge University Press, 1997-

    --Canfield, John Douglas. Tricksters & Estates: On The Ideology of Restoration Comedy. Lexington, Ky. : Univ. Press of Kentucky, 1997.

    --Demetriou, Eroulla. Get thee to the Playhouse: An Introduction to Elizabethan and Shakespearean Drama for Young Students. Univ. de Jaen, 2009.

    --Dollimore, Jonathan & Sinfield, A. eds., Political Shakespeare: Essays in Cultural Materialism.

    Ithaca: Cornell Univ Press, 1994.

    --Elam, Keir. The Semiotics of Theatre and Drama. Londres: Routledge, 1980. 

    --Fisk, Deborah Payne, ed. The Cambridge Companion to English Restoration Theatre. Cambridge Univ. Press. 2000.

    --Garber, Marjorie. Shakespeare and Modern Culture. Anchor Books, 2009. 

    --Gay, Penny. The Cambridge Introduction to Shakespeare's Comedies. Cambridge U. P., 2008.

    --Hughes, Derek. English Drama, 1660-1700. Oxford: Clarendon Press, 1996.

    --Leggatt, Alexander. English Drama: Shakespeare to the Restoration, 1590-1660. Londres: Longman, 1988.

    --MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008.

    --Owen, Susan J., ed. A Companion to Restoration Drama. Oxford: Blackwell, 2001.

    Shaughnessy, R. (ed). The Cambridge Companion to Shakespeare and Popular Culture. Cambridge U.P., 2007.

    --VV.AA. Historia crítica del teatro ingles. Alcoy: Marfil, 1988. 

    --Wallace, David, ed.  The Cambridge History of Medieval English Literature.  New York: Cambridge UP, 1999.

    --Waller, Gary. English Poetry of the Sixteenth Century. London and New York: Longman, 1993.

    --Wells, Stanley & L. Cowen Orlin eds. Shakespeare: An Oxford Guide. Oxford U P., 2003.

    Bibliografía complementaria


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente
    Literatura Inglesa 1/613G03010
    Literatura Inglesa 2/613G03017

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías