Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa Código 613G03022
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Profesorado
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Web
Descrición xeral
Aspectos xeográficos, históricos, artísticos e culturais dos paises de fala inglesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os alumnos apreciarán a importancia da historia e cultura no desenvolvemento da literatura, lingua e sociedade en países de fala inglesa. Examinarán fontes primarias e secundarias, aprendendo a comparar, contrastar e analizar criticamente. Coñecerán as causas detrás das diferenzas, o comportamento e a mentalidade culturais. Saberán relacionar os seus coñecementos nesta materia con outras materias do Grao en Inglés. Serán capaces de redactar textos /resumos correctamente. Serán capaces de expoñer os seus achados oralmente en beneficio dos seus compañeiros. Apreciarán que a cultura e a historia teñen moito que ver coa literatura e o desenvolvemento da lingua. A2
A6
A11
A15
A17
A18
A19
A20
A21
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e comentario do programa 1.1. Explicación xeral (datas de entrega, sistema de avaliación, etc.)
2. Resumo da historia das Illas Británicas 2.1. Romanos, anglosaxones e viquingos
2.2. A conquista normanda de 1066 e as súas consecuencias culturais
2.3. Gales e o dominio da coroa inglesa
2.4. A independencia de Escocia; Bannockburn 1314
2.5. A dinastía Tudor e a súa chegada ao trono: os restos dun rei debaixo dun parquin; a Armada Invencible
2.6. O xuízo de Carlos I; a República; o retorno da monarquía
2.7. A Revolución Industrial; a época vitoriana; o imperio
2.8. A Primeira Guerra Mundial; a Segunda Guerra Mundial
3. Resumo da historia dos Estados Unidos 3.1. Os primeiros tempos
3.2. A época colonial
3.3. Cara á independencia
3.4. Os primeiros presidentes
3.5. A escravitude, e os dereitos da muller
4. A Xeografía humana e física das Illas Británicas 4.1. Clima
4.2. Trazos xeográficos; a mentalidade de unas islas
5. A Xeografía humana e física dos Estados Unidos 5.1. Clima
5.2. Trazos xeográficos
6. A constitución do Reino Unido 6.1. Goberno
6.2. Elección de representantes; o papel da monarquía
7. La constitución dos Estados Unidos 7.1. Goberno
7.2. Elección de representantes; o papel do presidente
8. As relacións exteriores 8.1. O Reino Unido e a UE; Brexit
8.2. A relación especial cos EE.UU.
9. Pintores británicos e norteamericanos 9.1. artistas británicos dos séculos XVIII e XIX; Fontes de inspiración cultural.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 A17 B8 2 0 2
Análise de fontes documentais A11 2 10 12
Lecturas A2 A11 A19 A20 A21 5 20 25
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 1 8 9
Proba mixta A2 A11 B7 2 10 12
Resumo A15 B4 2 10 12
Sesión maxistral A17 18 18 36
Prácticas a través de TIC B3 C3 10 18 28
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B8 2 2 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Comentario do programa; datas de traballos; normas; expectativas
Análise de fontes documentais Análise dunha gran variedade de fontes primarias e secundarias
Lecturas Textos variados como apoio ao coñecemento. Fontes informáticas.
Investigación (Proxecto de investigación) Investigación dun tema relacionado co programa
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos
Resumo Resumos de materiais escritos e de fontes informáticos para demostrar a comprensión e saber relacionar temas
Sesión maxistral Explicacións, orientacións, recomendacións para o estudo individual; foméntase a participación do alumnado
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación nas charlas-coloquio organizadas na Facultade Pode implicar a redacción de informes breves.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Os alumnos consultarán acerca do mellor xeito de abordar a realización deste tipo de tarefa. Ofreceranse consellos prácticos, e fontes de información.
A profesora está dispoñible durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar conmigo por correo electrónico.

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 Os alumnos realizarán un traballo individual; consiste nunha reseña dun libro de unha listaxe segundo un modelo e unhas instruccións. Débense incluír datos completos de fontes bibliográficas e electrónicas consultadas. O plaxio (que inclúe copiar e pegar) implicará un suspenso nesta parte da avaliación. A facultade dispón dun programa (Turnitin) para detectar plaxio, incluíndo a entrega de traballos previamente avaliados para outras materias polo mesmo estudante ou outros.

Data de entrega: 14 de decembro 2018.
25
Proba mixta A2 A11 B7 Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. 50
Prácticas a través de TIC B3 C3 Acceso a materiais e fontes a través de Internet e/ou fotocopias. Estudo e avaliación crítica de materiais. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación.
TGR: 5%
Interactiva: 20%
Ver nota sobre plaxio arriba.
25
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
  • A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  • A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2018-19 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
  • As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  • Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas.
  • Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
  • Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades, seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Fontes de información
Bibliografía básica McDowall, David (1989). An Illustrated History of Britain. London: Longman
O'Driscoll, James (2009). Britain for Learners of English. Oxford: O.U.P.
Storry, Mike; & Peter Childs (1997). British Cultural Identities. London: Routledge
Crowther, J. (1999). Oxford Guide to British and American Culture. Oxford: O.U.P.
Egerton, Judy (1998). The British School. London: National Gallery Publications
CORBISHLEY, MIKE, et al. (1998). THE YOUNG OXFORD HISTORY OF BRITAIN AND IRELAND. OXFORD: O.U.P.

CIA. The World Factbook. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/xx.html

United States History. http://countrystudies.us/united-states/

United States Geography. http://countrystudies.us/united-states/geography.htm

United States Economy. http://countrystudies.us/united-states/economy.htm

United States Government. http://countrystudies.us/united-states/government.htm

Bibliografía complementaria National Gallery, London (). http://www.nationalgallery.org.uk/ .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia habitual é fundamental para o estudo desta materia. Dado que algunhas tarefas se entregarán durante as clases prácticas, non asistir implica renunciar a estas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías