Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa Código 613G03022
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Crespo Garcia, Maria Begoña
Correo electrónico
begona.crespo.garcia@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Crespo Garcia, Maria Begoña
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
begona.crespo.garcia@udc.es
Web
Descrición xeral
Aspectos xeográficos, históricos, artísticos e culturais dos paises de fala inglesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os alumnos apreciarán a importancia da historia e cultura no desenvolvemento da literatura, lingua e sociedade en países de fala inglesa. Examinarán fontes primarias e secundarias, aprendendo a comparar, contrastar e analizar criticamente. Coñecerán as causas detrás das diferenzas, o comportamento e a mentalidade culturais. Saberán relacionar os seus coñecementos nesta materia con outras materias do Grao en Inglés. Serán capaces de redactar textos /resumos correctamente. Serán capaces de expoñer os seus achados oralmente en beneficio dos seus compañeiros. Apreciarán que a cultura e a historia teñen moito que ver coa literatura e o desenvolvemento da lingua. A2
A6
A11
A15
A17
A18
A19
A20
A21
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Explicación xeral (datas de entrega, sistema de avaliación, etc.)
2. Breve historia das Illas Británicas e a súa influencia no desenvolvemento da lingua 2.1. Romanos, anglosaxones e viquingos
2.2. A conquista normanda de 1066 e as súas consecuencias culturais e lingüísticas
2.3. Gales e o dominio da coroa inglesa
2.4. A independencia de Escocia; Bannockburn 1314
2.5. A dinastía Tudor e a súa chegada ao trono: os restos dun rei debaixo dun parquin; a Armada Invencible
2.6. O xuízo de Carlos I; a República; o retorno da monarquía
2.7. A Revolución Industrial; a época vitoriana; o imperio. Irlanda e a Great Famine
2.8. A Primeira Guerra Mundial; a Segunda Guerra Mundial
3. Breve historia dos Estados Unidos 3.1. Os primeiros tempos. A época colonial
3.2. Cara á independencia
4. A Xeografía humana e física das Illas Británicas 4.1. Clima. Trazos xeográficos; a mentalidade de unas illas
5. A Xeografía humana e física dos Estados Unidos 5.1. Clima. Trazos xeográficos
6. A constitución do Reino Unido 6.1. Goberno
6.2. Elección de representantes; o papel da monarquía. A crise da Abdicación 1936
7. A constitución dos Estados Unidos 7.1. Goberno
7.2. Elección de representantes; o papel do presidente
8. As relacións exteriores 8.1. O Reino Unido e a UE; Brexit
8.2. A relación especial cos EE.UU.
9. Mulleres destacadas nos países de fala inglesa 9.1 Papel e influencia cultural.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A11 B5 B8 13 20 33
Lecturas A2 A11 A15 A19 A20 A21 0 34 34
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 5 0 5
Proba mixta A2 A11 B7 2 20 22
Sesión maxistral A17 21 15 36
Prácticas a través de TIC B3 C3 8 9 17
Discusión dirixida B4 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Análise dunha gran variedade de fontes primarias e secundarias
Lecturas Textos variados como apoio ao coñecemento. Fontes en formato físico e virtual.
Investigación (Proxecto de investigación) Consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa.
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos
Sesión maxistral Explicacións, orientacións, recomendacións para o estudo individual; traballo en equipo, resolución de problemas, aprendizaxe basada en retos. Empregarase a metodoloxía da aula invertida.
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica. Creación de videoclips, presentacións, podcasts, mapas mentales,etc.
Discusión dirixida Temáticas variadas para razonar, comparar, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Os alumnos consultarán acerca do mellor xeito de abordar a realización deste tipo de tarefa. Ofreceranse consellos prácticos.
A profesora está dispoñible durante as horas de titoría para resolver problemas ou ofrecer suxestións, previo contacto por correo electrónico.

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 -Os alumnos realizarán un proxecto colaborativo (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente).
-O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia),
-O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados. Instrucións específicas en clase e en Moodle.

-O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación.
30
Proba mixta A2 A11 B7 Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. 50
Prácticas a través de TIC B3 C3 Nas sesións interactivas, o alumnado traballará na análise e avaliación crítica de fontes primarias e secundarias procedentes de Internet.
Entregaranse dous traballos. Os temas e as datas en Moodle. A entrega tardía penalizarase.
O plaxio, que inclúe cortar e pegar, implicará un 0 nesta parte da avaliación.
20
 
Observacións avaliación
  1. Probamixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2023-24 (primeira oportunidade en xaneiro 2024). As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  2. Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
  3. A oportunidade de xullo basearase na repetición da(s)parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando os mesmos porcentaxes(30% + 50% +20%).
  4. Os temas para a repetiticón de xullo (tareas escritas) anunciaranse en Moodle. Aplicarase unha penalización pola entrega tardía.
  5. Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta), e que tampouco entregase polo menos un 50% das tarefas prácticas.
  6. Os alumnos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
  7. Os alumnos/as que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Estes estudantes deben poñerse en contacto co profesorado ao comezo do cuadrimestre para informarlles desta circunstancia.
  8. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e/ou que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade (primeira ou segunda)seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
  9. É OBRIGATORIO DEMOSTRAR UN NIVEL B2 DE inglés para aprobar a asignatura. O non demostrares este nivel de lingua pode ser, exclusivamente, motivo de SUSPENSO.
  10. Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención  á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
  11. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  12. -#De acordo coas distintas normativas que regulan a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde unha perspectiva de xénero e o fomento da participación de todos os alumnos en clase, independentemente do seu sexo. 
    -Prestaremos especial atención á identificación e tratamento de prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade.  
    -Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación por razón de sexo e poñer en marcha as accións oportunas para emendalos.

Fontes de información
Bibliografía básica McDowall, David (1989). An Illustrated History of Britain. London: Longman
O'Driscoll, James (2009). Britain for Learners of English. Oxford: O.U.P.
Storry, Mike; & Peter Childs (1997). British Cultural Identities. London: Routledge
Crowther, J. (1999). Oxford Guide to British and American Culture. Oxford: O.U.P.
Egerton, Judy (1998). The British School. London: National Gallery Publications
CORBISHLEY, MIKE, et al. (1998). THE YOUNG OXFORD HISTORY OF BRITAIN AND IRELAND. OXFORD: O.U.P.

Bibliografía complementaria National Gallery, London (). http://www.nationalgallery.org.uk/ .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia habitual é fundamental para o estudo desta materia. Dado que algunhas tarefas se entregarán durante as clases prácticas, non asistir implica renunciar a estas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías