Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fonética da Lingua Inglesa Código 613G03023
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
noemi.pereira@udc.es
Profesorado
,
Pereira Ares, Noemí
Correo electrónico
anabella.barsaglini.castro@udc.es
noemi.pereira@udc.es
Web http://www.pcudc.es
Descrición xeral A materia pretende proporcionar aos estudantes conceptos lingüísticos básicos relacionados coa Fonética e a Fonoloxía e coas ferramentas necesarias para recoñecer e reproducir os sons do inglés. Para isto, daranse as descripcións dos sons que irán acompañadas de representacións grafémicas e transcripcións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Sen cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Clases expositivas e seminarios (estudo de casos), adaptando as canles de comunicación (Moodle / Microsoft Teams).


*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de Laboratorio. Convertiranse en prácticas a través das TICs, facendo uso de Moodle e Microsoft Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
1. Correo electrónico. Diariamente (luns a venres).
2. Moodle. Horario de aulas.
3. Microsoft Teams. Horario de aulas e titorías.

4. Modificacións na avaliación
As tarefas de avaliación entregaranse a través de Moodle. Os exames realizaranse a través de Moodle ou Microsoft Teams nas datas oficiais establecidas.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principios básicos do sistema auditivo tanto desde o punto de vista anatómico como funcional A1
A11
C2
Coñecer a estrutura, organización, e utilización dos símbolos do IPA A1
A15
C7
Manexar as principais ferramentas de análise de F0 e interpretalas A14
B2
B7
Coñecer os elementos que interveñen na fonación, a súa participación e misión na xénese da voz A1
A3
A20
B2
B6
Describir e interpretar os mecanismos de articulación do fala, e a relación entre articulación e acústica A1
B2
C6
Relacionar conceptos fonolóxicos abstractos co funcionamento do aparello fonador. A1
B2
Entender a terminoloxía básica. A3
A19
B10
Recoñecer o reflexo dalgunhas peculiaridades relevantes da prosodia do inglés e a estrutura prosódica dunha curva e dos elementos que a integran. A6
A18
A19
B2
B8
Transcribir correctamente fragmentos escritos e orais en inglés A19
A20
B3
B4
Comparar instrumentos e metodoloxías relacionados coa análise fonética da entoación B1
B2
Aplicar a análise de espectrogramas mediante ferramentas de análises do son B2
B5
Manexar con habilidade as aplicacións de fonética tanto no ámbito do laboratorio como cara a posibles saídas profesionais, e para a vida en sociedade. B2
Comparar instrumentos e metodoloxías relacionados coa análise fonética da entoación A1
B2
Identificar os mecanismos que regulan a fonación, as principais teorías fonatorias que se elaboraron ao longo da historia e a que se mantén hoxe como base do estudo da voz e os seus trastornos. A3
B9
Manexar adecuadamente as técnicas instrumentais de investigación en Fonética e Fonoloxía B2
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xa que moitas das actividades da aula baséanse en Moodle. B2
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. A Fonética e a Fonoloxía como disciplinas lingüísticas 1.1. Concetos básicos e ferramientas. Definición e descrición
1.2. Fonética acústica
1.3. Fonética perceptiva
1.4. Fonética articulatoria
2. O aparato fonador 2.1. A anatomía da fala
2.2. A fisioloxía da fala
2.3. Nivel segmental e suprasegmental
3. Os sons da fala e a súa representación gráfica
3.1. Vogais e consoantes: clasificación funcional e articulatoria
3.2. IPA e a súa representación. Clasificación dos sons
4. As consoantes do inglés: descrición e representación gráfica 4.1. Parámetros descritivos: modo de articulación, lugar de articulación e acción das cordas vocais.
4.2. Tipos de articulación: dobre articulación; articulación primaria e secundaria.
4.3. Alófonos consonánticos
5. As vogais do inglés: descripción e representación gráfica 5.1 Vogais. Parámetros descritivos
5.2 Diptongos e triptongos
5.3. Fenómenos relacionados
6. Sílabas, palabras e cadea falada 6.1. Sílaba: definición e estrutura
6.2. Fenómenos da cadea falada: Gradación. Asimilación. Elisión. Xuntura. Liaison
7. Acento e entoación 7.1. Acento
7.2. Entoación
8. Os acentos do inglés
8.1. Gran Bretaña: Received Pronunciation, Estuary English
8.2. EE.UU: American Standard English, African-American English, American- Indian English
8.3. Australia e Nova Zelanda
8.4. Acentos do inglés como segunda lingua

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A6 A11 A15 B2 B6 C6 14 16 30
Sesión maxistral A1 A3 A11 A15 B4 B8 B9 C7 21 20 41
Solución de problemas A14 B2 B5 B6 B7 B10 C2 14 11 25
Análise de fontes documentais A3 A11 A19 A20 B1 B6 C3 C7 0 5 5
Prácticas de laboratorio A1 B2 B3 B7 C3 C2 14 11 25
Proba obxectiva A1 A3 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B4 C2 3 15 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O estudo de casos realizarase principalmente nas sesións semanais de grupos intermedios, podendo integrarse tamén nas clases expositivas. As actividades que se realizarán centraranse en poñer en práctica os contidos teóricos da materia, conferindo especial atención ás actividades de transcrición fonética en inglés.
Sesión maxistral Sesións principais semanais con todo o grupo. Nestas sesións os conceptos básicos serán expostos dun modo teórico, con apoio de exemplos prácticos, para pasar progresivamente ao compoñente de traballo práctico no modo "aprender facendo", reducindo gradualmente o compoñente teórico explicativo e incorporando módulos de autoaprendizaxe.
Solución de problemas Os exercicios xurdirán en torno á resolución de problemas durante as clases teóricas ou seminarios (grupos intermedios).
Análise de fontes documentais Análise de fontes primarias e secundarias.
Prácticas de laboratorio Sesións en grupos reducidos que favorecerán o ensino-aprendizaxe interactivo. As actividades, que poderán realizarse no Laboratorio de Idiomas ou ben a través das TIC, centraranse en mellorar a capacidade do alumnado para identificar e producir os diferentes sons da lingua inglesa.
Proba obxectiva A proba obxectiva combinará cuestións teóricas sobre a fonética e fonoloxía inglesas, a transcrición fonética dun texto escrito e unha transcrición dun audio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
O alumnado contará coa atención do profesorado do curso nas horas de titorías, a través da plataforma virtual Moodle e a través do correo electrónico en todo momento.

Atención a diversidade:
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A11 A15 B2 B6 C6 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas teórico-prácticas ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total das tarefas teórico-prácticas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para superar a materia. 40
Proba obxectiva A1 A3 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B4 C2 O alumnado deberá facer un exame final na data oficial de xaneiro. A nota mínima para esta proba non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para superar a materia. 40
Prácticas de laboratorio A1 B2 B3 B7 C3 C2 O alumnado deberá realizar unha práctica de laboratorio individual, ben de forma presencial ou a través das TICs, como parte da avaliación do curso. 20
 
Observacións avaliación

Observacións xerais



Para superar a materia, a suma das distintas actividades e probas avaliables deberá ser 5 sobre
10
. Ademáis, a cualificación mínima
das tarefas teórico-prácticas (estudo de casos), así como da proba obxectiva
non poderá ser inferior a 4
, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Así
mesmo, o alumnado deberá realizar como mínimo a metade das actividades
necesarias. De non ser este o caso, o/a alumno/a non será cualficado e na acta
oficial rexistrarase como “non presentado”. Os/as alumnos/as que non se
presenten o día do exame oficial acadarán a cualificación de NP (“non
presentado”), independentemente das actividades realizadas con anterioridade.
En caso de non acadar a nota mínima nalgunha das partes da materia, o/a
alumno/a terá que repetir esa parte (ou partes) no exame de xullo, coas mesmas
porcentaxes.

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico,medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.



Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas son entregadas fóra de prazo
sen causa
xustificada e sempre que a entrega sexa dentro das 48 horas posteriores ao prazo
de entrega límite establecido. Actividades con máis de 48 horas de retraso na
entrega non será cualificadas.



Os traballos con evidencia de plaxio será cualificados
automáticamente cun 0
. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades.



Tanto a proba obxectiva como as tarefas teórico-prácticas deben
atender aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do
nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área
serán penalizadas.

 

Datas e horarios do exame final



As datas e horarios das probas oficiais serán aprobados
pola Facultade e publicados para cada curso con anterioridade ao inicio do
mesmo.

 

Oportunidade de xullo



O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra
oportunidade en xullo, coa seguinte distribución de porcentaxes: 1) Proba obxectiva (40%); 2) Prácticas de laboratorio (20%); Tarefa/s teórico-práctica (40%). Os/as
alumnos/as que teñan superado algunha parte da materia, non terán que repetila en xullo.

 

Alumnado con dispensa



O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que
teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar coa
profesora ao comezo do cuatrimestre  para facer os axustes precisos
nas distintas actividades. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Collins, Beverley, and Inger Mees. Practical Phonetics and Phonology: A Resource Book for Students. London: Routledge, 2008.

Roach, Peter. English Phonetics and Phonology: A Practical Course. Cambridge: Cambridge University Press, 2000.

Wells, J. C. LongmanPronunciation Dictionary. Londres: Longman, any edition.

Bibliografía complementaria

Ashby, M.; J. Maidment. Introducing Phonetic Science. Cambridge: Cambridge University Press, 2005.

Baken, R. J. Clinical measurement of speech and voice. San Diego, CA: Singular Pub. Group, 1996.

Barry, W.J. and W. A. Van Dommelen  (eds.) The Integration of Phonetic Knowledge in Speech Technology, Dordrecht , Springer, 2005.

Bell, A. “Radio: The style of news language” Journal of Communication 32 (1982): 150-164.

Borden, G.J.; Harris, K.S.; Raphael, L.J. Speech Science Primer. Physiology, Acoustics, and Perception of Speech, Baltimore, Williams and Wilkins, 1994.

Brown, A. (Ed.) Teaching English Pronunciation: A Book of Readings. London: Routledge, 1991.

Cowie, R. and Cornelius, R.R. “Describing the emotional states that are expressed in speech.” Speech Communication Special Issue on Speech and Emotion, 40,1- 2(2003): 5-32.

Eckert, P. and J. Rickford (eds) Style and Sociolinguistic Variation. Cambridge: CUP, 2001.

Hart, J., Collier, R., and Cohen, A. A perceptual study of intonation. An experimental-phonetic approach to speech melody, Cambridge, Cambridge University Press, 1990.

Holmes, J. N. and Holmes, W. Speech Synthesis and Recognition. London, Taylor & Francis, 2001.

IPA. Handbook of the International Phonetic Asociation, Cambridge, Cambridge University Press, 1999.

Kent, R. D.; Read, Ch. The Acoustic Analysis of Speech, San Diego, Singular Publishing Group, Inc, 1992.

Kohler, K. J. (ed.). “Rhythm in Speech and Language. From Theory to Data”, Phonetica 66, 1-2 (2009).

Kuhl, P. K. “Early language acquisition.” Nature Reviews Neuroscience, 5, 2004: 831- 43.

Ladefoged, P. and Maddieson, I. The Sounds of the World's Languages. Blackwell, Oxford, 1996.

Leather, J. Phonological Issues in Second Language Learning. Oxford: Blackwell, 1999.

Lleó, C. La adquisición de la fonología de la primera lengua y de las lenguas extranjeras. Madrid: Visor, 1997.

Martínez Celdrán, E. Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, Barcelona, Ariel, 2007.

Moore, B.J.C. An Introduction to the Psychology of Hearing. Amsterdam. Academic Press, 2003.

Thomas, E. R. “Instrumental Phonetics”, en Chambers, J. K., Trudgill, P., Shilling-Estes, N. (eds.): The handbook of language variation and change. Malden, Ma: Blackwell, 2004.

Titze, I. Principles of Voice Production. Prentice Hall, 1994.

VVAA. “Disorders of speech and language.” In: Principles of Neurologiy. McGraw-Hill, New York, 2005.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingüística Xeral/613G03004
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase un bo manexo do inglés posto que se penalizarán os erros gramaticais, orde de palabras non inglesa e falta de concordancia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías