Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fonética da Lingua Inglesa Código 613G03023
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
luis.pcastelo@udc.es
Profesorado
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
luis.pcastelo@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral A materia pretende proporcionar aos estudantes conceptos lingüísticos básicos relacionados coa Fonética e a Fonoloxía e coas ferramentas necesarias para recoñecer e reproducir os sons do inglés. Para isto, daranse as descripcións dos sons que irán acompañadas de representacións grafémicas e transcripcións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
10. Coñecer os principios básicos do sistema auditivo tanto desde o punto de vista anatómico como funcional. A1
A11
B5
B8
5. Coñecer a estrutura, organización, e utilización dos símbolos do IPA. A1
A6
A15
A18
B1
B3
3. Coñecer os elementos que interveñen na fonación, a súa participación e misión na xénese da voz. A1
A11
B5
7. Describir e interpretar os mecanismos de articulación da fala, e a relación entre articulación e acústica. A1
A11
A14
A15
B5
B7
1. Coñecer e entender a terminoloxía básica da disciplina. A6
A11
B3
B4
B5
C2
4. Relacionar conceptos fonolóxicos abstractos co funcionamento do aparello fonador. A1
A11
A15
B2
B3
B5
B7
2. Manexar con habilidade as aplicacións de fonética tanto no ámbito do laboratorio como cara a posibles saídas profesionais, e para a vida en sociedade. A1
A6
A11
A14
A15
A18
B2
B3
B9
B10
C3
C7
11. Recoñecer o reflexo dalgunhas peculiaridades relevantes da prosodia e entoación do inglés. A6
A18
A19
A20
B2
B8
6. Transcribir correctamente fragmentos escritos e orais en inglés. A1
A6
A11
A15
A18
A19
A20
B3
B6
B7
C6
9. Aplicar a análise de espectrogramas mediante ferramentas de análises do son. A1
A11
A14
A15
B2
B5
B6
B7
C3
8. Coñecer e ser capaz de analizar os procesos de transmisión do son. A11
B5

Contidos
Temas Subtemas
1. A Fonética e a Fonoloxía como disciplinas lingüísticas 1.1. Concetos básicos e ferramentas. Definición e descrición
1.2. As tres ramas da fonética como disciplina
2. O aparello fonador 2.1. A anatomía da fala
2.2. A fisioloxía da fala
3. Os sons da fala e a súa representación gráfica
3.1. Vogais e consoantes: clasificación funcional e articulatoria
3.2. IPA e a súa representación. Clasificación dos sons
4. As consoantes do inglés: descrición e representación gráfica 4.1. Parámetros descritivos: modo de articulación, lugar de articulación e acción das cordas vocais.
4.2. Tipos de articulación: dobre articulación; articulación primaria e secundaria.
4.3. Alófonos consonánticos
5. As vogais do inglés: descripción e representación gráfica 5.1 Vogais. Parámetros descritivos
5.2 Diptongos e triptongos
5.3. Fenómenos relacionados
6. Sílabas, palabras e cadea falada 6.1. Sílaba: definición e estrutura
6.2. Fenómenos da cadea falada
7. Acento e entoación 7.1. Acento
7.2. Entoación
8. Fonética acústica 8.1. A realidade física do son. Onda sonora
8.2. Análise acústica dos sons da fala
8.3. Relación entre articulación e acústica
9. Fonética auditiva 9.1. O sistema de audición
9.2. Percepción dos sons da fala

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A11 A14 A15 B3 B4 B5 B9 B10 C7 21 30 51
Estudo de casos A1 A6 A11 A15 A18 A19 A20 B3 B6 B8 C6 12 13 25
Prácticas de laboratorio A1 A6 A15 A18 A19 A20 B2 B3 B7 B8 C2 C3 12 13 25
Solución de problemas A11 A14 A15 B2 B5 B6 B7 B9 B10 C2 C3 C7 6 14 20
Análise de fontes documentais A11 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B8 C6 0 5 5
Proba obxectiva A1 A6 A11 A14 A15 A18 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C2 0 18 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórica de conceptos básicos, con apoio de exemplos prácticos.
Estudo de casos Contidos e actividades de transcrición fonética en inglés.
Prácticas de laboratorio As actividades centraranse en mellorar a capacidade do alumnado para identificar e transcribir os diferentes sons da lingua inglesa.
Solución de problemas As actividades que se realizarán centraranse en poñer en práctica os contidos teóricos da materia para facer un seguimento da aprendizaxe así como á resolución de problemas.
Análise de fontes documentais Análise de fontes primarias e secundarias.
Proba obxectiva A proba obxectiva combinará cuestións teóricas e prácticas sobre a fonética e fonoloxía inglesas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
O alumnado contará coa atención do profesorado do curso nas horas de titorías, a través da plataforma virtual Moodle e a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A6 A11 A15 A18 A19 A20 B3 B6 B8 C6 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas de transcrición fonética (desde textos escritos e orais) ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total destas tarefas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 30
Proba obxectiva A1 A6 A11 A14 A15 A18 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C2 O alumnado deberá facer un exame final na data oficial de xaneiro. A nota mínima para esta proba non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 50
Solución de problemas A11 A14 A15 B2 B5 B6 B7 B9 B10 C2 C3 C7 O alumnado deberá completar unha serie de tarefas teórico-prácticas ao longo do cuatrimestre. A nota mínima total das tarefas teórico-prácticas non poderá ser inferior a 4 (sobre 10) para ter opción de superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.


  • Superación da materia

 Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as
seguintes dúas condicións:

A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.

B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba obxectiva", "estudo de casos" e "solución de problemas".

No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o
estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.



  • Entrega de traballos:

Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra
de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán
cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar
programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez
académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de
acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos
10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.

  • Cualificación de Non Presentado (NP):

Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado
deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin as probas finais de transcrición (Estudo de Casos)
  • Corrección Lingüística:

Tanto a proba obxectiva como as tarefas teórico-prácticas deben atender os requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área serán penalizadas.


  • OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade
terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das
diferentes actividades de avaliación mais na que os traballos de Estudo de Casos e Solución de Problemas serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da
materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán
ser repetidas na oportunidade de xullo. 


  • DISPENSA ACADÉMICA:



O estudantado con dispensa académica oficialmente
recoñecida será avaliado segundo as indicacións para a oportunidade de
xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións
dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta
situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña
coñecemento da mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica

Collins, Beverley, and Inger Mees. Practical Phonetics and Phonology: A Resource Book for Students. London: Routledge, 2008.

Gimson, A. C. An Introduction to the pronunciation of English. London: Edward Arnold, 1989 (4th ed.). 

Roach, Peter. English Phonetics and Phonology: A Practical Course. Cambridge: Cambridge University Press, 2000.

Wells, J. C. LongmanPronunciation Dictionary. Londres: Longman, any edition.

Bibliografía complementaria

Ashby, M.; J. Maidment. Introducing Phonetic Science. Cambridge: Cambridge University Press, 2005.

Baken, R. J. Clinical measurement of speech and voice. San Diego, CA: Singular Pub. Group, 1996.

Barry, W.J. and W. A. Van Dommelen  (eds.) The Integration of Phonetic Knowledge in Speech Technology, Dordrecht , Springer, 2005.

Bell, A. “Radio: The style of news language” Journal of Communication 32 (1982): 150-164.

Borden, G.J.; Harris, K.S.; Raphael, L.J. Speech Science Primer. Physiology, Acoustics, and Perception of Speech, Baltimore, Williams and Wilkins, 1994.

Brown, A. (Ed.) Teaching English Pronunciation: A Book of Readings. London: Routledge, 1991.

Cowie, R. and Cornelius, R.R. “Describing the emotional states that are expressed in speech.” Speech Communication Special Issue on Speech and Emotion, 40,1- 2(2003): 5-32.

Eckert, P. and J. Rickford (eds) Style and Sociolinguistic Variation. Cambridge: CUP, 2001.

Hart, J., Collier, R., and Cohen, A. A perceptual study of intonation. An experimental-phonetic approach to speech melody, Cambridge, Cambridge University Press, 1990.

Holmes, J. N. and Holmes, W. Speech Synthesis and Recognition. London, Taylor & Francis, 2001.

IPA. Handbook of the International Phonetic Asociation, Cambridge, Cambridge University Press, 1999.

Kent, R. D.; Read, Ch. The Acoustic Analysis of Speech, San Diego, Singular Publishing Group, Inc, 1992.

Kohler, K. J. (ed.). “Rhythm in Speech and Language. From Theory to Data”, Phonetica 66, 1-2 (2009).

Kuhl, P. K. “Early language acquisition.” Nature Reviews Neuroscience, 5, 2004: 831- 43.

Ladefoged, P. and Maddieson, I. The Sounds of the World's Languages. Blackwell, Oxford, 1996.

Leather, J. Phonological Issues in Second Language Learning. Oxford: Blackwell, 1999.

Lleó, C. La adquisición de la fonología de la primera lengua y de las lenguas extranjeras. Madrid: Visor, 1997.

Martínez Celdrán, E. Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, Barcelona, Ariel, 2007.

Moore, B.J.C. An Introduction to the Psychology of Hearing. Amsterdam. Academic Press, 2003.

Thomas, E. R. “Instrumental Phonetics”, en Chambers, J. K., Trudgill, P., Shilling-Estes, N. (eds.): The handbook of language variation and change. Malden, Ma: Blackwell, 2004.

Titze, I. Principles of Voice Production. Prentice Hall, 1994.

VVAA. “Disorders of speech and language.” In: Principles of Neurologiy. McGraw-Hill, New York, 2005.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingüística Xeral/613G03004
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase un bo manexo do inglés posto que se penalizarán os erros gramaticais, orde de palabras non inglesa e falta de concordancia.

  • Medidas de apoio á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

  • Medidas de apoio á igualdade

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías