Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Gramática Inglesa Código 613G03025
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Vázquez Novo, Vanesa
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
vanesa.vazquez.novo@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Introdución ao estudo morfosintáctico das unidades léxicas e gramaticais da lingua inglesa fundamentalmente desde o punto de vista descriptivo aínda que tamén se abordará a súa práctica en uso a nivel avanzado.
Nivel de competencia lingüística que se espera alcanzar: C1

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar a gramática da lingua inglesa. A18
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. A1
B1
B2
B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B5
B10
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B2
B3
B6
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A11
B7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Obxectivos do curso
1.2. Aproximacións descriptivas e prescriptivas ao estudo da lingua inglesa
1.3. Erros básicos
1.4. Gramática e estilo
2. Conceptos básicos 2.1. Niveis de análise. A xerarquía de unidades gramaticais
2.2. A diferenza entre categoría e función
2.3. Terminoloxía básica
3. Descrición das unidades gramaticais 3.1 A frase verbal: tipos, estrutura, tempo, aspecto, modo e tipos de verbos.
3.2 A frase nominal: estrutura e elementos. O caso xenitivo. Xénero e número. Pronomes.
3.3. Frases adxectivales e adverbiais: características, diferenzas, estrutura e funcións.
3.4. Preposicións e conxuncións.
4. A cláusula 4.1. Tipos de cláusula
4.2. Cláusulas canónicas e non canónicas
4.3. Organización da información na cláusula
5. Procesos de formación de palabras 5.1 Derivación
5.2 Composición
5.3 Conversión o derivación cero
5.4 Outros procesos
6. Introdución á lingüística de corpus 6.1. Principios básicos
6.2. Creación dun corpus

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 B5 19 19 38
Lecturas B1 B3 B6 0 8 8
Obradoiro A11 A18 B4 B6 C3 20 20 40
Traballos tutelados A18 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C8 0 20 20
Presentación oral A18 B2 B4 B5 B6 C3 3 8 11
Proba mixta A1 A11 A18 B1 B5 B6 3 20 23
Aprendizaxe colaborativa B1 B6 B10 C3 1 0 1
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Docencia expositiva por parte do profesor requerindo, en ocasións, a participación do alumnado para desenvolver certos temas.
Lecturas Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contados da materia
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en grupo pequeno na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso.
Presentación oral Consistirá na exposición oral do traballo tutelado ou de parte del. Se o traballo se fai en grupo o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo
Proba mixta Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso).
Aprendizaxe colaborativa Realización de tarefas prácticas en grupo ou do traballo tutelado baixo a titorización e supervisión do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Para a realización do traballo tutelado e a presentación oral é fundamental que o estudantado informe á profesora ao longo do cuadrimestre dos avances que vai facendo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C8 Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 15
Presentación oral A18 B2 B4 B5 B6 C3 Levarase a cabo unha presentación oral sobre un tema de gramática a elección do alumnado na que ademáis dos contidos e a orixinalidade, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 15
Proba mixta A1 A11 A18 B1 B5 B6 Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
Obradoiro A11 A18 B4 B6 C3 Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado, a presentación oral
e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e
exposición oral do mesmo/proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. 

Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

A participación dinámica extraordinaria nas diferentes
tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o
alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na
nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou
calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado
e aceptada polo profesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AS DATAS DO TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL E PROBA MIXTA serán anunciadas con moita anticipación.









OPORTUNIDADE DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas según a seguinte distribución de porcentaxes:  entrega dun traballo tutelado (corpus) (15%), exposición oral (15%), entrega de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

 

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade
: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.


Fontes de información
Bibliografía básica Greenbaum, S. & Quirk, R (1990). A Student's Grammar of the English Language. Longman
Huddleston, R. & G.K. Pullum. (2005). A Student’s Introduction to English Grammar.. Cambridge University Press
Downing, A. & P. Locke (1992). A University Course in English Grammar.. Prentice Hall.
Depraetere, I., & Langford, C. (2012 ). Advanced English grammar: a linguistic approach. . London; New York: Continuum International Pub.
Hewings, M. (1999). Advanced Grammar in use.. Cambridge University Press
Halliday, M.A.K. (1985). An Introduction to Functional Grammar. Edward Arnold
Carter, R. & M. McCarthy. (2006). Cambridge Grammar of English.. Cambridge University Press
Bauer, L. (1991). English word-formation. Cambridge University Press
Huddleston, R. (1984). Introduction to the Grammar of English. . Cambridge University Press
Biber, D. et al (1999). Longman Grammar of the English Language.. Longman
Heynen, Bastian. (2010). Recent Trends in English Word Formation.. Grin Verlag.
Plag, I. (2003). Word-Formation in English. . Cambridge University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística Xeral/613G03004
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Cuestións de Lingua Inglesa/613G03031

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa e os seus Usos 2/613G03037

Observacións

A good command of English (C1 level) is compulsory to pass this course.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías