Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Literatura Poscolonial Código 613G03026
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Frias Rudolphi, Maria
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
maria.frias@udc.es
begona.simal@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=28956&lang=en
Descrición xeral Estudo das principais etapas, autores/as e obras da literatura en lingua inglesa escrita en África, América, Asia e Oceanía. Introducción socio-histórica ao mundo colonial e poscolonial no ámbito anglófono. Estudo das claves teóricas da crítica poscolonial do século XX e das novas escolas críticas como os Diaspora and Transnational Studies e máis aplicar as devanditas ferramentas críticas a unha selección de textos literarios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países de África, América, Asia, e máis as diásporas asiáticas e africanas. A1
A7
A16
B5
B8
C2
C4
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. A16
A17
B1
B5
B7
B8
C2
C4
Coñecer e aplicar os métodos de análise literaria, prestando especial atención ao enfoque da teoría e crítica poscoloniais. A1
A2
A3
A11
A15
B1
B2
B3
B6
B7
B8
C2
C4
C6
C7
Elaborar documentos escritos, maioritariamente ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e levar a cabo exposicións e intervencións en lingua inglesa, con corrección e coherencia. A6
A9
B1
B3
B5
B7
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Contextos e crítica poscoloniais I: África e a súa diáspora. 1.1.- Países anglófonos coloniais e poscoloniais (I): unha introdución socio-histórica.
1.2.- Conceptos clave na crítica e a teoría poscolonial (I): identidade nacional, cultural e lingüística; temas de xénero.

2. Literaturas poscoloniais en inglés I: África e a súa diáspora. 2.1. Literaturas poscoloniais en África: Achebe, Nwapa, Darko, Adichie.
2.2. Literaturas poscoloniais no Caribe (Indias Occidentais): Edwidge Danticat, jean “Binta” Breeze, Louise Bennet, Jamaica Kincaid, Bob Marley.
2.3. Literaturas poscoloniais na Diáspora Africana (Reino Unido y Canadá): Grace Nichols, Jackie Kay, Olive Senior, Linton Kwesi Johnson, James Berry.
3. Sobre os temas e subtemas máis recurrentes nas literaturas postcoloniais. 3.1. A viaxe física e psicolóxica.
3.2. Crise de identidade (desarraigo e traumas de aculturación).
3.3. ¿Qué elixir?: Ficar, marchar ou volver á “casa”.
3.4. A contraposición dos discursos LGBTi en escritores e máis escritoras.
4. Contextos e crítica poscoloniais II. 4.1 Países anglófonos coloniais e poscoloniais (II): unha introdución socio-histórica.
4.2 Conceptos clave na crítica e a teoría poscolonial (II): cara aos estudos transnacionais e diaspóricos.
5. Literaturas poscoloniais en inglés II: Canadá, Asia e as novas diásporas. 5.1.- Literaturas poscoloniais en América: Canadá (textos de Atwood, Munro, King, etc.).
5.2.- Literaturas poscoloniais en Asia: subcontinente indio (textos de Rushdie, Divakaruni...)
5.3.- Conceptos clave nos estudos transnacionais e diaspóricos: globalización, neocolonialismo, cosmopolitanismo (textos de Bobis, Desai, Divakaruni)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A6 C2 3 42 45
Sesión maxistral A3 A7 A16 A17 B5 C2 10 0 10
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 12 12 24
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 6 24 30
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 2 24 26
Solución de problemas A2 A11 A15 B1 B5 B7 C6 C7 5 5 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os DOUS textos longos de obrigada lectura que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os de outras universidades.
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR).
Proba de ensaio Estas probas ou exercicios de clase consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase.
Proba mixta Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions).
Solución de problemas Este tipo de metodoloxía atenderá ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Como corresponde ao tipo de avaliación continua que caracteriza a esta materia, cada estudante ou grupo reducido de estudantes precisará dunha orientación persoalizada, nomeadamente no que se refire á comprensión dos textos e conceptos, e no que atinxe á súa participación en clase e á elaboración de exercicios escritos. A devandita orientación se desenvolverá ben nas TGR (Titorías de Grupo Reducido), ben nas titorías semanais, onde tamén se atenderán dúbidas e problemas puntuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 Nestas actividades o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas; daquela, valorarase a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. Este apartado da avaliación terá en conta as actividades individuais e grupais desenvolvidas fundamentalmente nas aulas, prestando especial atención á actitude colaborativa e participativa do/a estudante. 10
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas nestos ensaios. Na avaliación destas probas escritas, terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. 50
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das
distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o
5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a
estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de
avaliación. So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da
avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis
terán que realizar esas probas en xullo. A participación
dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de
"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre,
poderá supoñer ata un 5% extra na nota
final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera
outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos.

ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es
estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha
dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta
universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a segunda oportunidade (xullo). 

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña
realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación
acadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante ao exame final de xuño), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.











Fontes de información
Bibliografía básica ACHEBE, Chinua (1958 [2001]). Things Fall Apart (novel). London: Penguin
ZEPHANIAH, Benjamin (). "A Slave Song" (poem).
SENIOR, Olive (). "Colonial Girls School" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=14910
BENNET, Louise (2008). "Colonization in Reverse". http://www.thenewblackmagazine.com/view.aspx?index=1377
SELVONS, Samuel (1988). "London Taxi Driver" (poem).
BERRY, James (1982). "Lucy's Letters" (poem). London: New Beacon.
KINCAID, Jamaica (1988). "Small Place" (essay). New York: Farrar
ADICHIE, Chimamanda Ngozi (2009). "The Arrangers of Marriage" (short story). London: Fourth State.
BREEZE, Jean "Binta" (2001). "The Arrival of Brighteye". http://www.youtube.com/watch?v=Oylxi-pPPwM
NICHOLS, Grace (1984). "The Fat Black Woman Goes Shopping" (poem). London: Virago.
KAY, Jackie (). "Things Fall Apart" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=5682
DARKO, Amma (1991). Beyond the Horizon (novel OPTIONAL). London: Heinemann
RUSHDIE, Salman (1980). Midnight's Children (Book One: MANDATORY; rest of the novel: OPTIONAL). London: Penguin.
ATWOOD, Margaret (). Selected poetry (from The Journals of Susanna Moodie) and fiction (from The Handmaid's Tale).
MUNRO, Alice (). Selected stories.
KING, Thomas (1999). Selected stories (FROM One Good Story That One).
ATTA, Sefi (2010). Swallow (novel, OPTIONAL). Northampton: Interlink.
DIVAKARUNI, Chitra B. (1995). “Doors” (short story). Arranged Marriage
BOBIS, Merlinda (1999). “The Long Siesta as a Language Primer” (short story). The Kissing / White Turtle
DESAI, Anita (2000). “Winterscape” (short story). Diamond Dust

Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión.

Bibliografía complementaria McLeod, John (2010). Beginning Postcolonialism, 2nd ed.. Manchester UP
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Steger, Manfred (2013). Globalization: A Very Short Introduction. Oxford UP
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Wawrzinek, Jennifer and J.K.S. Makokha (2011). Negotiating Afropolitanism: Essays on Borders and Spaces in Contemporary African Literature and Folklore. Rodopi
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007/2013). Postcolonial Studies: The Key Concepts. 2nd/3rd edition.. Routledge
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge

Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin (identificador ou sinatura da biblioteca UDC: L2-4120), como libro de consulta xeral (especialmente na sua segunda ou terceira edición), ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005
Literatura Inglesa 1/613G03010
Literatura Inglesa 2/613G03017
Lingua Inglesa 4/613G03019
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020
Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032

Materias que continúan o temario
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032
Traballo Fin de Grao/613G03041

Observacións

Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías