Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Poscolonial Código 613G03026
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Frias Rudolphi, Maria
Correo electrónico
maria.frias@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Frias Rudolphi, Maria
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
maria.frias@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=28956&lang=en
Descrición xeral Esta materia aportará unha visión panorámica dos/das autores/as de países que foron colonias do imperio británico, así como das diásporas destes países. Tamén se estudará o contexto socio-histórico destas literaturas coloniais e poscoloniais anglófonas.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países que foron antiguas colonias do imperio británico, así como das súas diásporas. A1
A7
A16
B5
B8
C2
C4
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. A16
A17
B1
B5
B7
B8
C2
C4
Ler e analizar textos dende unha perspectiva crítica e / ou poscolonial. A1
A2
A3
A11
A15
B1
B2
B3
B6
B7
B8
C2
C4
C6
C7
Ser capaces de elaborar ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e preparar e facer exposicións orais coherentes en lingua inglesa. A6
A9
B1
B3
B5
B7
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución: contextos coloniais. 1.1. O imperialismo británico: introdución socio-histórica.
1.2. O discurso colonial. Orientalismo.
Lecturas: Rudyard Kipling, “White Man’s Burden” e Henry Lawson, “The Drover’s Wife”

2. Descolonización e poscolonialismo. 2.1. Descolonizando a mente.
2.2. Literaturas e crítica poscolonial. Estereotipos e opostos maniqueos.
Lecturas: Chinua Achebe, Things Fall Apart e Chimamanda Ngozi Adichie, “The Danger of a Single Story”
3. Resistindo a descolonización. 3.1. Sudáfrica: de colonia de asentamento á era pos-apartheid.
3.2. Australia poscolonial (?): a xeración roubada.
Lecturas: Nadine Gordimer, “Country Lovers” e fragmentos de Sally Morgan, My Place
4. Axencia poscolonial. 4.1. Hibridismo e terceiros espazos.
4.2. "Ritos de paso" e liminalidade.
4.3. "Pode o subalterno falar?"
Lectura: fragmento de David Malouf, Remembering Babylon
5. Diásporas, migracións e contextos transnacionais. 5.1. Aínda, o comercio triangular da escravitude.
5.2. Afropolitanismo.
5.3. Globalización, neocolonialismo e cosmopolitanismo.
Lecturas: Amma Darko, Beyond the Horizon, fragmentos de Jamal Mahjoub, Travelling with Djinns, Jamaica Kincaid,“A Small Place” e Merlinda Bobis, “The Long Siesta as a Language Primer”

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A6 A15 B7 C2 7 14 21
Sesión maxistral A3 A7 A16 A17 B5 C2 19 25 44
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 14 14 28
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 2 24 26
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 2 24 26
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O alumnado debe leer o material asignado ANTES das clases. O calendario detallado das lecturas darase a coñecer a principios do cuadrimestre.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións as docentes explicarán a) o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos e autores/as a analizar, b) conceptos teóricos dos estudos poscoloniais, c) pautas para analizar críticamente e para facer un uso axeitado das teorías poscoloniais.
Discusión dirixida Animarase ao alumnado a debatir e expresar a súa opinión, tanto de forma oral como escrita. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR).
Proba de ensaio O alumnado redactará dous ensaios (un a mediados do cuadrimestre e o outro cara ó final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos.
Proba mixta Este tipo de proba valorará a capacidade do/a estudante para comprender e aproximarse a un texto literario de xeito crítico por medio de preguntas sobre os textos analizados no curso. Ademais, o alumnado deberá demostrar que comprenden os principais temas e conceptos teóricos do poscolonialismo, e que os poden aplicar ao estudo de textos literarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
As profesoras axudarán ao alumnado a resolver dúbidas sobre os textos e conceptos discutidos na clase de xeito individual e en grupos pequenos. Tamén están ao dispor do alumnado para orientar sobre calquera aspecto do curso durante o horario semanal de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 Valoraranse actividades feitas na clase (individuais e en grupo, orais e escritas), que poden incluír, entre outras, respostas ás lecturas asignadas, resumos, análises, aportacións aos debates e discusións de clase. 20
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 Cada estudante redactará dous textos escritos (un a mediados do cuadrimestre, o outro cara o final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos. (As datas especificaranse ao principio do cuadrimestre). Na valoración destas probas valorarase en particular a capacidade do/a estudante para a comprensión crítica dos textos e conceptos vistos na clase así como a súa competencia lingüística en inglés. 40
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 O exame final poderá incluír preguntas breves (ex., identificación /análise de citas, definicións de termos clave, etc.), así como preguntas máis longas e complexas. 40
 
Observacións avaliación

• Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final. 

• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións:

1) un exame escrito similar ao final de xuño (40%);
2) un ensaio crítico (40%);
3) preguntas escritas adicionais que substituirán a sección “Discusión dirixida” da primeira oportunidade (20%).

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de email adi@udc.es.

Fontes de información
Bibliografía básica ACHEBE, Chinua (1958 [2001]). Things Fall Apart (novel). London: Penguin
SENIOR, Olive (). "Colonial Girls School" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=14910
BENNET, Louise (2008). "Colonization in Reverse" (poem). http://www.thenewblackmagazine.com/view.aspx?index=1377
GORDIMER, Nadine (1975). "Country Lovers" (short story). http://data0.eklablog.com/we-love-reading/perso/la%20rencontre%20avec%20lautre/country%20lovers.pdf
KINCAID, Jamaica (1988). "Small Place" (essay). New York: Farrar
ADICHIE, Chimamanda Ngozi (2009). "The Arrangers of Marriage" (short story). London: Fourth State.
BREEZE, Jean "Binta" (2001). "The Arrival of Brighteye" (poem). http://www.youtube.com/watch?v=Oylxi-pPPwM
LAWSON, Henry (1892). "The Drover's Wife" (short story). https://ebooks.adelaide.edu.au/l/lawson/henry/while_the_billy_boils/book2.1.html
NICHOLS, Grace (1984). "The Fat Black Woman Goes Shopping" (poem). London: Virago.
KIPLING, Rudyard (1899). "The White Man's Burden" (poem). http://www.kiplingsociety.co.uk/poems_burden.htm
KAY, Jackie (). "Things Fall Apart" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=5682
DARKO, Amma (1991). Beyond the Horizon (novel). London: Heinemann
MORGAN, Sally (1982). My Place (novel). London: Virago.
MAHJOUB, Jamal (2004). Travelling with Djinns (novel). Vintage RAND
BOBIS, Merlinda (1999). “The Long Siesta as a Language Primer" (short story). North Melbourne: Spinifex Press

Bibliografía complementaria McLeod, John (2010). Beginning Postcolonialism, 2nd ed.. Manchester UP
Clarke, Ayebia (2005). Broadening the Horizon: Critical Introductions to Amma Darko. Banbury, UK
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Young, Robert J.C. (1995). Colonial Desire: Hybridity in Theory, Culture and Race.
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Steger, Manfred (2013). Globalization: A Very Short Introduction. Oxford UP
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Raiford, Leigh and Heike R-Hernandez (2017). Migrating the Black Body. The African Diaspora and Visual Culture. Seattle: U of Washington
Wawrzinek, Jennifer and J.K.S. Makokha (2011). Negotiating Afropolitanism: Essays on Borders and Spaces in Contemporary African Literature and Folklore. Rodopi
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007/2013). Postcolonial Studies: The Key Concepts. 2nd/3rd edition.. Routledge
Ramone, Jenni (2011). Postcolonial Theories. New York: Palgrave
Gadsby, Meredith (2006). Sucking Salt: Caribbean Women Writers, Migration, and Survival. . Columbia:U of Missouri
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge
Donnell, Alison (2006). Twentieth-Century Caribbean Literature: Critical Moments in Anglophone Literary History. London: Routledge

Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin (identificador ou sinatura da biblioteca UDC: L2-4120), como libro de consulta xeral (especialmente na sua segunda ou terceira edición), ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005
Literatura Inglesa 1/613G03010
Literatura Inglesa 2/613G03017
Lingua Inglesa 4/613G03019
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020
Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032

Materias que continúan o temario
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032
Traballo Fin de Grao/613G03041

Observacións

Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías