Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Inglés Científico-Técnico Código 613G03028
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lyons , Aoileann Judith
Correo electrónico
aoileann.lyons@udc.es
Profesorado
Lyons , Aoileann Judith
Correo electrónico
aoileann.lyons@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo de textos en lingua inglesa de diferentes ámbitos da ciencia e a tecnoloxía
Consolidación de competencias C1.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A16 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica. Dominio instrumental da lingua. A2
A6
A20
B1
C6
C8
Ser críticos e capaces de resolver problemas A1
B8
B9
C6
Expresarse en idioma estranxeiro. Valorar a importancia da aprendizaxe e a innovación tecnolóxica A6
A18
B2
B3
B6
B7
C3
Coñecemento avanzado da lingua inglesa, oral e escrita A6
A9
A11
A12
A16
A18
B4

Contidos
Temas Subtemas
1. Características do discurso especializado: ESP e EST 1.1. Trazos xerais
1.2. Características gramaticais: morfoloxía e sintaxe
1.3. Características léxicas: vocabulario específico
1.4. Características textuais: coherencia e cohesión
2. Redacción científica 2.1. Paráfrase
2.2. Resumos
2.3. Sistema de citación
3. Textos científicos e técnicos de diversos tipos 3.1. Comprensión lectora
3.2. Comprensión auditiva
3.3. Tradución
4. Presentación oral de temas científicos ou técnicos 4.1. Divulgación científica
4.2. Estratexias de comunicación efectiva

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A6 A9 A11 A12 A16 A18 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C6 C8 14 25 39
Seminario A1 A2 A6 A11 A18 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C3 C6 7 15 22
Presentación oral A6 A9 A12 A18 B2 B3 B4 B7 B9 4 20 24
Proba mixta A1 A2 A11 A12 A18 B1 B2 B3 B7 B9 C6 2 0 2
Portafolios do alumno A1 A2 A6 A9 A11 A12 A16 A18 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C6 C8 4.5 20 24.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases sobre gramática, léxico e organización do discurso científico-técnico
Seminario Realización, discusión e corrección de actividades relacionadas con diversos aspectos do inglés científico-técnico
Presentación oral Exposición oral dun tema científico de modo divulgativo
Proba mixta Exame final na data oficial no que o alumnado amosará o seu coñecemento dos contidos do curso e o seu dominio das destrezas estudadas e practicadas.
Portafolios do alumno Glosario e exercicios relacionados coa elaboración, organización, comprensión e tradución do discurso técnico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A11 A12 A18 B1 B2 B3 B7 B9 C6 Selección de exercicios similares aos realizados durante o curso para avaliar o aprendido. 50
Presentación oral A6 A9 A12 A18 B2 B3 B4 B7 B9 Exposición oral sobre un tema científico 25
Portafolios do alumno A1 A2 A6 A9 A11 A12 A16 A18 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C6 C8 Glosario e tarefas presenciais 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma da proba mixta final, a presentación oral e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima proba mixta final deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).

Os/as alumnos/as que non se presenten o día da proba de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron a presentación oral ou o portafolios.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 na proba mixta (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (50%), presentación oral (25%) e tarefa equivalente ao portafolios (25%). Se publicarán instrucións específicas para esta oportunidade ao rematar o cuadrimestre.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo.

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Zabielska, Magdalena, ed. lit.; Wasikiewicz-Firlej, Emilia, ed.; Szczepaniak-Kozak, Anna, ed. (2015). Discourses in Co(n)text: The Many Faces of Specialised Discourse.. Cambridge: Cambridge Scholars Publishing
Webber, Martin (1985). Elementary technical English. Nelson
Luttikhuizen, Frances M. (2001). English for specific academic purposes health sciences. Barcelona : Edicions Universitat de Barcelona
García Mayo, Pilar (2000). English for specific purposes discourse analysis and course design. Universidad del País Vasco
Wellman, Guy (1989). English Wordbuilder: Vocabulary Development and Practice for Higher-level Students. Oxford: Heinemann
Vaclavik, Jaroslav (1989). Scientific and technical English. Verlag der Fachvereine an den schweizerischen Hochschulen und Techniken
Brieger, Nick and Alison Pohl (2007). Technical English Vocabulary and Grammar. Summertown Publishing
Paltridge, Brian; Starfield, Barbara (2013). The handbook of English for specific purposes. Boston: Wiley-Blackwell

Bibliografía complementaria

Collazo, J.L. 1980. Diccionario Enciclopédico de Términos Técnicos Inglés Español Español Inglés (3Vol.). New York: McGraw and Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías