Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Filosofía e Literatura Código 613G03030
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página web de Fac. de Filología)
Descrición xeral Filosofía e Literatura é unha materia cuxo obxectivo esencial é o de proporcionar, no marco dos estudios literarios, un enfoque específicamente filosófico da creación literaria. Pretende, polo tanto, que o alumno complemente desde unha perspectiva distinta (a que proporcionan os conceptos e teorías filosóficos) a súa visión do feito literario. Por unha banda, aborda como a filosofía ten tematizado a diversidade de xéneros literarios (centrándose en tres deles: ensaio, poesía e narrativa); pola outra, propón exercicios hermenéuticos (é dicir, interpretativos) de textos literarios desde un punto de vista filosófico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Incorporar á comprensión dos textos literarios unha problemática filosófica, recoñecéndoa como algo implícito naqueles e desenvolvéndoa nas súas principais dimensións (ontolóxica, gnoseolóxica e filosófico-práctica, é dicir: concepción da realidade, do coñecemento e do home como axente moral e político) Esa ampliación do horizonte de comprensión da escrita literaria redundará no enriquecemento da súa interpretación e aproveitamento. Con elo, a materia Filosofía e Literatura contribúe a consolidar competencias de orde cognitiva, destrezas e metodoloxías, e orientacións para a práctica vital e profesional. A1
A2
A9
A10
A11
A14
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C1
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Literatura e filosofía: introducción 1.1. Caracterización do saber filosófico
1.2. Un modelo do feito literario
2. Perspectiva filosófica sobre os xéneros literarios 2.1. O ensaio desde o punto de vista filosófico
2.2. A narrativa desde o punto de vista filosófico
2.3. A poesía desde o punto de vista filosófico
3. Exercicios hermenéuticos sobre textos literarios 3.1. Lectura, análise e comentario de "Fuga de morte" de Paul Celan
3.2. Lectura, análise e comentario de "Antígona" de Sófocles
3.3. Lectura, análise e comentario do Libro de Job

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Recensión bilbiográfica A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 1 15 16
Seminario A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 C7 C8 14.5 27 41.5
Proba mixta A1 A2 A9 A10 A11 A14 B3 B5 B6 B7 C1 C4 2 25 27
Sesión maxistral A1 A2 A10 A11 A14 A15 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 15 7 22
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Recensión bilbiográfica Trátase de elaborar un breve traballo sobre un texto literario (sexa cal sexa a súa extensión: un poema; un conto; unha novela; unha peza teatral...) elexido polo alumno e que este debe abordar desde unha perspectiva filosófica. O traballo incluirá: unha presentación do texto elexido (autor; xénero; breve descripción), a xustificación da súa elección (conexión con algunha/s das tres grandes partes da filosofía: ontoloxía, teoría do coñecemento e filosofía práctica), a análise do seu contido desde a perspectiva filosófica adoptada e unha valoración persoal.
Seminario O traballo do seminario analizará a significación filosófica da literatura, mediante a posta en común, análise e discusión de textos seleccionados para abordar os núcleos temáticos dos contidos. Constituirá, xunto coa sesión maxistral, o momento central do traballo na aula.
O seminario presupón dúas tarefas fóra da aula para o alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos propostos. Por outra, o comentario posterior de fragmentos extraídos de ditos textos. Propoñeranse ó alumno dous grupos de tres fragmentos cada un (o primeiro grupo corresponderá ó segundo bloque dos contidos; o segundo grupo, ó terceiro bloque); cada alumno seleccionará un fragmento de cada un dos grupos e entregará, polo tanto, un total de dous comentarios.
Proba mixta Incluirá, por unha banda, unha cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, elexido polo alumno entre varias obras propostas polo profesor. Na proba mixta proporase ó alumno un fragmento de dito libro que ilustre un tema do mesmo. Por outra banda, o alumno terá que comentar un fragmento extraído dun dos textos traballados en seminario e respostar a unha cuestión teórica das abordadas na materia, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de seminario.
Sesión maxistral A sesión maxistral irá dirixida a introducir cada un dos temas abordados e a establecer o contexto teórico no que o alumno deberá, durante a lectura, insertar o texto obxecto de análise nas sesións de seminario. Ofrecerá, polo tanto, elementos relevantes para unha axeitada comprensión dos textos. Nalgúns casos recurrirá a documentos audiovisuais breves que contribúan a unha axeitada situación da problemática abordada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Recensión bilbiográfica
Proba mixta
Sesión maxistral
Descrición
As dúbidas e cuestións que poidan prantexárselle ó alumno resolveranse puntualmente na aula e, no caso de requerir máis tempo, atenderanse no horario de titorías, sinalado no taboleiro do despacho do profesor. Tamén poderán facerse consultas a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación do traballo realizado polo alumno nas sesións de seminario realizarase atendendo tanto á cualificación dos dous comentarios como á participación do alumno no traballo colectivo da aula. Cada comentario poderá obter unha cualificación máxima de 1 pto.; en canto á participación individual do alumno nas sesións de seminario poderá ser calificada ata un máximo de 1 pto. 30
Recensión bilbiográfica A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 As características do traballo individual xa foron establecidas no apartado de Metodoloxías. Na avaliación do mesmo terase en conta a orixinalidade e pertinencia do enfoque (o texto literario elexido haberá de ser axeitado para unha lectura filosófica), o desenvolvemento argumentativo, a claridade e rigor da expresión, así coma a xustificación argumentada da valoración persoal. 20
Proba mixta A1 A2 A9 A10 A11 A14 B3 B5 B6 B7 C1 C4 Constará de tres apartados:
a) Cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, acompañada dun fragmento do mesmo. Cualificación máxima.- 1.5 ptos. (Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba lo libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.)
b) Comentario dun fragmento extraído dos textos de lectura. Cualificación máxima. 1.75 ptos.
c) Resposta a unha cuestión teórica dos contidos desenvolvidos na materia. Cualificación máxima.- 1.75 ptos.
50
Sesión maxistral A1 A2 A10 A11 A14 A15 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sexións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno haberá de demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. 0
 
Observacións avaliación

A cualificación máxima da Proba Mixta, que representa o 50 % da cualificación total da materia, será de 5 ptos. Para superar a materia, a puntuación obtida na proba mixta non poderá ser inferior a 4 ptos. (sobre 10 ou, o que ven ser o mesmo, a 2 ptos. sobre os 5 que representan a cualificación máxima que pode obterse neste apartado da avaliación). O 50 % restante distribúese do seguinte xeito: un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde á "Recensión bibliográfica", é dicir, ó traballo individual realizado polo alumno; un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde ós dous comentarios que, sobre fragmentos traballados nos bloques 2º e 3º, o alumno haberá de elaborar (cada un deles recibirá, polo tanto, unha cualificación máxima de 1 pto.); un 10 % (cualificación máxima: 1 pto.) valorará a asistencia e participación do alumno durante as sesións presenciais.

Considerarase non presentado o alumno que non realice a Proba Mixta e, asemade, teña entregado menos do 50 % das actividades do curso.

Se o alumno non supera a materia na primeira oportunidad, terá que demostrar na segunda (Xullo) que foi quen de acadar a puntuación mínima (a metade da máxima) en aquelas partes da avaliación onde non o tivese logrado. Respecto ás restantes, manteñen a súa vixencia as cualificacións parciais obtidas na primeira oportunidade; cunha salvedade: o punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na cualifiación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).

O alumnado matriculado a tempo parcial e que tivese obtido unha dispensa académica deberá poñerse en contacto co profesor da materia, ó comenzo do curso, con vistas a planificar os axustes pertinentes, tida en conta a situación particular do alumno, na súa cualificación. En calqueira caso, o alumno deberá realizar a Proba Mixta, a Recensión bibliográfica e os comentarios. En canto ó punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na avaliación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica M. Heidegger (2005). Aclaraciones a la poesía de Hölderlin. Madrid, Alianza Editorial
Sófocles (2008). Antígona. Madrid, Gredos
G. Lukacs (1974). El alma y las formas. Teoría de la novela. Barcelona, Grijalbo
D. de Rougemont (1997). El amor y Occidente. Barcelona, Kairós
M. Kundera (2006). El arte de la novela. Barcelona, Tusquets
W. Benjamin (2008). El narrador. Santiago de Chile, Metales Pesados
E. Auerbach (1993). Mimesis: la representación de la realidad enla cutlura occidental. Madrid, F.C.E
Paul Celan (2009). Obras completas. Madrid, Trotta
G. Steiner (2002). Tolstói o Dostoievski. Madrid, Siruela

Bibliografía complementaria O. Pöggeler (1993). El camino del pensar de Martin Heidegger. Madrid, Alianza Editorial
A. Kadarkay (1994). Georg Lukacs: vida, pensamiento y política. Valencia, Alfons el Magnànim
Ph. Lacoue-Labarthe (2007). Heidegger: la política del poema. Madrid, Trotta
J. Trebolle (2006). Historia de la Biblia. Madrid, Trotta
J. Trebolle (2011). Job. Madrid, Trotta
Ph. Lacoue-Labarthe (2006). La poesía como experiencia. Madrid, Arena
R. Girard (1989). La ruta antigua de los hombres perversos. Barcelona, Anagrama
R. Forster (2009). Los hermeneutas de la noche. Madrid, Trotta
L. Goldmann (1975). Lukacs y Heidegger: hacia una filosofía nueva. Buenos Aires, Amorrortu
J.-P. Vernant y P. Vidal Naquet (2002). Mito y tragedia en la Grecia antigua. Barcelona, Paidós
J. Felstiner (2002). Paul Celan: poeta, superviviente, judío. Madrid, Trotta
K. Reinhardt (2010). Sófocles. Madrid, Gredos
H.-G. Gadamer (1999). ¿Quién soy yo y quién eres tú?. Barcelona, Herder


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías