Identifying Data 2018/19
Subject (*) Modern Language 3: French Code 613G03033
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 4.5
Language
French
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
E-mail
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Lecturers
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
E-mail
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
General description A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Insistirase especialmente na capacidade de facerse entender de forma comprensible nunha variedade de situacións cada vez máis ampla.

Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias da segunda etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de producións orais (transmitidas de viva voz ou por medios técnicos) claramente estruturadas e en lingua estándar. A8
A15
B4
B8
C2
Producir textos orais ben organizados e adecuados ao-á interlocutor-a e ao propósito comunicativo, desenvolvéndose con corrección, fluidez e espontaneidade. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de textos escritos de diferente tipoloxía, claros e ben organizados, en lingua estándar, que aborden temas xerais. A8
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Escribir textos sinxelos e cohesionados sobre temas cotiáns ou de interese persoal, nos que se pide ou transmite información, se narran historias, se describen experiencias, sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións, se xustifican opinións e se explican plans. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2

Contents
Topic Sub-topic
A. Gramática
1. Adxectivos e pronomes indefinidos.
2. Os pronomes persoais complemento directo e indirecto. Os pronomes "en", "y".
3. Os verbos: os tempos do pasado; concordancia do participio pasado; o subxuntivo.
4. Os pronomes relativos.
5. Expresión da condición e da hipótese.
6. Expresión da temporalidade: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.
7. Expresión da causa.
8. Expresión da finalidade.
B. Obxectivos comunicativos 1. Expresar opinións e valoracións: aprobar, desaprobar, ofrecer opcións e consellos…
2. Precisar, matizar, resaltar ideas.
3. Facer peticións e dar instrucións.
4. Presentar as causas e consecuencias de feitos aludidos.
5. Reaccionar adecuadamente ante diversos feitos ou situacións.
6. Saber resumir, interpretar e comentar diferentes tipos de documentos.
7. Solicitar axuda ao-á interlocutor-a para facilitar ou confirmar a comprensión.
8. Encher o discurso con pausas ou expresións de dúbida mentres se busca o elemento lingüístico que falta.
C. Léxico 1. Artes e espectáculos.
2. O diñeiro: compras e outras actividades comerciais cotiás.
3. As tecnoloxías da información e da comunicación.
4. Os servizos e os actos administrativos.
5. Relacións humanas e sociais.
6. Tradicións, crenzas e supersticións.
7. Protección do medio ambiente.
8. Globalización e interculturalidade.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A8 A10 A15 B1 B4 B5 B6 B8 C2 1 0 1
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 12 20 32
Workbook A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 6 6
Guest lecture / keynote speech A8 A15 B1 B5 B6 B7 C2 7 10 17
Problem solving A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 12 20 32
 
Personalized attention 4.5 0 4.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Directed discussion Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Estas actividades lévanse a cabo en grupos pequenos e están a cargo do-da profesor-a lector-a.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).
Workbook Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
Speaking test Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista individual. O alumnado terá tamén que ler un texto en voz alta e improvisar situacións suxeridas polo-a profesor-a responsable da proba, que poderá usar textos ou material audiovisual de apoio.
Guest lecture / keynote speech Exposición por parte do profesorado dos contidos relativos a cada un dos temas e subtemas, co apoio de medios audiovisuais e documentación adicional.
Problem solving Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).

Personalized attention
Methodologies
Objective test
Guest lecture / keynote speech
Workbook
Speaking test
Problem solving
Directed discussion
Description
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos-ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os-as estudantes poden acudir en horario de tutorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes.
Os horarios de tutorías do profesorado da materia pódense consultar no taboleiro de horarios ou na páxina web da facultade.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
42
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
12
Problem solving A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
30
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
16
 
Assessment comments

LEAATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar amateria: a primeira ao remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes dexullo. As datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleirosoficiais ou na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período deexames.

2. A materia está dividida en 2 partes:teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita](60% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e interacciónoral] (40% da nota final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar sóunha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para asegunda oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizare obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial deexames da facultade).

2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatoriorealizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, quese realizará ao remate do 2º cuadrimestre. O profesoradocomunicará públicamente a data,hora e lugar de realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto da materia. Normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar un exercicio non presencial. Agás causa xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes da realización do exame da primeira oportunidade, o 75% das actividades programadas e obter unha nota media de 5 sobre 10.

3. Tendo en conta o anteriormente exposto, acualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (60% da cualificaciónfinal):

a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debecumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 45% valorará as actividades (deben cumprir osrequisitos do apartado 2.3).

c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ásactividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado aparticipación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou nonpresenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dosapartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b destaparte da materia son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segundaoportunidade de xullo (ver apartado 4).

3.2. Parte práctica (40% da cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir osrequisitos do apartado 2.1).

b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir osrequisitos do apartado 2.2).

c) Un 35% valorará as actividades (deben cumprir osrequisitos do apartado 2.3).

d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ásactividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado aparticipación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou nonpresenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dosapartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c sonrecuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (verapartado 4).

4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidadenon supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostospoderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data,hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundoas porcentaxes e criterios expresados máis arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidadepor non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberáfacelo(s) de novo na segunda oportunidade. A data, lugar e hora de realizacióndo exame oral da segunda oportunidade comunicarase durante a realización doexame escrito.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidadepor non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para asegunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nasque terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintasdestrezas. O profesorado da materia fará públicas xunto coas notas da oportunidade de xuño de 2019 as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na primeira oportunidadee ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cadaparte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unhadas partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito;b) actividades; c) exame oral.

5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).

6. En cada oportunidade de avaliación o alumno-aalumna recibirá a calificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades presentadas for igualou inferior ao 25% das programadas en cada parte da materia.
7. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado 2.3 (as actividades presenciais serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica no apartado 4.3.
8. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 

9. Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a
detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).mesmo
estudante.

Sources of information
Basic BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
BOULARÈS, M. (1997). Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
DELATOUR, Y. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau moyen. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert.
DELATOUR, Y. (2004). Nouvelle grammaire du français. Paris: Hachette.

Complementary

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Tanto nas clases teórico-prácticas como nas prácticas facilitarase ao alumnado diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello ao profesorado da materia.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Idioma Moderno: Francés/613G03016
Modern Language 2: Francés/613G03029

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Modern Language 4: French/613G03049

Other comments

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso do profesorado, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.