Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Idioma Moderno 3: Francés Código 613G03033
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Insistirase especialmente na capacidade de facerse entender de forma comprensible nunha variedade de situacións cada vez máis ampla.

Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias da segunda etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de producións orais (transmitidas de viva voz ou por medios técnicos) claramente estruturadas e en lingua estándar. A8
A15
B4
B8
C2
Producir textos orais ben organizados e adecuados ao-á interlocutor-a e ao propósito comunicativo, desenvolvéndose con corrección, fluidez e espontaneidade. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles máis relevantes de textos escritos de diferente tipoloxía, claros e ben organizados, en lingua estándar, que aborden temas xerais. A8
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Escribir textos sinxelos e cohesionados sobre temas cotiáns ou de interese persoal, nos que se pide ou transmite información, se narran historias, se describen experiencias, sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións, se xustifican opinións e se explican plans. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
A. Gramática
1. Adxectivos e pronomes indefinidos.
2. Os pronomes persoais complemento directo e indirecto. Os pronomes "en", "y".
3. Os verbos: os tempos do pasado; concordancia do participio pasado; o subxuntivo.
4. Os pronomes relativos.
5. Expresión da condición e da hipótese.
6. Expresión da temporalidade: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.
7. Expresión da causa.
8. Expresión da finalidade.
B. Obxectivos comunicativos 1. Expresar opinións e valoracións: aprobar, desaprobar, ofrecer opcións e consellos…
2. Precisar, matizar, resaltar ideas.
3. Facer peticións e dar instrucións.
4. Presentar as causas e consecuencias de feitos aludidos.
5. Reaccionar adecuadamente ante diversos feitos ou situacións.
6. Saber resumir, interpretar e comentar diferentes tipos de documentos.
7. Solicitar axuda ao-á interlocutor-a para facilitar ou confirmar a comprensión.
8. Encher o discurso con pausas ou expresións de dúbida mentres se busca o elemento lingüístico que falta.
C. Léxico 1. Artes e espectáculos.
2. O diñeiro: compras e outras actividades comerciais cotiás.
3. As tecnoloxías da información e da comunicación.
4. Os servizos e os actos administrativos.
5. Relacións humanas e sociais.
6. Tradicións, crenzas e supersticións.
7. Protección do medio ambiente.
8. Globalización e interculturalidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A10 A15 B1 B4 B5 B6 B8 C2 1 0 1
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 16 25 41
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 15 25 40
Lecturas A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 6 6
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Solución de problemas Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática, o léxico e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicios de gramática, redaccións, resumos, traducións…).
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Discusión dirixida Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Os contidos gramaticais e o léxico intégranse asimesmo nesta metodoloxía.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Lecturas Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), mediante unha conversa ou entrevista coa profesoa, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes. Durante a proba poderanse utilizar textos ou material audiovisual de apoio para suxerir distintas situacións comunicativas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Lecturas
Proba oral
Solución de problemas
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. A profesora fará un seguimento particular de cada estudante, moi especialmente do alumnado con matrícula a tempo parcial con dispensa académica, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
A profesora atenderá puntualmente e de forma individualizada ao alumnado cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
O alumnado pode acudir en horario de tutorías e aulas á profesora para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estime pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais, individuais ou grupais, a través de Teams.
Os horarios de tutorías da profesora da materia pódense consultar na páxina web da facultade.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba escrita que todo o alumnado deberá realizar nas datas oficiais fixadas pola facultade para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación da materia.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
45
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 O alumnado deberá realizar unha proba oral ao final do cuadrimestre para amosar as súas competencias comunicativas en lingua francesa.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (expresión, comprensión e interacción oral) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
 
Observacións avaliación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). O alumnado ten dúas oportunidades para superar a materia: a primeira ao remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.

1. Avaliación da primeira oportunidade:
1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade. 1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final na que se avaliarán a expresión e a interacción oral. A profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba oral.
1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques:

Bloque A ["Solución de problemas"]: actividades de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]: actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral.

Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial. Agás causa debidamente xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade, o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10 en cada bloque.
1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes:

Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%

b. Un 15% valorará a proba oral.
c. Un 40% valorará as actividades de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:

Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B: actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%

A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación. Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda. Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
2.Avaliación da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade. A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade. A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.
2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas. A profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de solicitude e entrega...). Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita (nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre 10; 30% da nota final). Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.
5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica, previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e persoal. A realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.

7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 


DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptadaao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadacoa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidadede Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).


Fontes de información
Bibliografía básica BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
BOULARÈS, M. (1997). Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
DELATOUR, Y. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau moyen. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert.
DELATOUR, Y. (2004). Nouvelle grammaire du français. Paris: Hachette.

Bibliografía complementaria

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Facilitarase ao alumnado, a través de Moodle, diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello á profesora da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Francés/613G03016
Idioma Moderno 2: Francés/613G03029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno 4: Francés/613G03049

Observacións

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías