Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Linguaxe. Discurso e Comunicación Código 613G03034
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
Profesorado
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=28964
Descrición xeral Introdución ao estudo da comunicación humana por meio das linguas nos seus aspectos cognitivo, pragmático e discursivo, e como prática interaccional e social.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a comunicación a meio da linguaxe como capacidade e prática humana e social, tanto no común como na sua diversidade. A1
A11
B8
C6
Familiarizarse coas principais nocións sobre fenómenos da comunicación e do discurso. A1
A3
B1
B5
B8
B9
Familiarizarse cos métodos e técnicas de recollida, descrición e interpretación de dados da comunicación e do discurso. A2
A14
A15
B1
B2
B3
B4
B7
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de busca de materiais sobre o discurso oral. B1
B6

Contidos
Temas Subtemas
Introdución. A capacidade humana da linguaxe e a comunicación. Algunhas propriedades da linguaxe. Retroalimentación, reflexividade, prevaricación, deslocamento... Os canais da comunicación humana: a multimodalidade.
Comunicación, información e significación. Modelos da comunicación. Intención, interpretación e contexto. O deseño deíctico das linguas naturais. A deíxis e os seus tipos. A contextualización. Indicios de contextualización.
A interacción. Conversa, texto, discurso. A interacción como prática social. As metas comunicativas. Normas, regras e expectativas. A competencia comunicativa. O repertorio comunicativo. A estrutura da conversa cotiá.
A distancia social. Participantes e papeis comunicativos. As identidades sociais. A imaxe e as formas da cortesía verbal.
Dicir e querer dicir. Significado literal e significados indirectos. Oración e proposición. A cooperación conversacional e as implicaturas. A inferencia. A relevancia. Recursos estilísticos.
Facer cousas con palabras. Os actos de fala. Tipos de actos ilocucionarios. Os actos de fala indirectos. A convencionalización da indirección.
Xéneros e tipos de discurso. A caracterización dos xéneros. Formalidade e informalidade. Discurso espontáneo e planificado. Aplicacións do estudo da comunicación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C6 14 34 48
Lecturas A1 A3 B1 0 25 25
Proba mixta A1 A3 B1 C6 2.5 20 22.5
Sesión maxistral A1 A3 B3 C6 15 0 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Por "obradoiro" enténdese a sesión interactiva fundamentalmente participativa. Pode incluir discusión aberta ou dirixida das lecturas, traballo en grupo, debate e posta en común, resolución de problemas ou perguntas, pesquisa de material, etc. Pode incluir diversas actividades e tarefas avaliábeis, algunha(s) das cais poden requerir a guía do profesor. Estas actividades realizaránse fundamentalmente fora das horas presenciais, mais non se exclue que se poda dedicar tempo das sesións interactivas para traballar nelas, individual ou colectivamente.
Lecturas Lectura e estudo obrigatorio de materiais específicos (artigos ou capítulos de libros) disponibilizado polo profesor. As lecturas deberán facerse, como será indicado, antes da sesión na cal se tratarán os seus conteúdos. Os conteúdos das lecturas entrarán nas sesións expositivas e, sobre todo, nas interactivas, onde o estudantado deberá de mostrar o traballo feito sobre elas e buscar aclaración dos aspectos dubidosos ou non comprendidos. Na base dalgunha das leituras deberá realizarse un informe detallado avaliábel, segundo un formato indicado polo profesor (guión, resumo, pontos destacábeis, etc.).
Proba mixta Proba teórico-prática sobre todo o material do curso, incluindo lecturas, sesións expositivas e interactivas, materiais audiovisuais utilizados, debates xerais, posíbeis presentacións, etc.
Sesión maxistral Por "sesión maxistral" enténdese a sesión de exposición polo profesor dos principais conteúdos de cada tema ou apartado. As sesións expositivas non deben ser vistas como substitución do traballo autónomo de lectura e aprendizaxe que debe facer o estudantado. As sesións de exposición incluen amplo espazo para a formulación de perguntas ou cuestións específicas polo estudantado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Lecturas
Descrición
A atención individualizada inclue a consulta personalizada sobre calquer aspecto ou conteúdo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B3 C6 Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición. 10
Proba mixta A1 A3 B1 C6 Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C6 Reférese á realización das tarefas descritas na metodoloxía correspondente (Obradoiro). Inclúe o cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas onde se poñen en común estas tarefas, e á participación activa nelas. 30
Lecturas A1 A3 B1 Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas. Poderá incluir a elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. A actividade deberá ser entregada obrigatoriamente tamén en formato electrónico. 20
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.

2) A participación activa compútase dentro do apartado do Obradoiro.

3) Haberá duas oportunidades de avaliación. Na primeira oportunidade, as actividades entregadas fora de prazo poderán non ser aceptadas (isto é, avaliábeis con 0), e entrarán, no seu caso, no cómputo da segunda oportunidade.

4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 4 na Proba final.

5) Para ter superada a materia (en primeira ou segunda oportunidade) deberá obterse unha nota de 5 globalmente (unha vez cumprido o requerimento do 4 na Proba). Caso de non obter o mínimo de 4 na Proba, mais a media aritmética superar o 4,5, nas Actas consignará-se 4,5, Suspenso. Isto non significa que a materia está "case aprobada", mais é só indicativo da necesidade de recuperar o exame e/ou as actividades que se indicaren.

6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades (apartado Obradoiro, e/ou actividades referidas a Lecturas). O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.

7) Dado o carácter mixto e compreensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; e, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades (Obradoiro e Lecturas). En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

8) O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica deberá porse en contacto co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso. A distribución porcentual dos apartados excluindo a asistencia será axustada da
seguinte maneira: Obradoiro, 25%; Lecturas, 25%; Proba mixta, 50%.

9) Para a convocatoria adiantada de decembro rexerán os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo, excepto no correspondente aos apartados onde a asistencia é fundamental (Obradoiro e Sesión maxistral), que non serán considerados. A distribución porcentual dos restantes apartados será axustada da seguinte maneira: Obradoiro, 25%; Lecturas, 25%; Proba mixta, 50%.

10) O plaxio, copia ou calquer outra práctica fraudulenta na elaboración dunha actividade ou tarefa, ou na realización da Proba mixta, acarretará automaticamente un cero (0) nese apartado (Obradoiro, ou Proba mixta), alén de estar suxeito a sanción disciplinar por parte da Universidade, incluindo a posibilidade da expulsión da mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica Dessalles, Jean-Louis (2001). "El origen político del lenguaje". Mundo Científico 224, pp. 35-39.
Brown, Roger, e Gilman, Albert (1995 [1960]). "Els tractaments a Europa". Em Amadeu Viana, ed. Aspectes del pensament sociolingüístic europeu, pp. 351-363. . Barcelona: Barcanova
Moreno Cabrera, Juan Carlos (1987). "La deíxis". Em: Fundamentos de sintaxis general, pp. 65-77. Madrid: Síntesis
Ochs, Elinor (1998 [1979]). "La universalidad de los postulados conversacionales". Em: M. T. Julio e R. Muñoz, eds. Textos clásicos de Pragmática, pp. 125-144. Madrid: Arco Libros
Hockett, Charles F. (1971 [1958]). "Las propiedades generales del lenguaje". Em: Curso de lingüística moderna, pp. 551-566. Buenos Aires: Editorial Universitaria de Buenos Aires
Cialdini, Robert B. (2001). "Psicología de la persuasión". Investigación y Ciencia 295, pp. 66-71.
Brown, Roger, e Gilman, Albert (1960). "The pronouns of power and solidarity". Em: T. Sebeok, ed. Style in language, pp. 253-276. Cambridge, Mass.: MIT Press
Koch, Ingedore G. Villaça (1997). A inter-ação pela linguagem. São Paulo: Editora Contexto
Tusón Valls, Amparo (1997). Análisis de la conversación. Barcelona: Ariel
Brown, Gillian, e Yule, George (1993). Análisis dei discurso. Madrid: Visor
Stubbs, Michael (1983). Análisis del discurso. Madrid: Alianza
Austin, John (1971). Cómo hacer cosas con palabras. Palabras y acciones. Buenos Aires: Paidós
Reyes, Graciela (2002). El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros
Escandell Vidal, Mª Victoria (2006 [1996]). Introducción a la Pragmática. Barcelona: Ariel. 2ª ed.
Escandell Vidal, Mª Victoria (2005). La comunicación. Madrid: Gredos
Reyes, Graciela (1990). La Pragmática lingüística: El estudio del uso del lenguaje. Barcelona: Montesinos
Calsamiglia Blancafort, Helena, e Tusón Valls, Amparo (1999). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel
Verschueren, Jeff (2002). Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos
Levinson, Stephen (1989). Pragmática. Madrid: Teide
Mey, Jacob (2001). Pragmatics: An introduction. Oxford: Blackwell. 2ª ed.

Durante o curso irá indicándose a listaxe de lecturas obrigatorias, extraídas destes manuais e/ou outras fontes.

Bibliografía complementaria Günthner, Susanne, e Knoblauch, Hubert (1995). "Culturally patterned speaking practices: The analysis of communicative genres". Pragmatics 5(1), pp. 1-32.
Grice, H. P. (1991). "Lógica y conversación". Em: L. M. Valdés Villanueva, ed. La búsqueda del significado, pp. 511-530. Madrid: Tecnos
Goffman, Erving (1967). "On face-work". Em: Interaction ritual: Essays on face-to-face behavior, pp, 5-45. New York: Anchor Books
Hurford, James, e Heasley, Brendan (1983). "Oraciones, enunciados y proposiciones". Em: Curso de Semántica, pp. 26-34. Madrid: Visor
Tannen, Deborah (1982). "The oral/literate continuum in discourse". Em: Deborah Tannen, ed. Spoken and written language: Exploring orality and literacy, pp. 1-16. Norwood, NJ: Ablex
Gumperz, John J. (1982). Discourse Strategies. Cambridge: Cambridge University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística Xeral/613G03004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Galega e Usos/613G03045

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías