Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Lingua Inglesa e os seus Usos 2 Código 613G03037
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
elizabeth.woodward@udc.es
Profesorado
Herrero Villapalos, Rosa
Woodward Smith, Elizabeth Anne
Correo electrónico
r.villapalos@udc.es
elizabeth.woodward@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo normativo da lingua inglesa. Elaboración e análise de textos oral e escrito de diferentes ámbitos

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 Apreciar a diversidade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno terá desenvolvido unhas estratexias para a consolidación dos coñecementos adquiridos en ambas as dúas partes de Lingua Inglesa e os seus Usos (1/2). A6
A9
A15
A18
O alumno saberá manexar os significados metafóricos axeitadamente, tanto a nivel comprensivo coma na expresión. A3
B1
B4
B6
B8
O seu dominio dun vocabulario xeral terase enriquecido coa adquisición de vocabulario máis especializado. O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte. A20
B3
B5
B6
B8
Ao finalizar esta materia, o alumno debe ser competente nas catro destrezas lingüísticas, ademais de posuír os coñecementos teóricos necesarios para saber explicar os usos da lingua inglesa, cun nivel mínimo de C1, achegándose a C2. A6
A9
A15
A18
A20
B1
B3
B4
B5
B6

Contidos
Temas Subtemas
Metáforas relacionadas coas prantas e árbores; o medio ambiente.
(ver libro de texto indicado na Sección 8 "Fontes de Información").
As partes das prantas en usos metafóricos; verbos relacionados co crecemento. Colocacións.

As autoridades--a aduana e a policía.
A historia.

Vocabulario relacionado coas aduanas, a inmigración, a policía de tráfico, etc.
Vocabulario relevante para o estudo da historia.

A linguaxe da xustiza
A guerra e a paz.
1ª Guerra Mundial
Verbos, crimes, adxectivos con significados específicos no ámbito do dereito, de uso cotidiano.
As actitudes cara a guerra; metáforas dos enfrentamentos.
Cartas desde as trincheiras.
Os medios: a palabra escrita
Características dos titulares; vocabulario impactante; xogos de palabras. Seccións da prensa, tipos de publicacións; periodismo, a recollida de noticias. Os anuncios.
O deporte, a dieta, a saúde
Espazo e falta de espazo
Vocabulario e metáforas do deporte, a dieta, a saúde.
Expresión de amplitude e estreiteza.
O tempo.
O movemento.
O comportamento, xeito; ruído, son;
peso e densidade
Cor e intensidade
Velocidade
Secuencia e duración; expresións coloquiais; refráns relacionados co paso do tempo.
Matices da velocidade e o movemento; verbos/adxectivos; usos non literais.
Dende o silencio ao estrondo; frases coloquiais
Sinónimos de peso; usos metafóricos. Cores específicas, connotacións
Causa e efecto.
Comparar e contrastar.
Dificultades e dilemas.
Modalidade

Verbos que expresan unha causa e as súas colocacións.
Como expresar a similitude e a diferenza.
Substantivos e adxectivos relacionados coas dificultades de distinta envergadura.
Verbos modais para expresar feitos, opinións, desexos, probabilidade, consellos, obriga.
Expresiones poco precisas.
Tipos de frases idiomáticas.
Expresiones numéricas aproximadas; usos coloquiales para quitar importancia.
Frases idiomáticas relacionadas con las personas, anécdotas, informes, cuentos...
As queixas e protestas,
desculpas, reconciliación, loanzas, promesas, apostas.
Formas de falar.
Queixa formal e informal. Colocacións. Desculpas formais/legais; facer as paces, prometer e xurar; apostar.
Formas de expresar o volume no fala.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 B5 21 26.25 47.25
Traballos tutelados A3 A18 B1 B3 B6 14 17.5 31.5
Proba oral A6 A9 B4 2 16 18
Discusión dirixida A6 A15 A18 B8 7 5.25 12.25
Proba mixta A6 A9 A15 A18 A20 2 36 38
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais, explicacións, exemplos e orientacións para o millor aproveitamento do material; uso do libro básico de texto, ademais de textos escritos e audiovisuais adicionais.
Traballos tutelados Tareas escritas sobre diversos temas relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións.
Proba oral Entrevista individual ou por parellas, ou ás veces en grupos de tres. Comprensión e expresión; os alumnos deben demostrar destrezas comunicativas, e interacción cos seus compañeiros e profesores. Non deben estar calados esperando que se lles pregunte, senón deben ofrecer ideas, opinións, información, etc..
Discusión dirixida Destrezas de argumentación oral; role-play; fluidez, traballo colaborativo.
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Preparación e comentario dos traballos a presentar.

Interacción grupal e individual para mellorar o rendemento.

Tanto a profesora como o/a lector/a están dispoñibles durante as horas de titoría semanais para resolver problemas ou ofrecer suxestións. Fóra destas horas tamén poden contactar connosco por correo electrónico.

Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A9 B4 Entrevista individual ou por parellas (ou en grupos de tres); preguntas de comprensión; demostración de destrezas comunicativas, interacción cos compañeros; expresión de opinóns, vantaxes, preferencias, etc. 25
Proba mixta A6 A9 A15 A18 A20 Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados A3 A18 B1 B3 B6 Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

1. Entrega de traballos
tutelados (tarefas escritas): 30 de outubro, e 30 de novembro de 2015.  É necesario entregar ambos os dous traballos especificados
polos profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas.
Penalizaranse os traballos entregados tarde sen xustificación axeitada.

2.
Terás que asinar en cada sesión (grupo grande, interactiva e reducida).
A asistencia regular é un indicador do interese pola materia, á parte
de ser necesaria para poder progresar.

3. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2015-16 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.

4. A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade,
consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Se o
alumno suspende a parte dos traballos tutelados, debe presentar DOUS NOVOS traballos. As especificacións publicaranse enMoodle, con datas de entrega durante o segundo cuadrimestre, e antes do comezo do período de exames.  O exame oral da segunda oportunidade  realizaráse en XUÑO, é decir, antes da fecha do exame escrito.

5.
A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da
avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar la(s) parte(s) non
aprobada(s).

6. Non se pode superar a
materia sen aprobarcada unha das partes descritas da avaliación cunha
cualificación mínima de5 puntos

sobre 10.

7. As datas para a entrega
de tarefas e para a realización do exame oral deben respectarse;
calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarsedocumentalmente.

8. Obterá unha cualificación de "non presentado"
aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a
proba mixta e a proba oral) e que tampouco realizase os traballos
tutelados.

9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo.

10. Os alumnos/ás que suspendan na
primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de
xullo terán a nota de suspenso.

11.  Para máis detalles, véxanse --Recomendacións--.


Fontes de información
Bibliografía básica McCarthy, M. and F. O'Dell. (2002). English Vocabulary in Use. Advanced. ISBN. 978-0-521-67746-2. Cambridge: CUP

Este libro é de uso obrigatorio nas aulas de Docencia Expositiva. Trátase do mesmo libro usado en Lingua Inglesa e os seus Usos-1.

No presente curso utilizaranse novos capítulos deste libro (véxanse --Contidos--).

Bibliografía complementaria Cory, H. (1999). Advanced Writing with English in Use.. Oxford: OUP
Mansfield, F. & C. Nuttall (2007). Proficiency Practice Tests. With Key. London: Thomson ELT


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Recoméndase a asistencia e participación na aula, para estar ao día no estudo, e a realización de tódalas tarefas asignadas dentro dos prazos indicados. A firma será necesaria como proba de asistencia en cada clase. A asistencia controlada é un indicador do nivel de interese e implicación do alumno.
  • A asistencia á clase facilita unha millor comprensión da materia, adquisición das competencias grupais e individuais, aprendizaxe continuo, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente mais participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, polo que a asistencia as clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da universidade, os alumnos poderán solicitar exención oficial da docencia.
  • Usaremos unicamente o correo oficial da UDC para comunicarnos con alumnos individuais, así que se recomenda comprobalo a miúdo. Outros anuncios importantes aparecerán en Moodle.
  • As datas para a realización das probas orais anunciaranse coa antelación suficiente, e serán expostas en Moodle. Recoméndase consultar os avisos nesta plataforma virtual con asiduidade.
  • Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, o alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. Calquera circunstancia que impida asistir a esta proba debe comunicarse á maior brevidade.
  • Os alumnos Erasmus teñen que axustarse ao calendario académico da UDC, e non ao da súa propia universidade. Polo tanto, non se poden programar exames para coincidir coas peticións individuais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías