Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia da Lingua Inglesa Código 613G03038
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral O curso pretende proporcionar ao estudantado os rudimentos básicos eas metodoloxías da lingüística diacrónica e mostrarlle como estes poden observarse no caso concreto da lingua inglesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística a textos de diversos períodos históricos A1
A20
Coñecer as correntes teóricas da lingüística que influiron no desenvolvemento da filoloxía e da lingüística histórica A3
B1
B7
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa. A17
A21
Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa A19
A20
A21
C4
C6
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva tanto oralmente como por escrito. A6
A18
B4
C2
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua inglesa. A9
Ser capaz de interpretar textos de diversas etapas da historia do inglés dende diversos niveis de anñalise (morofolóxica, fonolóxica, sintáctica, etc) A2
A10
A11
A14
A15
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2

Contidos
Temas Subtemas
Hipóteses sobre a orixe das linguas As teorías continuistas
As teorías discontinuistas
A lingua como facultade innata
A lingua como artefacto social
Conceptos básicos Os períodos da historia da lingua
Cambio e variación
Qué é o cambio lingüístico? Marcos teóricos para o seu estudo
Os métodos da lingüística histórica
O método comparativo
O método reconstructivo
Diversidade lingüística e agrupamento Cognados
Linguas e formas rexistradas
O Indoeuropeo e os seus dialectos Historia externa
Linguas satem e linguas centum
Fonoloxía do indoeuropeo
Morfoloxía do indouropeo
Léxico indoeuropeo
O lugar do inglés no contexto indoeuropeo
e os dialectos do xermánico común
Innovacións xermánicas no léxico
Innovacións xermánicas na fonoloxía: o acento, leis de Grimm e Verner
Innovacións xermánicas na morfoloxía
A sintaxe do xermánico
Dialectos do xermánico Rasgos do xermánico oriental
Rasgos do xermánico septentrional
Rasgos do xermánico occidental
Innovacións do xermánico occidental Innovacións fonolóxicas
Innovacións morfolóxicas
Innovacións léxicas
Inglés antiguo Historia externa
O léxico do inglés antiguo: historia externa e préstamos
Grafía e rasgos fonolóxicos
Rasgos morfolóxicos
A sintaxe do inglés antiguo
Os dialectos do inglés antiguo
Inglés medio Historia externa
Cambios fonolóxicos e as súas repercusións
Simplificación da morfoloxía inglesa
Sintaxe, orde de palabras e os procesos analiticos en inglés medio
Variación diatópica
O estándar Teorías que explican a aparición dunha variedade estándar
Inglés moderno temprano Historia externa
Actitudes hacia o inglés
Inglés e latín
A expansión do público lector
A expansión do vocabulario
Debates sobre a lingua
Os diccionarios
As gramáticas e o prescriptivismo
O gran desprazamento vocálico e a reforma ortográfica
Variación diastrática
A expansión xepgráfica do inglés
Inglés moderno tardío Historia externa
O refinamento da lingua
Rexistros e variación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 A11 B1 B6 2 2 4
Sesión maxistral A3 A14 A17 A19 A20 A21 B2 B7 C6 21 42 63
Lecturas A11 A14 0 20 20
Aprendizaxe colaborativa A9 B6 C4 C6 7 10 17
Prácticas a través de TIC B1 B2 0 6 6
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A9 A15 A17 A18 A19 A20 A21 B7 C2 2 10 12
Seminario A1 A2 A6 A10 A15 A18 B4 C2 C4 14 7 21
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais o estudante terá que revisar os ,materiais que se lle proporcionen na plataforma Moodle e respostar algunhas preguntas na aula.
Sesión maxistral A profesora exporá os contidos que os estudantes deben coñecer para alacanzar as competencias previstas na materia. Asemesmo, poderá haber momentos de interactividade a fin de comprobar que os coñecementos obtidos por medio da aprendizaxe autónoma dos estudantes están ben afiazados.
Lecturas o estudantado deberá facer lecturas proporcionadas pola profesora en Moodle ou que deban procurar como parte da súa aprendizaxe autónoma.
Aprendizaxe colaborativa Os estudantes terán que traballar en grupo para buscar fontes e prepararse para as actividades a desenvolver nos seminarios e nas aulas inteactivas
Prácticas a través de TIC Os estudantes realizarám algunhas actividades en liña (Moodle) ou fora de liña
Proba obxectiva Os estudantes realizarán un exame que conterá diversos tipos de preguntas (curtas, longas, desenvolvemento dun tema) e o posible comentario lingüístico dun texto
Seminario Se traballará na aula sobre casos e textos reais para detectar e aplicar todos os fenómenos e aspectos tratados nas lecturas e nas sesións maxistrais

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Seminario
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Todas as actividades supoñen algún grado de atención persoalizada do profesorado que terá lugar tanto na aula como nas horas de titorías ou por correo electrónico

Prégase aos estudantes con necesidades especiais contacten coa profesora o máis axiña posible, así como con ADI (unidade de atencióan á diversidade) da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A9 A15 A17 A18 A19 A20 A21 B7 C2 Todos os estudantes deberán facer un exame final na data oficial de Xaneiro. A nota mínima de este exame será de 4 (de 10) para tela en conta e sumar o resto das cualificacións. 50
Seminario A1 A2 A6 A10 A15 A18 B4 C2 C4 Os estudantes poderán ter que resolver algún problema ou facer un test na aula, na casa ou a través da plataforma Moodle. 30
Lecturas A11 A14 Os estudantes poderán ser avaliados por algunhas actividades relacionadas coas lecturas a desenvolver na aula ou na casa. 20
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades así
como co exame final.

Para aprobar,
os estudantes deben ter unha cualificación de  alomenos 4 (de 10) no exame
final. Tamén deben  ter realizado e aprobado alomenos a metade das
actividades necesarias.



Aplicarase
unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada. 

Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación.

Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non
entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

 

AVALIACIÓN
XULLO:

 Os
estudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o  exame final (50%) así como unha actividade (50%). Os
estudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.

 Aqueles
alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre  para facer os axustes precisos nas distintas actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Millward, Celia M. and Hayes, Mary (2012). A Biography of the English Language. Wadsworth, Cengage learning
Crowley, T. (1992). An Introduction to Historical Linguistics. Oxford: OUP (90-132).
Moskowich, Isabel (1999). An(other) introduction to old English for non-English speaking students. Santiago de Compostela: Tórculo
Tejada Caller, Paloma (1999). El cambio lingüístico. Claves para interpretar la lengua inglesa. Alianza. Madrid: Alianza
Freeborn, Dennis (1998). From Old english ro Standard Englisf. London: Macmillan Press.
Fernández, Francisco (1982). Historia de la lengua inglesa. Madrid: Gredos
Campbell, L (1998). Historical Linguistics. An Introduction. . Edinburgh: Edinburgh University Press
Sankoff, Gillian (2001). Linguistic Outcomes of Language Contact. In In Peter Trudgill, J. Chambers & N. Schilling-Estes, eds., Handbook of Sociolinguistics.. Oxford: Basil Blackwell (638-668)
Hogg, Richard.M. et al. (eds) (1992). The Cambridge History of the English Language. Cambridge: Cambridge UP.
Pyles,T.and Algeo, J. (1993). The Origins and development of the English Language. New York: Harcourt Brace Jovanovich Publishers
Morgan, Kenneth O. (ed.) (2001). The Oxford History of Britain. Oxford University Press

Bibliografía complementaria Baugh, A.; Cable, T. (2010). A History of the English Language. London: Routledge
Barber, Charles (1997). Early Modern English. Edinburgh University Press
Bourcier, George (1981). Introduction to the History of the English Language. Dufour Editions
Moskowich, Isabel (2012). Language contact and vocabulary enrichment : Scandinavian elements in Middle English/. Bern: Peter Lang
Whitelock, Dorothy (1976). The beginnings of English Society. Penguin Books
Barber, Charles (1997). The English Language: A Historical Introduction. Cambridge
Ramat, G. & Ramat, P. (eds). (1998). The Indo-European Languages. London: Routledge
Soul, Nigel (ed.) (1997). The Oxford illustrated history of medieval England. Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019
Fonética da Lingua Inglesa/613G03023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase unha boa competencia lingüística en inglés posto que se penalizarán os erros gramaticais, orde de palabras non inglesa e falta de concordancia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías