Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estudos de Lingua Inglesa Código 613G03039
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia aborda o estudo da gramática da lingua inglesa desde un punto de vista descritivo e práctico, centrándose principalmente na análise sintáctica das unidades gramaticais pero introducindo tamén algúns aspectos relativos a análise textual e discursiva. Abordarase tamén a práctica en uso de estruturas gramaticais a nivel avanzado.
Nivel de competencia que se espera alcanzar: C1 máis algunhas competencias de C2.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
A21 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, adquirir e saber aplicar á práctica os fundamentos teóricos básicos e os principais mecanismos de descrición e análise dos compoñentes gramaticais e textuais da lingua inglesa. A1
A2
A3
A6
A11
A15
A21
B1
B3
B5
Enfrontarse a problemas, exercicios e traballos académicos relacionados cos contidos da materia. A1
A6
A9
A10
A14
A17
A18
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C2
Desenvolver unha actitude critica informada con respecto á gramática da lingua inglesa dentro dun concepto de ciencia da linguaxe. A10
A11
A18
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ao concepto de categoría gramatical e repaso de estruturas non canónicas en inglés
1.1. Oración, cláusula e palabra
1.2. Categoría vs. Función
1.3. Escala de rango e cambio de rango
1.4. Estrutura de constituintes
1.5. Estruturas canónicas e non-canónicas: repaso
2. O sintagma verbal
2.1. Patróns de complementación
2.2. Complementos e adxuntos
2.3. Ambigüedade semántica e sintáctica
3. O sintagma nominal

3.1. A estrutura do sintagma nominal
3.2. Modificación e complementación
3.3. Ambigüedade semántica e sintáctica
4. O sintagma adxectival e adverbial 4.1. Características de adxectivos e adverbios
4.2. Posición de adxectivos
4.2. A estrutura e función dos sintagmas adxectivais e adverbiais.

5. A oración simple 5.1. Análise sintáctica de oracións simples
6. Subordinación 6.1. Cláusulas nominais
6.2. Cláusulas de relativo
6.3. Cláusulas adverbiais
6.4. Cláusulas de infinitivo, xerundio ou participio
7. Discurso: texto e contexto 7.1. Xéneros e rexistro
7.2. Procesamento e estrutura da información
7.2. Análise de corpus

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A17 A18 A19 A20 A21 B8 17 17 34
Obradoiro A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 20 23 43
Lecturas A2 A10 A14 B6 B7 0 10 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A10 A11 A18 B3 B5 B6 3 7 10
Traballos tutelados A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 0 20 20
Presentación oral A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 3 8 11
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 0 20 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora complementada, se procede, co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Constituirá o método de traballo fundamental nas sesións presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas, probas de distinto tipo, etc.) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión da profesora na maior parte dos casos, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.
Lecturas Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contidos da materia.
Análise de fontes documentais Nesta materia esta metodoloxía correspóndese co comentario ou análise oracional ou discursivo de textos para ilustrar ou aplicar parte dos contidos da materia.
Traballos tutelados O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en parellas na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso. En liñas xerais tratarase de facer un estudo descriptivo sobre un tema específico relacionado cos contidos da materia, no que poderán ter cabida a proposta de actividades prácticas, posibles estudos de lingüística de corpus ou a aplicación dos contidos ao ensino da materia ou a outras materias da titulación. O traballo se levará a cabo baixo a tutela da profesora.
Presentación oral Consistirá na exposición oral do traballo tutelado. Se o traballo se fai en parellas, o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo.
Proba mixta Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso).

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Para a realización do traballo tutelado e a presentación oral é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo.

Ao menos dúas veces ao cuadrimestre todo o alumnado debería facer unha titoría coa profesora, ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico. Nesa titoría darase atención personalizada a cada alumno e alumna, aínda que tamén se fará seguimento individual do alumnado para observar o seu progreso nas aulas de DI e TGR.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 10
Traballos tutelados A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 20
Obradoiro A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). 20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado, a presentación oral e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e exposición oral do mesmo/proba mixta final) deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada.

 Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

A participación dinámica extraordinaria nas diferentes tarefas da clase,
así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao
longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe
traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade
proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo
profesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AS DATAS DO TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL E PROBA MIXTA serán anunciadas con moita anticipación.

AVALIACIÓN
XULLO:
 Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas según a seguinte distribución de porcentaxes:  entrega dun traballo tutelado escrito, que defenderán cunha exposición oral (30%), entrega de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade
: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.


Fontes de información
Bibliografía básica Quirk, R. et al. (1985). A Comprehensive Grammar of the English Language. . Harlow: Longman.
Trask, R.L (1993). A Dictionary of Grammatical Terms in Linguistics. . London and New Yourk: Routledge.
Greenbaum, S.& R. Quirk (1990). A Student’s Grammar of the English Language. . London: Longman.
Huddleston, R. & G. Pullum. (2006). A Student’s Introduction to English Grammar. . Cambridge: C.U.P
Downing, A. & P. Locke (2006). A University Course in English Grammar. Hemel Hempsted: Prentice Hall International.
Depraetere, I., & Langford, C. (2012). Advanced English grammar: a linguistic approach. . London; New York: Continuum International Pub.
Hewings, M. (2005). Advanced Grammar in Use. Cambridge: C.U.P
Burton-Roberts, N. (1997/2010). Analysing Sentences. London and New York: Longman.
Carter, R. & M. McCarthy (2006.). Cambridge Grammar of English. . Cambridge: C.U.P.
Brown, G and Yule, G (1983). Discourse analysis. Cambridge: C.U.P
Bauer, L. (1991). English word-formation . Cambridge: C.U.P
Huddleston, R. & G. Pullum. (1984:). Introduction to the Grammar of English. Cambridge: C.U.P
Biber, Douglas, Susan Conrad and Geoffrey Leech (2002). Longman Student Grammar of Spoken and Written English. London:Longman
Plag, I. (2003). Word-Formation in English.. Cambridge: C.U.P


Bibliografía complementaria

Biber, D., S. Johansson, G. Leech, S. Conrad, and E. 1999. Longman Grammar of Spoken and Written English. London: Longman
Brinton, L and D. Brinton. 2010 (2000). The Linguistic Structure of Modern English. Amsterdam and Philadelphia: John Benjamins
Carnie, A. 2006. Syntax. London: Blackwell.
Carter, R. & M. McCarthy. 2006. Cambridge Grammar of English. Cambridge: C.U.P.
Collins, P. And C. Hollo. 2010. English Grammar. An Introduction. London: Palgrave Macmillan.
Crystal, D. 2004. Making Sense of Grammar. London: Longman
 Elly van. 2010. An Introduction to the Grammar of English. Revised Edition. Amsterdam and Philadelphia: John Benjamins.
Halliday, M.A.K. 1985. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold.
Huddleston, R. & G. Pullum. 2002. The Cambridge Grammar of the English Language. Cambridge: C.U.P.
Huddleston, R. 1988. English Grammar: An Outline. Cambridge: Cambridge University Press.
Kolln, M. & Funk, R. 2001. Understanding English Grammar. London: Longman.
Kuiper, K. And W.S. Allan. 2010. An Introduction to English Language. 3rd edition. London: Palgrave Macmillan.
Mackenzie, J.L. and E. Martínez Caro, 2012. Compare and Contrast: A Grammar of English for Speakers of Spanish. Granada: Comares.
Matthews, P.H. 1981. Syntax.  Cambridge: CUP.
Miller, J. 2002. An Introduction to English Syntax. Edinburgh: E.U.P.
Radford, A. 1988. Transformational Grammar.  Cambridge: CUP.
Saeed, J. 1997. Semantics. Oxford: Blackwell
Van Valin, R.D. 2001. An Introduction to Syntax. Cambridge: Cambridge University Press.
Wardaugh, Ronald 2008. Understanding English Grammar. A Linguistic Approach. London: Blackwell.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020
Gramática Inglesa/613G03025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Inglesa e os seus Usos 2/613G03037

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías