Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Traballo Fin de Grao Código 613G03041
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Barros Grela, Eduardo
Clark Mitchell, David Mitchell
Crespo Garcia, Maria Begoña
Estévez Saa, José Manuel
Fernández Ferreiro, Manuel
Gomez Blanco, Carlos Juan
Lezcano Gonzalez, Emma
Liste Noya, Jose
Luís Gamallo, María Obdulia
Moskowich-Spiegel Fandiño, Isabel
Nuñez Puente, Carolina
Paz Gago, Jose Maria
Puente Castelo, Luís Miguel
Simal Gonzalez, Begoña
Vallin Blanco, Gema
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
eduardo.barros@udc.es
david.clark@udc.es
begona.crespo.garcia@udc.es
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
carlos.gomezb@udc.es
emma.lezcano@udc.es
jose.listen@udc.es
m.luis@udc.es
isabel.moskowich-spiegel.fandino@udc.es
c.nunez@udc.es
jose.maria.paz.gago@udc.es
luis.pcastelo@udc.es
begona.simal@udc.es
g.vallin@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web http://https://www.udc.es/export/sites/udc/filo/_galeria_down/TFG/normativa/Regulamento_TFG.pdf_2063069239.pdf
Descrición xeral O traballo de fin de grao supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual,dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao. Máis información: https://www.udc.es/export/sites/udc/filo/_galeria_down/TFG/normativa/Regulamento_TFG.pdf_2063069239.pdf

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de buscar, xestionar, organizar e interpretar datos nos estudos lingüísticos e / ou literarios co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes deste ámbito de estudos, demostrando ademais un pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. A1
A2
A6
B1
B3
C2
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
O contido específico do traballo acordarase co titor dentro do marco da liña de TFG asignada. Os que xurdiren durante o desenvolvemento do traballo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 10 120 130
Presentación oral A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 1 9 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O/A alumno/a realizará o traballo baixo a dirección dun/ha profesor/a, que orientará, realizará un seguimento do proceso de elaboración e autorizará a presentación e defensa do mesmo.
Presentación oral O día senalado no calendario académico do centro, o/a alumno/a presentará e defenderá o seu traballo perante unha comisión avaliadora nomeada pola Xunta de Facultade, nun tempo máximo de 20 minutos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A TFG elaborarase baixo a coidadosa supervisión do profesorado asignado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 Será valorada polo tribunal, según o seguinte:

1. Exposición (35%):
-axustada ao tempo
-clara e estruturada
-corrección e adecuación lingüística

2. Contido do discurso (35%):
-capacidade de síntese
-atención aos aspectos relevantes do traballo

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%):
-resposta axeitada a todas as observacións e preguntas

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%)
-utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio
30
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 Será valorado polo/a director/a do traballo, según o seguinte:

1. Aspectos formais (20%):
-adecuación ao formato establecido (véxase abaixo, nas "Observacións")
-citas e referencias bibliográficas
-presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos, etc.)
-corrección lingüística.

2. Contido (60%):
-estrutura do contido: coherente e adecuada ao tema
-claridade expositiva
-selección e utilización da bibliografía
-resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%):
-organización, temporalización, autonomía
70
 
Observacións avaliación

1. O formato establecido para os traballos é o seguinte:

- Terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras (para o cómputo non se terán en conta os apartados a), b), c), g) nin h)). Presentarase en PDF con formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 12 puntos. A paxinación dos apartados b) e c) realizarase en numeración romana.

- O traballo incluirá:

a) Capa, na que figurará, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace do director ou da directora co seu nome e sinatura electrónica, e o ano de presentación. Non se numerará.

b) Índice do traballo con paxinación.

c) Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.

d) Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.

e) Traballo.

f) Conclusións.

g) Referencias bibliográficas

h) Anexos (se os houber)

2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral.

4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.

5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica Swales, John M. (1994). Academic writing for graduate students essential tasks and skills: a course for nonnative speakers of english.. Ann Arbor: The University of Michigan Press.
Murray, Rowena. (2006). The handbook of academic writing: a fresh approach.. Maidenhead, England; New York: McGraw-Hill: Open University Press.

Bibliografía complementaria

A que recomendar o profesorado que supervise o traballo.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías