Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Variedades do Inglés Código 613G03042
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das numerosas e complexas manifestacións da lingua inglesa, agás as consideradas estándar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A17 Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas.
A19 Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa.
A20 Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Durante e (especialmente) ao final do curso, espérase que os/as estudantes saiban como... - achegarse ao mundo das variedades lingüísticas e culturais da lingua inglesa desde un punto de vista ético e poscolonial, - analizar os aspectos socioculturais, políticos, económicos e militares que rodean a expansión da lingua inglesa e as súas consecuencias (por exemplo, o capitalismo, o colonialismo, a globalización, a emigración, etc.), - localizar as rexións xeográficas e/ou países das devanditas variedades do inglés en todo o mundo, - familiarizarse coas principais características culturais das rexións e/ou países mencionados (a historia, a literatura, a relixión, os costumes, etc.), - identificar o sistema fonológico, morfológico e léxico do inglés, así como as características dos seus acentos e dialectos, - recoñecer variedades do inglés en torno ao xénero, clase, idade, orixe étnica, profesión, etc. A1
A2
A6
A9
A11
A17
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e conceptos básicos. O inglés no mundo. Colonialismo, postcolonialismo e diásporas. Inglés v. inglés.

Acento, argot, bilingüismo, crioulo, dialecto, diglosia, idiolecto, lingua franca, xerga, pidgin, rexistro, etc.
2. O inglés no centro do imperio. O inglés da raíña. O inglés da BBC. O inglés británico estándar como dialecto. Variedades de Londres, o inglés de Escocia, o Wenglish, o inglés do norte, do sur e da área central de Inglaterra.

3. O inglés nas Américas.


O inglés americano, o inglés afro-americano, o de Canadá, o inglés Chicano, o crioulo de Louisiana, o do Caribe.
4. O inglés en África.
Variedades de Camerún, Gana, Kenia, Liberia, Nixeria, Sudáfrica.
5. O inglés en Asia e Oceanía. Variedades de India, Australia, Nova Zelandia, o inglés do pobo Maorí, o pidgin das Illas Solomon.
6. Outras variedades. O inglés académico (ex. MLA). O inglés segundo clase, xénero, idade, etnia, profesión, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 16 26 42
Obradoiro A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 16 16 32
Proba mixta A1 A2 A6 A11 A20 B6 B7 B8 C4 2.5 25 27.5
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 0.5 10 10.5
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As clases en GRUPO GRANDE adicaranse á presentación e discusión do material e dos textos orais e escritos que ilustrarán os conceptos xerais. Asignaranse lecturas, visionados ou audicións para cada clase e cóntase con que o alumnado amose a súa comprensión do material, que terá revisado antes da clase.
Obradoiro Os obradoiros (ou "clases prácticas") terán lugar na aula de ordenadores. Leranse, escoitaranse e analizaranse textos con diferentes variedades do inglés. O alumnado deberá responder a este material por escrito, con frecuencia en Moodle.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Presentación oral Tarefas que se completarán individual ou colaborativamente nas que o alumnado demostrará oralmente a súa comprensión do material.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Estou encantada de recibir ao alumnado no meu gabinete e/ou a través de Teams nas horas de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 -Presentación individual en clase: 10%. As presentacións deben facer unha análise práctica (das características fonéticas, gramaticais e/ou léxicas) dunha canción, unha película, un relato, etc. nunha variedade de inglés (non estándar) que NON se trata en clase.

-Vídeo-presentación grupal (OPCIONAL): 10%. Tedes que gravar un vídeo entre 3 e 9 estudantes, onde cada persoa imite respetuosamente un acento inglés (non estándar). Podedes elixir calquera variedade excepto a da vosa presentación individual.

O resto das pautas proporcionaranse ao seu debido tempo.
20
Obradoiro A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 Nos obradoiros as/os estudiantes terán que aportar as súas análises e comentarios sobre o material tratado ese día (ou outros) no foro de Moodle (20%). Cara a final de curso, haberá un test práctico en papel (10%). 30
Proba mixta A1 A2 A6 A11 A20 B6 B7 B8 C4 O exame final constará de preguntas e/ou exercicios sobre as lecturas obrigatorias. Haberá un exame parcial sobre a primeira metade das devanditas lecturas. O estudantado que o aprobe só terá que estudar a segunda metade para o exame final; quen suspenda o parcial serán examinadas/os de todo o programa en xuño e/ou xullo. 50
Discusión dirixida A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 O alumnado dispoñerá dun calendario de lecturas e terá que ler os textos con anterioridade á clase para poder seguir a explicación da profesora, participar nos debates, contestar a preguntas, etc. A participación oral contará como PUNTUACIÓN EXTRA (vid. observacións). 0
 
Observacións avaliación

-Todas as actividades, incluídos os exames, teñen que estar escritas con letra clara; os erros de gramática, vocabulario, deletreo, puntuación e estilo en xeral repercutirán negativamente nas notas.

-Para aprobar amateria, hai que sacar polo menos un 5 sobre 10 nos dous apartados do OBRADOIRO, na PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL, a PROBA MIXTA e a nota final.

-A participación oral do alumnado contará como puntuación extra, que se engadirá á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5.

-No exame oficialde XULLO haberá preguntas sobre as lecturas obrigatorias e un test práctico. A data do exame, teredes que poñer os exercicios no foro e colgar a presentación oral individual. O vídeo-proxecto en grupo taménserá opcional. Cabe sinalar que cada estudante deberá realizar a(s) sección(s)que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado quese presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normasespecificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantadomatriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberáporse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarasesegundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter acualificación de "Non presentado", a/o estudante debe facer polomenos a metade do traballo puntuable.

-Todos ostraballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unhapenalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesoradopode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballodo estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de"cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica            

Ahmad, Dohra, ed. Rotten English: A Literary Anthology. W. W. Norton & Co., 2007. 

Cheshire, Jenny. English Around the World: Sociolinguistic Perspectives. Cambridge UP, 1991.

Crystal, David. English as a Global Language. Cambridge UP, 2003. 

Freeborn, Dennis, et al. Varieties of English: An Introduction to the Study of a Language. Macmillan, 1993. 

Graddol, David, Dick Leith, and Joan Swann. English: History, Diversity and Change. Open University, 1996. 

Hickey, Raymond, ed. Legacies of Colonial English: Studies in Transported Dialects. Cambridge UP, 2004. 

Hughes, Arthur, Peter Trudgill, and Dominic Watt. English Accents and Dialects: An Introduction to Social and Regional Varieties of British English. Hodder Arnold, 2005. 

Kortmann, Bernd, et al. A Handbook of Varieties of English. 2 Vols.and CD. Mouton de Gruyter, 2004. 

Krachu, Braj B., Yamuna Kachru, and Cecil L. Nelson, eds. The Handbook of World Englishes. Blackwell, 2006. 

Schneider, Edgar. Postcolonial English: Varieties Around the World. Cambridge UP, 2007. 

Seoane, Elena, and Cristina Suarez-Gomez, eds.  World Englishes: New Theoretical and Methodological Considerations. John Benjamins, 2016. 

Filmografía básica          

The Adventures of Priscilla, Queen of the Desert. Dir. Stephan Elliot. Perf. Terence Stamp, Hugo Weaving, Guy Pierce, etc. Gramercy Pictures, 1994. 

Bend It like Beckham. Dir. Gurinder Chadha. Perf. Parminder Nagra, Keira Knightley, etc. 20th Century Fox, 2002. 

Keeping Up Appearances. Dir. Harold Snoad. Perf. Patricia Routledge, Clive Swift, etc. BBC, 1990-1995.

My Fair Lady. Dir. George Cuckor. Perf. Audrey Hepburn, Rex Harrison, etc. Warner Bros, 1964. 

Monsoon Wedding. Dir. Mira Nair. Perf. Vasundhara Das, Vijay Raaz, etc. Mirabai Films, 2001. 

Real Women Have Curves. Dir. Patricia Cardoso. Perf. America Ferrera, Lupe Ontiveros, etc. HBO, 2002.

Websites básicas 

The Routes of English. BBC Radio 4. n.d. www.bbc.co.uk/radio4/routesofenglish/. 20 July 2021.

Worldwide Accents of English. Gabrielle Azzaro. 2000. www.gazzaro.it/accents/files/accents2.html. 20 July 2021.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías