Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Lingua Galega e Usos Código 613G03045
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Profesorado
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das relacións entre norma e usos da lingua galega, con especial atención á problemática sociolingüística.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. A1
A2
A3
A4
A9
A11
A14
A15
B1
B3
B4
B5
B7
B8
C1
Recoñecer a lingua como un vehículo de creación e transmisión cultural que produce e reproduce as relacións de xénero no plano simbólico. A4
B4
B8
B10
C4
C7
Desenvolver estratexias e técnicas que permitan comprender os procesos comunicativos e, especialmente, identificar os patróns de xénero que rexen a comunicación. A4
A10
B3
B4
B5
B8
C4
C7
Realizar análises segundo os principios e os métodos propios das correntes teóricas máis relacionadas cos contidos da materia. A1
A2
A3
A4
A9
A10
A11
A14
A15
B3
B4
B5
B7
B8
B9
C1
C8
Desenvolver un pensamento crítico sobre a situación sociolingüística no espazo cultural galego. A4
A10
A11
A14
A15
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C8
Saber detectar os usos sexistas e desenvolver pautas de interpretación non androcéntricas. A4
A10
A11
A15
B4
B10
C4
Acreditar o coñecemento e manexo dos principais recursos bibliográficos, bases de datos e repositorios dixitais sobre lingua e sociolingüística no ámbito cultural galego. A4
A11
A15
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B9
C4
C6
C8
Ter un dominio avanzado da norma gramatical galega, así como coñecer o proceso de estandarización e a variación lingüística do galego. A4
A9
A10
A15
B4
B7
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Lingua, estándar e variación 1.1. Norma e uso. Definicións e tipos. Relacións entre norma e variedade estándar.
1.2. O proceso de estandarización da lingua galega.
1.3. A variación lingüística: histórica, xeográfica, social, situacional e de xénero.
2. Norma e calidade lingüística 2.1. O concepto de lingua de calidade
2.2. Aspectos ortográficos e ortolóxicos
2.3. Aspectos morfosintácticos
2.4. Aspectos léxico-semánticos
2.5. Aspectos pragmático-textuais
3. Usos lingüísticos e situación sociolingüística galega 3.1. Usos lingüísticos e ámbitos de uso: familia, amizades, traballo, comercio local, finanzas, escola, administración, saúde, medios de comunicación; oral/escrito; popular/culto; urbano/tradicional
3.2. A situación sociolingüística de Galiza. Natureza social da lingua. Problemática das linguas sen normalizar. Ideoloxías e xuízos de valor sobre as linguas. Monolingüismo, bilingüismo, diglosia, multilingüismo e plurilingüismo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A10 A11 A14 B4 B5 B8 B9 B10 C4 C6 C8 17.5 8 25.5
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C7 9 16.5 25.5
Lecturas A1 A3 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 C1 C6 2 20 22
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C4 1 18.5 19.5
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 2 15 17
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
No inicio do curso haberá ACTIVIDADES INICIAIS a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións de que parte o alumnado.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo/a profesor/a.
Traballos tutelados Trátase dunha tarefa en que o alumno ou alumna ten de mostrar a súa capacidade de aprofundar nun tema de maneira autónoma.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais. Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C7 Actividades prácticas presenciais e lecturas derivadas das sesións maxistrais, nas cales se avaliará a asistencia, a participación e a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a clareza e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. 10
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C4 Traballo en que se escolle un tema acordado co profesor ou profesora, no cal será tida en conta a orixinalidade da proposta, o desenvolvemento da exposición e a corrección lingüística. O traballo será obrigatorimente exposto nunha data marcada polo profesor ou profesora. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Proba escrita con elementos teórico-prácticos.
Serán valoradas nesta proba cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva.
50
 
Observacións avaliación

CUESTIÓNS PREVIAS SOBRE A DOCENCIA E A AVALIACIÓN

Segundo se recolle nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras de ambos os sexos e propiciarase a intervención de alumnas e alumnos nas aulas, entre outras medidas.

Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes sexistas e influirase na contorna para os mudar e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razóns de xénero e proporanse accións e medidas para as corrixir.

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DA AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá superar (con 5 valores sobre 10) o "Traballo tutelado" e a "Proba mixta". En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na segunda oportunidade, segundo as normas que se detallan no apartado 2 destas “Observacións”.

1.2. As actividades prácticas impartiranse exclusivamente nos días fixados polo profesorado da materia. Non serán obxecto de avaliación aquelas actividades que se entreguen fóra de prazo e/ou que non cumpran as directrices establecidas.

1.3. Todas as probas e actividades deben cumprir uns requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía, puntuación, acordo sintáctico, ausencia de repeticións, precisión léxica, rexistro formal, etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Mínimos requisitos para a corrección lingüística" (aprobado pola Sección Galego-Portuguesa o 07/06/2018 e publicado no Campus Virtual) .

 2. AVALIACIÓN DA 2a OPORTUNIDADE (xullo)

 2.1. Na 2a oportunidade os alumnos serán avaliados cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na anterior oportunidade. Do mesmo xeito que na 1a oportunidade, para aprobar a materia nesta ocasión o alumnado deberá superar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE TEMPRANA DE DECEMBRO

3.1. Nesta ocasión, cada alumno/a será avaliado mediante unha “Proba Mixta”, que suporá o 50% da cualificación final e que terá lugar na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía, e prácticas diversas (exercicios, traballos, etc.), obtivo un 50%.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

4.1. Considerarase Non Presentado o alumnado que non acuda á “Proba Mixta” e/ou non se presente nin se traballe supervisado.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON EXCESO ACADÉMICO

5.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica da exención de asistencia concedida deberá poñerse en contacto co profesorado da materia ao comezo do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación respecto das actividades presenciais. (que serán substituídas por outras actividades equivalentes non presenciais). Así mesmo, aqueles alumnos que xustifiquen a imposibilidade de asistir a clase deberán dirixirse ao profesorado responsable.

6. COMPORTAMENTO NON ÉTICO

Calquera caso de plaxio ou fraude académica suporá un suspenso (0) na materia, tal e como recolle o Regulamento Disciplinario do Alumnado da UDC: “Calificación de suspenso na convocatoria na que se cometa falta respecto da materia en que se cometese: o/a alumno/a será cualificado con 'suspenso' (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procede a modificar a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso".

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías