Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura Norteamericana nos seus Textos Código 613G03047
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Estévez Saa, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Profesorado
Estévez Saa, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Web http://www.imaes.eu
Descrición xeral Este curso está deseñado co fin de que a/o estudiante se familiarice coa literatura multi-étnica dos Estados Unidos. Prestarase especial atención á segunda metade do século XX e ao século XXI. Esta materia complementa as das asignaturas obrigatorias de literatura norteamericana; daquela, se optará por seleccionar un número limitado de "estudos de caso" (p. ex. textos da tradición literaria mexicano-americana e asiático-americana).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Familiarizarse con algúns dos autores máis pertinentes e os seus textos correspondentes. A1
A7
Aprender a ler criticamente. Ser capaz de aplicar un enfoque social (xénero, raza, clase...) na analice dos textos presentados, así como de comparar e relacionar os devanditos textos cos de outras tradicións literarias. A6
A10
A15
B5
B7
Usar a bibliografía apropiada (libros, capítulos de libros, ou revistas literarias), así como realizar tarefas de investigación a través de Internet. B1
B2
B3
B9
Ter dominio da lingua inglesa (C1/C2) a nivel oral y escrito. Os exercicios escritos deben estar ben organizados, ser coherentes e comprensibles. A6
A8
A9
A18
B10
Ser capaz de traballar en grupos, organizar o uso do tempo asignado, analizar as prioridades, compartir información e coñecementos, distribuir tarefas y responsabilidades individuais, e aproveitar as distintas capacidades dos membros do equipo. B6
Esta asignatura anima á reflexión acerca da diferencia, da "otredade", e da nosa actitude cara a ese outro/a. O coñecemento dos antecedentes socio-históricos debería axudar aos/ás estudiantes a comprender mellor as diferenzas que existen na sociedade e a respetalas. B8
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Contextos e conceptos chave. 1. Concepts of race and ethnicity
2. Race and ethnicity in the US: a socio-historical introduction
3. Asian American literature: an overview
TEMA 2 - Consideracións teóricas. 1. Colonialism, postcolonialism, multiculturalism, interculturalism, transculturalism
2. Linguistic Considerations
TEMA 3 - Novas cartografías migratorias. 1. Cultural and Spatial Contexts
TEMA 4 - Estudos de caso. 1. Jeanine Cummins, 'American Dirt'. Flatiron, 2020.
2. Julissa Arce, 'My (Underground) American Dream'. Center Street, 2016.
3. Lan Cao, 'The Lotus and the Storm. A novel'. Penguin, 2014.
4. Nami Mun, 'Miles from Nowhere'. Riverhead, 2009.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 1 28 29
Sesión maxistral A7 8.5 0 8.5
Análise de fontes documentais A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 18 18 36
Traballos tutelados A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 2 20 22
Proba mixta A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 2 14 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderá organizarse algunha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades.
Análise de fontes documentais Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura dos textos. Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa
Traballos tutelados Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante os meses de abril e maio as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora e organizarán foros de debate nos que participará o resto do alumnado. Unha vez pechen os devanditos foros, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo.
Proba mixta Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As presentacións orais son unha tarefa esixente para a meirande parte das/dos estudantes. Daquela, se levarán a cabo titorías en grupo reducido e/ou individuais, para axudar a plantexar o traballo e dar pautas de mellora se se detectan problemas lingüísticos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. 30
Proba mixta A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. 40
Traballos tutelados A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante os meses de abril e maio as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora e organizarán foros de debate nos que participará o resto do alumnado. Unha vez pechen os devanditos foros, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final (isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado).

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO : Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (40%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (30%), en substitución do traballo grupal.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

ESTUDANTES CON DISPENSA : Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo).

Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidadede Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).


Fontes de información
Bibliografía básica

FONTES PRIMARIAS:

1. Jeanine Cummins, American Dirt. Flatiron, 2020.

2. Julissa Arce, My (Underground) American Dream. Center Street, 2016.

3. Lan Cao, The Lotus and the Storm. A novel. Penguin, 2014.

4. Nami Mun, Miles from Nowhere. Riverhead, 2009.

Bibliografía complementaria

FONTES SECUNDARIAS RECOMENDADAS: 

  • Crystal PARIKH and Daniel KIM's The Cambridge Companion to Asian American Literature (Cambridge Univ. Press, 2015)
  • Rachel LEE's The Routledge Companion to Asian American and Pacific Islander Literature (Routledge, 2016).  
  • Francisco A. LOMELÍ and Donaldo W. URIOSTE. Perpectives in Chicano Literature. (Pajarito, 1976).

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Norteamericana 1/613G03024
Literatura Poscolonial/613G03026
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032
Literatura Norteamericana 2/613G03035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/613G03041

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías