Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Español como L2 Código 613G03048
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha iniciación á metodoloxía do ensino do español como lingua estranxeira.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A1
A11
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. A5
A10
B2
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. A3
A14
B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma A8
B4
C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
0. Presentación. Consideracións xerais
0.1. Características dun bo profesor de linguas extranxeiras.
0.2. Precisións terminolóxicas iniciais.
0.3. Presentación do Marco común europeo de referencia e do Plan curricular del Instituto Cervantes.
1. A adquisición de linguas estranxeiras e segundas linguas 1.1. Precisions conceptuais
1.2. Algunhas teorías sobre a aprendizaxe da L2
1.3. Factores condicionantes na aprendizaxe da L2
2. Métodos e enfoques do ensino do ELE 2.1. Metodoloxía, método, enfoque: precisións teminolóxicas
2.2. Evolución histórica dos principais métodos previos ao enfoque comunicativo
2.3. Enfoque comunicativo
2.4. Metodoloxía no MCER
2.5. Novas perspectivas: ensino de L2 con fines específicos
2.6. Diseño curricular no ensino-aprendizaxe de L2
3. Avaliación 3.1. Introdución
3.2. Avaliación no MCER
3.3. DELE e Proxecto Dialang
3.4. Como elaborar probas de avaliación
3.5. Os erros. Como corrixilos
4. Didáctica de ELE 4.1. Destrezas lingüísticas
4.1.1. Presentación
4.1.2. Expresión ou interacción oral
4.1.3. Expresión escrita
4.1.4. Comprensión auditiva
4.1.5. Comprensión lectora
4.1.6. Como ensinar gramática
4.1.7. Como enseñar vocabulario
4.2. A realidade da aula
5. Materiais didácticos Ideas, materiais e actividades de ELE.
6. Novas tecnoloxías no ensino de ELE Uso práctico das TIC no ensino de ELE.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C7 C8 2 16 18
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 1 20 21
Presentación oral A5 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 0.5 5 5.5
Lecturas A3 A8 A11 A14 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 1 10 11
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 16 18 34
Sesión maxistral A1 A3 A11 A14 B5 B8 C6 C8 7 14 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Trátase dunha proba na que se avaliará a asimilación dos contidos aprendidos e, sobre todo, a capacidade do alumno para aplicalos á práctica do ensino de español como lingua estranxeira. Así mesmo, valorarase notablemente o rigor e a corrección no uso da lingua.
Traballos tutelados O alumno terá que realizar un traballo que consistirá ben no deseño e planificación dunha clase de español como LE (ou como L2), ben na elaboración dunha secuencia didáctica. O seguimento por parte da profesora será obrigatorio.
Presentación oral O alumno deberá expoñer o traballo tutelado. Para iso deberá servirse de todo tipo de recursos e materiais que considere necesarios.
Lecturas O alumno deberá facer lecturas relacionadas cos contidos do temario.
Obradoiro O alumno realizará actividades na aula e fóra dela, tanto grupais coma individuais, das que a profesora avaliará unicamente unha parte.
Sesión maxistral A profesora presentará os temas nunha sesión expositiva, que enfocará do xeito máis práctico posible.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
As actividades dos obradoiros e o traballo titorizado levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica un uso intensivo das titorías.
A atención personalizada faise especialmente necesaria nas actividades cuxa formulación ou desenvolvemento sexan diferentes para cada estudante.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo e o exame final.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 A profesora recollerá unha pequena parte representativa das actividades tanto na aula como fóra. 25
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 O alumno terá que realizar en equipo un traballo titorizado que consistirá na elaboración dunha secuencia didáctica.
Será obrigatorio o seguimento por parte da profesora. Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión. Así mesmo, valorarase a colaboración dos membros do grupo, polo que se penalizará o «grupo grampadora».
35
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C7 C8 Trátase dunha proba escrita na que se avaliará a asimilación crítica dos contidos aprendidos e, sobre todo, a capacidade do alumno para aplicalos á práctica do ensino de español como lingua estranxeira.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o rigor conceptual, a capacidade de sintetizar e analizar criticamente a información e a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos ás propostas didácticas concretas. Así mesmo, valoraranse a corrección idiomática, a coherencia e a cohesión das respostas dadas.
20
Presentación oral A5 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Expoñerase as partes máis interesantes do traballo titorizado. Valorarase a propia exposición oral e o uso que se faga dos recursos e materiais de apoio deseñados. 20
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

 -
Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final
oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

-
Na primeira oportunidade, aqueles alumnos que asistan con asiduidade a
clase (que teñan como mínimo o 80% de asistencia), segundo o criterio da profesora, poderían quedar
exentos de realizar o exame final oficial. Como consecuencia,
reformularíase o peso porcentual dos instrumentos de avaliación no
sentido seguinte: o traballo grupal tutelado pasará a valer o 45% e o obradoiro, o 35%.

-
Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles estudantes que non
superasen a materia, que asistisen regularmente a clase e que realizasen
un 60% das actividades propostas terán que repetir unicamente aqueles
instrumentos de avaliación non superados. Nos casos restantes, serán
avaliados cunha proba mixta que valerá 50% e coa realización do traballo
tutelado (50%).

- Non se admitirán traballos entregados fóra de prazo.

-
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de
corrección lingüística propias destes textos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionar,
etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

- O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen
indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta
de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da
actividade ou da proba.

- A profesora adaptará o sistema de avaliación a aqueles estudantes
que non poidan asistir ás aulas (por exemplo, os que teñen adicación a
tempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou os que precisen da adopción de medidas encamiñadas ó
apoio á diversidade, co fin de non prexudicar as súas cualificacións.

- Alumnos erasmus e extranxeiros: recoméndase un nivel equivalente a B1
como mínimo para matricularse nesta materia. Despois de cursala esixirase para superar a materia un nivel equivalente a B2.



Fontes de información
Bibliografía básica Pastor Cesteros, Susana (2004). Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante
Martín Peris, Ernesto et al. (2008). Diccionario de términos clave de ELE. En línea en http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/. Madrid: SGEL
Estaire, Sheila (2009). El aprendizaje de lenguas mediante tareas: de la programación al aula. Madrid: Edinumen
Martínez Rebollo, Alfonso (2014). Enseñanza, adquisición y aprendizaje de la lengua extranjera (LE). Una revisión teórica desde la práctica reflexiva del aula. Murcia: Ediciones de la Universidad de Murcia (Editum)
Matte Bon, Francisco (1995). Gramática comunicativa del español. Madrid: Edelsa
Romero Dueñas, Carlos y González Hermoso, Alfredo (2011). Gramática del español lengua extranjera. Normas. Recursos para la comunicación. Madrid:Edelsa
Martín Peris, Ernesto; Sabater, Maria Lluïsa y García Santa-Cecilia, Álvaro (2012). Guía para el diseño de currículos especializados. Madrid: Instituto Cervantes
Fernández, Isabel Gretel María Eres (2010). La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco/Libros
(2002). Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. En línea en http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/. Madrid: Instituto Cervantes, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Anaya
(). Página Web del Centro Virtual Cervantes. En http://cvc.cervantes.es/ensenanza/
(2006, 2007). Plan curricular del Instituto Cervantes. Niveles de referencia para el español. En línea en http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/plan_curricular/. Madrid: Instituto Cervantes-Biblioteca Nueva
Williams, Marion y Burden, Robert L. (2008). Psicología para profesores de idiomas. Enfoque del constructivismo social. Madrid: Edinumen
Alonso, Encina y otros (2012). Soy profesor/a. Aprender a enseñar. Madrid: Edelsa
Sánchez Lobato, Jesús y Santos Gargallo, Isabel (dirs.) (2008). Vademécum para la formación de profesores: enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Alcobendas: SGEL

Os alumnos han de estar atentos con asiduidade á plataforma Moodle da UDC na que se poñerá material necesario para o axeitado seguimento da materia: esquemas, exercicios, lecturas, entre outros.

Bibliografía complementaria

Proporcionarase bibliografía específica en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías