Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Español como L2 Código 613G03048
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martín Molares, Mónica
Correo electrónico
monica.martin.molares@udc.es
Profesorado
Conde Noguerol, Eugenia
Martín Molares, Mónica
Correo electrónico
eugenia.noguerol@udc.es
monica.martin.molares@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha iniciación á metodoloxía do ensino do español como lingua estranxeira.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A1
A11
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. A5
A10
B2
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. A3
A14
B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma A8
B4
C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A adquisición de linguas estranxeiras e segundas linguas 1.1. Precisions conceptuais
1.2. Algunhas teorías sobre a aprendizaxe da L2
1.3. Factores condicionantes na aprendizaxe da L2
2. Métodos e enfoques do ensino do ELE 2.1. Metodoloxía, método, enfoque: precisións teminolóxicas
2.2. Evolución histórica dos principais métodos previos ao enfoque comunicativo
2.3. Enfoque comunicativo: MCER e PCIC
2.4. Novas perspectivas
3. Didáctica de ELE 3.1. Competencias, destrezas e contidos
3.2. Materiais didácticos
3.3. Avaliación e corrección
4. Novas tecnoloxías no ensino de ELE 4.1. Uso práctico das TIC no ensino de ELE

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 0 30 30
Presentación oral A5 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 4 10 14
Lecturas A3 A8 A11 A14 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 0 20 20
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 7.5 15 22.5
Estudo de casos A1 A3 A5 A8 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 4 4 8
Sesión maxistral A1 A3 A11 A14 B5 B8 C6 C8 16 0 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar un traballo final para a materia baixo a orientación e seguimento da profesora.
Presentación oral O alumnado realizará postas en común e presentacións de leituras para a súa discusión no marco da aula.
Lecturas O alumnado deberá facer lecturas relacionadas cos contidos do temario.
Obradoiro O alumnado realizará actividades e tarefas no marco da aula. Un máximo de catro destas actividades serán entregadas para a súa avaliación.
Estudo de casos O alumnado realizara, baixo a guía do profesorado e coa utilización de distintas ferramentas, análises de materiais de ELE para afianzar o contacto coa práctica docente na aula.
Sesión maxistral A profesora presentará os temas en sesións expositivas, que enfocará do xeito máis práctico posible.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
As actividades dos obradoiros e o traballo titorizado levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica un uso intensivo das titorías.
A atención personalizada faise especialmente necesaria nas actividades cuxa formulación ou desenvolvemento sexan diferentes para cada estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 Durante todo o cuadrimestre, serán programadas até un máximo de 4 entregas avaliables de tarefas de clase a través do Campus Virtual.
As instrucións e datas límite para a realización de cada unha delas, así como os criterios de avaliación, serán postos ao dispor do alumnado a través da mesma ferramenta.
50
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 O alumnado terá que realizar un traballo tutelado cuxas instrucións, materiais e ferramentas de preparación serán proporcionadas a través do Campus Virtual.
Valorarase o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumnado para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo e a capacidade para planificar e xestionar cada tarefa con eficacia. Igualmente, serán fundamentais a corrección idiomática, a coherencia, cohesión e adecuación do texto resultante.
50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e apropiado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non se admitirá ningún traballo nen tarefa entregada fóra de prazo.

3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas doutra autoría sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades.

5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tivese suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do trabajo ou entrega de exercicios por medio do Campus Virtual, indicando as datas e procedimentos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia. 

9. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 de acordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

 

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e as porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o alumnado restante.

O profesorado porá a disposición deste estudantado as instrucións para a realización das actividades e a súa entrega a través do Campus Virtual.

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario apropiado tanto para o estudantado como para o profesorado.

 

Oportunidade extraordinaria de decembro

O estudantado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100 % da calificación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Pastor Cesteros, Susana (2004). Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante
Instituto Cervantes (CVC). Centro Virtual Cervantes. En: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/
Martín Peris, Ernesto (dir.) (2008). Diccionario de términos clave de ELE. En: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/
Estaire, Sheila (2009). El aprendizaje de lenguas mediante tareas: de la programación al aula. Madrid: Edinumen
Martínez Rebollo, Alfonso (2014). Enseñanza, adquisición y aprendizaje de la lengua extranjera (LE). Una revisión teórica desde la práctica reflexiva del aula. Murcia: Ediciones de la Universidad de Murcia (Editum)
Matte Bon, Francisco (1995). Gramática comunicativa del español. Madrid: Edelsa
Romero Dueñas, Carlos y Alfredo González Hermoso (2011). Gramática del español lengua extranjera. Normas. Recursos para la comunicación. Madrid: Edelsa
Martín Peris, Ernesto; Maria Lluïsa Sabater y Álvaro García Santa-Cecilia (2012). Guía para el diseño de currículos especializados. Madrid: Instituto Cervantes
Fernández, Isabel Gretel María Eres (2010). La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco/Libros
MCER (2002). Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Madrid: Instituto Cervantes. En: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/
PCIC (2006, 2007). Plan curricular del Instituto Cervantes. Niveles de referencia para el español. Madrid: Instituto Cervantes. En: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/plan_curricular
Williams, Marion y Robert L. Burden (2008). Psicología para profesores de idiomas. Enfoque del constructivismo social. Madrid: Edinumen
Alonso, Encina y otros (2012). Soy profesor/a. Aprender a enseñar. Madrid: Edelsa
Sánchez Lobato, Jesús e Isabel Santos Gargallo (dirs.) (2008). Vademécum para la formación de profesores: enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Alcobendas: SGEL
Bibliografía complementaria

Proporcionarase bibliografía específica en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías