Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Idioma Moderno 4: Francés Código 613G03049
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
m.luis@udc.es
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral), insistindo especialmente na comprensión oral de discursos de certa complexidade.

Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias do nivel B1+ segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA

1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS
Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente.
Debido ao carácter cíclico e acumulativo da materia, ademáis dos propios da materia, indirectamente tamén se avaliarán os contidos e destrezas correspondentes a niveis anteriores.

2. METODOLOXÍAS

2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN

• ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación)
• LECTURAS (non computa na avaliación)
• PROBA ORAL (computa na avaliación)

2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación)
• DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación)

As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos.
As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. Agás casos de forza maior, e sempre coa autorización expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico.
Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación.

• PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído.

3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado.

4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN

4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final
Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• DISCUSIÓN DIRIXIDA: 35% da cualificación final
Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• PROBA ORAL: 15% da cualificación final
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado.

4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.
2. A materia está dividida en dúas partes: teórico-práctica (contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita) [50% da nota final] e práctica (léxico, expresión, comprensión e interacción oral) [50% da nota final]. É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada unha destas dúas partes para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda oportunidade de xullo.
2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todos os contidos e destrezas obxecto da materia. Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial ou virtual de clase o alumnado deberá realizar unha tarefa práctica, que entregará por correo electrónico ou polos medios virtuais que especifique o profesorado. Agás causa xustificada e sempre coa autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.
O profesorado remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico.
Para que estas actividades podan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado (na data fixada para cada unha delas) e aprobado o 85% das actividades programadas e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10.
2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, consistente na presentación dun traballo tutelado, que se realizará a través de ferramentas virtuais e preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demáis indicacións para a realización desta proba.
3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final):
a) Un 100% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.).
Esta parte considérase aprobada se o valor do apartado a é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).
3.2. Parte práctica (50% da cualificación final):
a) Un 70% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.).
b) Un 30% da nota valorará a presentación oral (segundo o exposto no apartado 2.2).
Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a + b é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).
4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo, segundo as mesmas porcentaxes e criterios definidos no apartado 3. O profesorado da materia fará públicas en Moodle e coa suficiente antelación as instrucións correspondentes.
O alumnado poderá consultar en Moodle, no arquivo onde se fagan públicas as notas oficiais da primeira oportunidade, a(s) parte(s) que, de ser o caso, terá que recuperar na segunda oportunidade de xullo.
5. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas no apartado 3).
6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA

O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter un notable dominio do código ortográfico, da norma gramatical e do léxico máis común que permita construír discursos cun grao elevado de corrección e coherencia. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Escribir textos claros e estruturados sobre unha ampla serie de temas do seu interese ou relacionados coa vida cotiá, aínda que de extensión e complexidade limitada. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Expresarse oralmente en situacións da vida cotiá ou académica con bastante claridade e eficacia e cun ritmo bastante uniforme. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Ler de xeito comprensivo e con certo grao de autonomía textos variados, sempre que non traten de temáticas especializadas ou utilicen unha linguaxe específica. A8
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Comprender as ideas principais dun discurso oral lingüísticamente complexo que trate temas concretos ou abstractos razoablemente coñecidos e pronunciados cun nivel de lingua estándar. A8
A15
B4
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
A. Gramática
1. Adxectivos e pronomes indefinidos.
2. O "gérondif" e o "participe présent".
3. A expresión da concesión e da oposición.
4. O verbo: a correlación temporal.
5. O indicativo, o subxuntivo e o infinitivo nas subordinadas.
6. Principais conectores para a organización dos textos escritos.
B. Obxectivos comunicativos 1. Resumir, interpretar, comentar e valorar diferentes tipos de discursos.
2. Expoñer e xustificar/criticar tomas de decisións, posturas, ideas, comportamentos...
3. Preguntar e responder sobre sucesos, experiencias...
4. Interactuar e reaccionar adecuadamente en diversos contextos.
5. Adecuar a entoación ás intencións comunicativas.
6. Solucionar dificultades expresivas.
C. Léxico 1. Identificación e caracterización de persoas, obxectos e situacións.
2. Relacións humanas e sociais.
3. Organización social e servizos públicos: formularios administrativos frecuentes.
4. Siglas e abreviaturas de uso frecuente.
5. O CV e a carta de presentación/motivación.
6. Expresións idiomáticas e frases feitas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A10 A15 B1 B4 B5 B6 B8 C2 1 0 1
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 16 25 41
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 15 25 40
Lecturas A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 6 6
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Solución de problemas Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).
Discusión dirixida Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía).
Lecturas Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Lecturas
Proba obxectiva
Solución de problemas
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos-ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os-as estudantes poden acudir en horario de tutorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais a través de Teams.
Os horarios de tutorías do profesorado da materia pódense consultar no taboleiro de horarios ou na páxina web da facultade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Presentación oral dun traballo tutelado que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
40
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
20
 
Observacións avaliación

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas
oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do segundo
cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As datas oficiais deben ser
contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro
inmediatamente antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida en 2
partes: teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión
escrita] (50% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e
interacción oral] (50% da nota final). É necesario obter unha nota mínima
global de 5 sobre 10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No
caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase
a nota para a segunda oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é
obrigatorio realizar e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final
escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no
calendario oficial de exames da facultade).

2.2. Na parte práctica será
ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha
proba oral final, consistente na presentación oral dun traballo tutelado, que
se realizará ao remate do 2º cuadrimestre. O profesorado comunicará
públicamente a data, hora e lugar de realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é
obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas
as destrezas obxecto da materia. Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial de
clase o alumnado deberá realizar un exercicio non presencial. Agás causa
xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán
as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para
que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é
preciso ter realizado e aprobado, antes da realización do exame da primeira
oportunidade, o 85% das actividades programadas e obter unha nota media de 5
sobre 10.

3. Tendo en conta o anteriormente
exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto
porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (50%
da cualificación final):

a) Un 50% da nota valorará o
exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 45% valorará as actividades
(deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

c) Un 5% corresponderá á
asistencia ás aulas e ás actividades presenciais.

Esta parte considérase aprobada
se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos
apartados a, b desta parte da materia son recuperables, coas mesmas
porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).

3.2. Parte práctica (50% da
cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame
escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 30% valorará o exame oral
(debe cumprir os requisitos do apartado 2.2).

c) Un 35% valorará as actividades
(deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

d) Un 5% corresponderá á
asistencia ás aulas e ás actividades presenciais.

Esta parte considérase aprobada
se a suma dos apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos
apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda
oportunidade de xullo (ver apartado 4).

4. O alumno-a alumna que na
primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios
anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na
oportunidade de xullo (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial
de exames da facultade) segundo as porcentaxes e criterios expresados máis
arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por
non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá
facelo(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización
do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente
antelación.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por
non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda
oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter
acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da
materia fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na
primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de
asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%)
engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación:
a) exame escrito; b) actividades; c) exame oral.

5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas
competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita
teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba
oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).

6. En cada oportunidade de
avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación NP de se dar
simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das
probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da
materia.

7. O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades programadas
segundo o disposto no apartado 2.3 (as actividades presenciais serán
substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario,
aplicaráselle o establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe
asignada en cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica
no apartado 4.3.

O alumnado que teña oficialmente
recoñecida a dispensa académica de exención de asistencia deberá acreditalo
documentalmente á profesora coordinadora da materia antes do mes de marzo do
presente curso.

8. Os traballos académicos
(entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de
avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións
expresas do profesorado, de elaboración individual, e poderán ser incorporados
á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do
mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas
circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

9. Nos casos non contemplados
anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario" da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
BOULARÈS, M. (1997). Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
DELATOUR, Y. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau moyen. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert.
HANSE, J. (1996). Nouveau dictionnaire des difficultés du français moderne. Paris: Duculot
DELATOUR, Y. (2004). Nouvelle grammaire du français. Paris: Hachette.

Bibliografía complementaria

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Tanto nas clases teórico-prácticas como nas prácticas facilitarase ao alumnado diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello ao profesorado da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Francés/613G03016
Idioma Moderno 2: Francés/613G03029
Idioma Moderno 3: Francés/613G03033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso do profesorado, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías