Identifying Data 2023/24
Subject (*) Modern Language 4: French Code 613G03049
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
French
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
E-mail
Lecturers
,
E-mail
Web
General description A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral), insistindo especialmente na comprensión oral de discursos de certa complexidade.

Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias do nivel B1+ segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ter un notable dominio do código ortográfico, da norma gramatical e do léxico máis común que permita construír discursos cun grao elevado de corrección e coherencia. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Escribir textos claros e estruturados sobre unha ampla serie de temas do seu interese ou relacionados coa vida cotiá, aínda que de extensión e complexidade limitada. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Expresarse oralmente en situacións da vida cotiá ou académica con bastante claridade e eficacia e cun ritmo bastante uniforme. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Ler de xeito comprensivo e con certo grao de autonomía textos variados, sempre que non traten de temáticas especializadas ou utilicen unha linguaxe específica. A8
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Comprender as ideas principais dun discurso oral lingüísticamente complexo que trate temas concretos ou abstractos razoablemente coñecidos e pronunciados cun nivel de lingua estándar. A8
A15
B4
B8
C2

Contents
Topic Sub-topic
A. Gramática
1. Os adxectivos e os pronomes indefinidos.
2. O "gérondif" e o "participe présent".
3. A expresión da concesión e da oposición.
4. O verbo: a correlación temporal.
5. O indicativo, o subxuntivo e o infinitivo nas subordinadas.
6. Principais conectores para a organización dos textos escritos.
B. Obxectivos comunicativos 1. Resumir, interpretar, comentar e valorar diferentes tipos de discursos.
2. Expoñer e xustificar/criticar tomas de decisións, posturas, ideas, comportamentos...
3. Preguntar e responder sobre sucesos, experiencias...
4. Interactuar e reaccionar adecuadamente en diversos contextos.
5. Adecuar a entoación ás intencións comunicativas.
6. Solucionar dificultades expresivas.
C. Léxico 1. Identificación e caracterización de persoas, obxectos e situacións.
2. As relacións humanas e sociais.
3. A organización social e os servizos públicos: formularios administrativos frecuentes.
4. Siglas e abreviaturas de uso frecuente.
5. O CV e a carta de presentación/motivación.
6. Expresións idiomáticas e frases feitas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Problem solving A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 16 25 41
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 15.5 25 40.5
Workbook A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 10 10
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 0 6 6
 
Personalized attention 5 0 5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Problem solving Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Directed discussion Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
Workbook Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final, así como outras indicacións importantes.
Speaking test Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), ben mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes (poderanse utilizar textos ou material audiovisual para suxerir distintas situacións comunicativas), ben mediante a exposición dun traballo tutelado.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.

Personalized attention
Methodologies
Speaking test
Workbook
Objective test
Problem solving
Directed discussion
Description
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. A profesora fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
A profesora atenderá puntualmente e de forma individualizada ao alumnado cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
O alumnado pode acudir en horario de tutorías e aulas á profesora para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estime pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais, individuais ou grupais, a través de Teams.
Os horarios de tutorías da profesora da materia pódense consultar na páxina web da facultade.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 O alumnado deberá realizar unha proba oral ao final do cuadrimestre para amosar as súas competencias comunicativas en lingua francesa.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións máis detalladas.
15
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba escrita que todo o alumnado deberá realizar nas datas oficiais fixadas pola facultade para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación da materia.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
45
Problem solving A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (expresión, comprensión e interacción oral) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver no apartado Observacións da avaliación precisións e ponderacións máis detalladas.
15
 
Assessment comments

O alumnado ten dúas oportunidades para superar amateria: a primeira ó remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.

1. Avaliación da primeira oportunidade:

1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.

A data, horario e ubicación da proba escritadeben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final naque se avaliarán a expresión e a interacción oral.

A profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba oral.

1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques:

Bloque A ["Solución de problemas"]:actividades de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.

Bloque B ["Discusión dirixida"]:actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral.

Ademais das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial.

Agás causa debidamente xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.

Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10 en cada bloque.

1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes:

Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita,comprensión lectora: 35%

Comprensión auditiva: 10%

b. Un 15% valorará a proba oral.

c. Un 40% valorará as actividades de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:

Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%

Bloque B: actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%

A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación.Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

2. Avaliación da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.

2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para asegunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.

A profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas,datas de solicitude e entrega...).

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita(nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre10; 30% da nota final).

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora,pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demais metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado.

Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo portal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación)deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e persoal.

A realización fraudulenta ou irregular das probase/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.

7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

8. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).


-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Sources of information
Basic BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
BOULARÈS, M. (1997). Grammaire progressive du français avec 400 exercices. Niveau avancé. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
DELATOUR, Y. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau moyen. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert.
HANSE, J. (1996). Nouveau dictionnaire des difficultés du français moderne. Paris: Duculot
DELATOUR, Y. (2004). Nouvelle grammaire du français. Paris: Hachette.

Complementary

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello á profesora da materia.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Idioma Moderno: Francés/613G03016
Modern Language 2: Francés/613G03029
Modern Language 3: French/613G03033

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.