Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Idioma Moderno: Portugués Código 613G03051
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Portugués
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita.
O alumnado debe adquirir todas as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Apresentar(-se) e despedir-se. Cumprimentar e dar informações de caráter pessoal. 1.1. Alfabeto e ortografia: relação grafema-fone. Artigos. Pronomes pessoais sujeito. Pronomes interrogativos.
1.2. Informação pessoal (morada, estado civil, profissão, nacionalidade). Formas de tratamento.
2. Localizar. Descrever lugares. Pedir e dar informações sobre lugares. Seguir um mapa. Fazer reservas. 2.1. Presente do Indicativo dos verbos regulares (I). Género. Número. Preposições e contrações. Demonstrativos.
2.2. Casa. Cidade. Universidade. Hotel.
3. Perguntar e dizer as horas. Pedir no café, no restaurante e noutras lojas. Falar de ações que decorrem no momento. Expressar preferência. 3.1. Presente do Indicativo dos verbos regulares (II). Verbos reflexos. Construções perifrásticaS (I). Acentuação.
3.2. Ações quotidianas. Horas. Partes do dia. Dias da semana. Refeições. Comidas e bebidas. Cardinais.
4. Convidar, aceitar e recusar. Falar do tempo livre. Concordar e discordar. Pedir desculpas. Escrever cartas. Falar ao telefone. 4.1. Presente do Indicativo dos verbos irregulares (I). Pronomes pessoais átonos de CI. Construções perifrásticas (II).
4.2. Lazer. Transporte. Passatempos. Desportos.
5. Fazer planos para as férias. Sugerir. Falar sobre o tempo. 5.1. Presente do Indicativo dos verbos irregulares (II). Comparativos e superlativos. Possessivos. Conjunções.
5.1. Meses, estações e épocas festivas. Tempo climatérico. Cores. Vestuário. Ordinais.
6. Fazer compras. Falar da saúde. Aconselhar e dar instruções. Descrever pessoas física e psicologicamente. 6.1. Presente do Indicativo dos verbos irregulares (III). Imperativo. Construções perifrásticas (III).
6.2. Lojas. Corpo humano. Sintomas. Família.
7. Comparar países e hábitos. Defender pontos de vista. Narrar acontecimentos passados. 7.1. Pretérito Perfeito Simples (I), Pretérito Imperfeito e Pretérito Mais-Que-Perfeito Simples do Indicativo. Indefinidos.
7.2. Festas e tradições.
8. Apresentar características profissionais. Elaborar um Curriculum Vitae. Enfrentar uma entrevista. Fazer e responder a inquéritos. 8.1. Pretérito Perfeito Simples (II). Pronomes pessoais átonos de CD. Construções perifrásticas (IV).
8.2. Perfil profissional. Experiências de vida.
9. Relatar fatos futuros. Planificar festas. Redigir convites. 9.1. Futuro do Indicativo. Locuções adverbiais de tempo, lugar e modo. Pronomes relativos.
9.2. Falsos amigos. Fórmulas de cortesia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A8 A15 B4 B7 B8 C2 C4 14 14 28
Lecturas A8 A10 A15 B1 B3 B5 B7 B8 C2 C4 0 11 11
Obradoiro A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 14 20 34
Prácticas a través de TIC A8 B1 B3 0 10 10
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 3 0 3
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 C4 1 0 1
Resumo A8 A15 B3 B7 C2 0 15 15
Sesión maxistral A8 A15 B1 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 10 15 25
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 0 20 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do/da docente.
Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas.
Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que tal vez deba improvisar determinadas situacións.
Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, a fin de facilitar a súa comprensión.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica.
Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades, co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto do desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 10
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 Ao final do cuadrimestre o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 C4 Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).

Se
houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non comparecer ás probas escritas ou que non entregar ningunha das actividades.

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).











Fontes de información
Bibliografía básica Casteleiro, J. M. (coord.) (2001). Dicionário da Língua Portuguesa. Lisboa. Ed. Verbo
Costal, J. A. / Melo, A. S. (2003). Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. Porto Editora
Dias, H. B. M. (1994). Exercícios e notas gramaticais. Curso básico de português-língua estrangeira. Lisboa. Edições Colibri
Monteiro, D. / Pessoa, B. (1993). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa. Lidel
Cintra, L. / Cunha, C. (1984). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa. Sá da Costa
Reis, N. / Berström, M. (1997). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Lisboa. Ed. Notícias
VVAA (2009). SOS Português! Língua não materna A1/B1. Porto. Porto Editora

Bibliografía complementaria Oliveira, C. (2006). Aprender Português 1. A1-A2 . Lisboa: Texto Editores
Lemos, H. (2001). Comunicar em português . Lisboa. Lidel
Dias, A. C. (2009). Entre nós 1. Método de português para hispano-falantes. A1/A2. Lisboa. Lidel
Dias, H. B. M. (1994). Exercícios e notas gramaticais. Curso básico de português-língua estrangeira. Lisboa. Edições Colibri
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2002). Gramática Activa 1. Lisboa. Lidel
Avelar, A., et alii (1993). Lusofonia. Curso básico de português língua estrangeira. Lisboa. Lidel
Direcção-Geral de Inovação e de Desenvolvimento Curricular e (2001). Navegar em português 1 . Lisboa: Lidel
Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2009). Novo português sem fronteiras 1. Lisboa. Lidel
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalantes . Vigo. Xerais
Pinheiro, M. C. (2007). Português ao vivo. Textos e exercícios. Nível 1 . Lisboa: Lidel
Silva, M. L. M. (1984). Português língua viva . Lisboa. Editorial Teorema
Pinto, L. P. (2002). Português lúdico . Lisboa. Lidel
Tavares, A. (2004). Português XXI- 1 . Lisboa. Lidel
Lemos, H. (2004). Praticar português. Nível elementar . Lisboa. Lidel
Rosa, L. M. (2004). Vamos lá começar! . Lisboa. Lidel

RECURSOS WEB

Cursos

Linguas net: http://www.linguasnet.com/lessons/home_pt.html

Português para nós: http://www.portuguesparanos.com/

Dicionários e compêndios léxicos

Dicionário Priberam: http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx

Dicionário Universal da Língua Portuguesa: http://www.universal.pt/

Dicionários da Porto Editora: http://www.infopedia.pt/

Moderno Dicionário Michaelis: http://www2.uol.com.br/michaelis/

Exercícios

Centro Virtual Camões: http://www.instituto-camoes.pt/cvc/aprender.html

Classe Virtual de português: http://www.clt.be/clavipo/clpo.htm

Escolovar (exercícios): http://web.educom.pt/escolovar/lp_exercicio.htm

Escolovar (vocabulário): http://web.rcts.pt/escolovar/lp_forca.htm

Português Língua Estrangeira: http://portugueslinguaestrangeiraespanha.blogspot.com/

Ferramentas de pronúncia

SitePal: http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal

Ferramentas de tradução

Traducíndote: http://ieschandomonte.edu.es/traducindote/

Consulta

Ciberdúvidas:http://ciberduvidas.sapo.pt/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías