Identifying Data 2023/24
Subject (*) Modern Language 2: Portuguese Code 613G03054
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Optional 4.5
Language
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
roberto.samartin@udc.es
Lecturers
Rubert de Araujo, Andréa
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
a.rubert@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web
General description Esta materia suministra formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar o seu nível de coñecemento lingüístico como usuario básico, así como adquirir competencias de usuario independente, encuadrado no nível soleira (B1), de acordo co "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira A8
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
C2
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contents
Topic Sub-topic
1. Relatar ações ocorridas no passado 1.1. Pretérito Imperfeito do Indicativo. Pretérito Perfeito Simples do Indicativo. Preposições e locuções prepositivas de movimento, espaço e tempo.
1.2. Experiências de vida. Expressões idiomáticas (I)
2. Falar da vida académica e profissional. Elaborar um CV. Enfrentar uma entrevista. Escrever uma carta de apresentação. 2.1 Fórmulas de cortesia.
2.2. Ordenado, impostos e hábitos de trabalho. Léxico específico de diferentes profissões.
3. Defender pontos de vista. Argumentar. Fazer recomendações. 3.1. Marcadores discursivos. Pronomes relativos.
3.2. Estilos de vida. Desportos. Expressões idiomáticas (II)
4. Estabelecer conversas telefónicas. 4.1. Pretérito Mais-que-Perfeito Composto do Indicativo.
4.2. Fórmulas específicas das interações telefónicas.
5. Falar da saúde. Pedir ajuda. 5.1. Pretérito Perfeito Composto do Indicativo. Particípio Passado (regular e irregular)
5.2. Serviços básicos de saúde. Especialidades médicas. Sintomas e doenças. Indicações e cuidados de saúde.
6. Relatar factos futuros. Organizar eventos culturais. 6.2. Infinitivo Pessoal. Futuro e Condicional do Indicativo. Discurso direto e indireto.
6.3. Meios de comunicação social. Falsos amigos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A10 A15 B7 B8 C2 C4 1 5 6
Workshop A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 8 13 21
ICT practicals A8 B1 B3 B5 C2 C4 1 5 6
Oral presentation A8 A15 B4 B7 C2 2.5 10.5 13
Mixed objective/subjective test A8 A10 A15 B4 B7 C2 2 15.5 17.5
Guest lecture / keynote speech B6 B7 C2 8 12 20
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 9 17 26
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Workshop Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos, ...).
ICT practicals O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Oral presentation A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Mixed objective/subjective test Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Supervised projects Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
In order to carry out the supervised work, it is essential that the student periodically reports both on his/her progress and on his/her difficulties with the aim of achieving adequate guidance. In addition, the student will be able to make all kinds of queries regarding the development of the work, either during opening hours or by means of electronic mail.

This personalized attention is also contemplated for part-time students and with recognized academic exemption, as well as for students enrolled to be examined in the December call.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. 10
Oral presentation A8 A15 B4 B7 C2 Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Mixed objective/subjective test A8 A10 A15 B4 B7 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. 50
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Assessment comments


  1. Todas
    as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
    prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
    profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
    pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
    prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
    materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
    superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá
    obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes
    elementos avaliábeis.

  2. Todas
    as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
    de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
    concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
    léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
    lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
    cualificación segundo os criterios que figuran no documento
    "Exixencias mínimas de corrección lingüística"
    (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
    no Campus Virtual).

  3. Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
    ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
    tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
    será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
    traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
    Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
    traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
    incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se producir algunha
    destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas
    contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
    cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
    fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
    comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
    na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
    cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
    a convocatoria extraordinaria.



  4. O
    estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica
    realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
    concertada previamente co/a docente. Este alumnado deberá realizar
    e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non
    puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co
    profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso.
    Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas
    debe tamén contactar co profesorado da materia.




  5. O
    alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
    terá de contactar previamente co/a docente responsábel e, para
    superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba
    oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos
    tutorizados (3 valores) que lle foren encomendados.




  6. Se
    houver criterios específicos de avaliación para algunha das
    tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
    profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
    e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
    igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
    desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.




  7. As
    persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
    continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para
    superaren a materia nesta segunda oportunidade, o estudantado
    deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou
    escritas) marcadas polo profesorado responsábel e que serán
    realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía.
    Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas
    tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con
    aqueles outros traballos que foren agora solicitados.




  8. Será
    considerado Non Presentado aquel/a estudante que non se
    presentar á proba mixta ou non entregar ningunha das actividades
    previstas neste guía.




  9. A
    materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
    de medidas voltadas ao apoio
    à

    diversidade
    (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
    coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
    servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
    Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
    prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
    académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
    (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).

  10. De
    acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
    docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva
    de xénero

    nos seus contidos e organización. Será usada
    linguaxe inclusiva e, na medida do posíbel, bibliografía producida
    por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a
    discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado
    en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os
    valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a
    reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se
    foren identificadas situacións de discriminación por razón de
    xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as
    corrixir.


Sources of information
Basic Frías Conde, X. (2014). Compêndio de gramática portuguesa elementar. s.l.: Ianua Editora
Casteleiro, J. M. (coord.) (2001). Dicionario da Língua Porutguesa. Lisboa: Verbo
Coelho, J. (2015). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Ventura, H.; Caseiro, M. (2011). Guia prático de verbos com preposições. Lisboa: Lidel
Monteiro, D.; Pessoa, B. (2011). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel
Cintra, L.; Cunha, C (2013). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Figueirinhas
Berström, M.; Reis, N. (2011). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Alfragide: Casa das Letras

 

Complementary

BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR

1.Arruda, L. (2014). Gramática de Português Língua Não Materna. Porto: Porto Editora

2.Coelho, L.; Oliveira, C. (2008). Aprender Português 1 - Compreensão Oral Níveis A1/A2 - Inicial (Livro + Cd). Lisboa: Texto Editora

3.Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Aprender Português 1, 2 (Manual e caderno de exercícios). Lisboa: Texto Editora

4.Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Gramática Aplicada Português Língua Estrangeira - A1/A2/B1. Lisboa: Texto Editora

5.Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2011). Gramática activa 1. Lisboa: Lidel

6.Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2012). Gramática activa 2. Lisboa: Lidel

7.Freitas, F.; Henriques, T. (2011). Qual é a dúvida?. Lisboa: Lidel

8.Lemos, H. (2013). Dialogar em Português. Lisboa: Lidel

9.Malcata, H. (2013). Português atual 2. Lisboa: Lidel

10.Mascarenhas, L. (2014). Cultura e História de Portugal - Volume 1 - Níveis A2/B1. Porto: Porto Editora

11.Matos, M. (2013). Dicionário ilustrado de Português. Lisboa: Lidel

12.Pascoal, J.; Oliveira, T. (2013). Exames de Português A2 - B2 CAPLE-UL - CIPLE, DEPLE, DIPLE + CD Áudio. Lisboa: Lidel

13.Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalante. Vigo: Xerais

14.Rente, S. (2013). Expressões idiomáticas ilustradas. Lisboa: Lidel

15.Rosa, L. (2004). Vamos lá Começar! Exercícios de vocabulário. Lisboa: Lidel

16.Rosa, L. (2011). Vamos Lá Começar! Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa: Lidel

17.Rosa, L. (2011). Vamos Lá Continuar! - Explicações e Exercícios de Gramática. Lisboa: Lidel

18.Ruela, I. (2015). Vocabulário temático. Lisboa: Lidel

19.S/A (2009). 2009 SOS Português! - Língua Não Materna - Vocabulário A1 - B1. Porto: Porto Editora

20.S/A (2011). Dicionário Ilustrado - Português Dicionário de Português Língua Não Materna. Porto: Porto Editora

21.S/A (2014). SOS Português! - Língua Não Materna - Gramática A1 - B1. Porto: Porto Editora

22.Vázquez Cuesta, P. (2002). O Que Um Falante de Português Deve Saber Sobre o Galego. Lisboa: Colibri

RECURSOS DISPONÍVEIS NA INTERNET

Documentos orientadores:

Sítios institucionais:

Dicionários e recursos linguísticos:

Sites e manuais para a aprendizagem da língua:

Ferramentas de pronúncia:

Ferramentas de tradução:

Cultura:

Imprensa:


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Idioma Moderno: Portugués/613G03051

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Modern Language 3: Portuguese/613G03057

Other comments

Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.