Identifying Data 2019/20
Subject (*) Modern Language 4: Portuguese Code 613G03060
Study programme
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
roberto.samartin@udc.es
Lecturers
Dos Santos , Priscila Cristina
Samartin López-Iglesias, Roberto
E-mail
p.dossantos@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web
General description Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar todas as competencias de usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".

Study programme competencies
Code Study programme competences
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Demostrar dominio instrumental oral e escrito del português A8
Ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto e de formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos específicos na práctica comunicativa. A15
Demostrar que sabe utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva naqueles contornos comunicativos propios do nível previsto na materia. B4
Ser capaz de relacionar os coñecementos adquiridos na materia cos doutras áreas e disciplinas, nomeadamente coa literatura e a historia de Portugal. B5
Ter capacidade para organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ser capaz de apreciar a diversidade, de analisar, sintetizar e valorar criticamente o coñecemento adquirido, así como de exercer o pensamento crítico. B7
B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita do portugués, de acordo co nível exigido na materia. C2
Demostrar atitudes propiad do exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contents
Topic Sub-topic
1. Relatar ações passadas, presentes ou futuras. Expressar hipótese (condição irreal) 1.1. Imperfeito do Conjuntivo (I). Orações condicionais com "se"
1.2. Expressões idiomáticas que evidenciam aspetos associados à cultura portuguesa
2. Expressar sentimentos, ordem, dúvida etc. Fazer comparações reais, irreais e hipotéticas 2.1. Imperfeito do Conjuntivo (II). Orações dubitativas, completivas, conjuncionais e relativas de eventualidade. Orações exclamativas de desejo. Estruturas comparativas
2.2. Hábitos e modos de vida da juventude. Profissões inovadoras
3. Expressar ações eventuais no futuro. Exprimir hipótese (condição real)

3.1. Futuro do Conjuntivo (I). Orações condicionais com Imperfeito do Conjuntivo ou Futuro do Conjuntivo
3.2. Aspetos ligados ao trabalho em Portugal e na União Europeia
4. Expressar ideia de futuro. Exprimir condição total 4.1. Futuro do Conjuntivo (II). Orações temporais e concessivas. Conjugação pronominal mesoclítica
4.2. Turismo ecológico
5. Relatar fatos formais e informais. Enfatizar o discurso. 5.1. Infinitivo Pessoal Simples e Composto. Orações subordinadas adverbiais. Topicalização. Conjunções e locuções conjuncionais causais. Discurso direto e indireto
5.2. Aspetos ligados à realidade dos países de língua portuguesa

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A10 B3 B7 1 2.5 3.5
Workshop A8 A15 B1 C2 10 18 28
ICT practicals A8 B1 1 3 4
Oral presentation A8 B4 B5 C2 4 8 12
Mixed objective/subjective test A8 A10 A15 B4 B7 B8 C2 2 18 20
Guest lecture / keynote speech B7 B8 C4 10 12 22
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 C4 4 16 20
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Workshop Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
ICT practicals O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar algunhas actividades propostas nas aulas.
Oral presentation A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Mixed objective/subjective test Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Supervised projects Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que @s estudantes informen periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto de desenvolvemento dos traballos, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A8 A15 B1 C2 Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. 10
Oral presentation A8 B4 B5 C2 Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Mixed objective/subjective test A8 A10 A15 B4 B7 B8 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. 50
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán
publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.
Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente cos docentes e, para superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos tutelados (3 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel pola materia através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.


Sources of information
Basic

Casteleiro, J. M. (coord.) (2001): Dicionário da Língua Portuguesa (Lisboa: Verbo).

Cintra, L. / Cunha, C. (1984): Nova Gramática do Português Contemporâneo (Lisboa: Sá da Costa).

Costal,J. A. / Melo, A. S. (2003): Dicionário da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Monteiro, D. / Pessoa, B. (1993): Guia prático dos verbos portugueses (Lisboa: Lidel).

Reis, N. / Berström, M. (1997): Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa (Lisboa: Notícias).

S/A (2008): Acordo Ortográfico – Guia Prático (Porto: Porto Editora).

S/A (2008): Prontuário Ortográfico da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Complementary

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – CD audio duplo (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Textos (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Actividades (Lisboa: Lidel).

Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2000): Gramática Ativa 2 -versão portuguesa- (Lisboa: Lidel)

Lemos, Helena (2003): Comunicar em Português (Lisboa: Lidel).

Lemos, Helena (2011): Praticar Português - Nível Intermédio Segundo o Novo Acordo Ortográfico (Lisboa: Lidel).

Malcata, Hermínia (2011): Guia Prático de Fonética - Acentuação e Pontuação -livro segundo o novo Acordo Ortográfico- (Lisboa: Lidel).

Oliveira, C. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 (Lisboa: Texto Editores)

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 . Caderno de Exercícios ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Gramática Aplicada, Níveis Intermédio e Avançado. B2-C1 (Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2008): Aprender Português 2. Compreensão Oral. B1-B2 ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C., Coelho, L. (2007). Aprender Português 3. B2 (Lisboa: Texto Editores).

Pinheiro, M. C. (2007): Português ao vivo. Textos e exercícios . Nível 2 (Lisboa: Lidel).

Ramos, E. (2006): Portugalizar. Português para galegofalantes (Vigo: Xerais).

Rosa, L. M. (2004): Vamos lá continuar! (Lisboa: Lide)

S/A (2009): Bom Português (Porto: Porto Editora).

Tavares, A. (2004): Português XXI - 3 (Lisboa: Lidel).

Vaz, Rui (2011): Falas português? (Porto: Porto Editora).

Vaz, Rui (2011): Falas português? Caderno de Atividades (Porto: Porto Editora).

RECURSOS DISPONÍVEIS NA INTERNET

Documentos orientadores:

Sítios institucionais:

Dicionários e recursos linguísticos:

Sites e manuais para a aprendizagem da língua:

Ferramentas de pronúncia:

Ferramentas de tradução:

Cultura:

Imprensa:


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Idioma Moderno: Portugués/613G03051
Modern Language 2: Portuguese/613G03054
Modern Language 3: Portuguese/613G03057

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste guía docente.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.