Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Infraestruturas de Altas Prestacións Código 614473104
Titulación
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.osorio@udc.es
Profesorado
Rey Expósito, Roberto
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
roberto.rey.exposito@udc.es
roberto.osorio@udc.es
Web http://aula.cesga.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno o coñecemento dos compoñentes dunha infraestrutura actual para a computación e altas prestacións, de como funcionan en conxunto e de como administralos.
O alumno debe ser capaz de deseñar e administrar infraestruturas de altas prestacións tendo en conta a análise das necesidades presentes e a súa posible evolución futura, así coma os requisitos para plantexar un proxecto de deseño de infraestrutura no que se deben ter en conta tanto o hardware, coma o software e as infraestruturas de soporte. Isto incluirá a parte computacional, o almacenamento de datos, a infraestrutura de comunicacións, e a monitorización do sistema.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Analizar e mellorar o rendimento dunha arquitectura ou un software dado
A3 CE3 - Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións
A6 CE6 - Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación en sistemas distribuidos sobre unha rede
B1 CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipótesis razoables.
B8 CG3 - Ser capaz de manter e extender plantexamentos teóricos fundados para permitir a introducción e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
B11 CG6 - Ser capaz de comprender e expresar en lingua inglesa, tanto de forma oral como escrita, información, ideas, coñecementos, problemas e solucións no ámbito HPC
C1 CT1 -Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 CT2 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribuan a o desenrolo sostible ambiental, económico, político e social
C4 CT4 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenrolo tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou software dado AP2
BP5
BP6
CP1
Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións AP3
BP1
BP2
BP4
BP7
BP11
CP4
Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación en sistemas distribuídos sobre unha rede AP6
BP8
BP10
CP2

Contidos
Temas Subtemas
Infraestrutura de soporte para computación de altas prestacións Formatos de servidores
Infraestrutura dun centro de datos
Virtualización de servidores
Tecnoloxías de almacenamento Dispositivos físicos de almacenamento
Redes de almacenamento
Copias de seguridade
Deseño e administración de clusters para computación de altas prestacións Introdución aos clusters de computación
Despregamento, configuración e administración de clusters
Monitorización e optimización de clusters

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 B2 B10 C1 C2 20 50 70
Traballos tutelados B5 B6 B7 B8 B11 0 57 57
Proba mixta B4 B6 2 0 2
Sesión maxistral A3 A6 B1 C4 20 0 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e casos prácticos na aula de informática e pola sua conta, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Traballos tutelados Encargo de traballos de recollida de información e análise relacionados coa teoría e os coñecementos adquiridos nas clases prácticas
Proba mixta Avaliación dos coñecemetos mediante unha proba escrita ou, se fose convinte, oral
Sesión maxistral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Nas prácticas de laboratorio, o profesor asistirá aos alumnos durante o horario presencial, presentando o traballo a desenvolver, axudándoos a comezar, e finalmente resolvendo as dúbidas que xurdiran durante o traballo non presencial.




Os alumnos poderán empregar as titorías para solventar dúbidas xurdidas durante a realización dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 B2 B10 C1 C2 Valorarase a calidade do traballo desenvolvido dentro e fora do laboratorio 50
Traballos tutelados B5 B6 B7 B8 B11 Valorarase a calidade do traballo entregado tendo ademáis en conta o grao de asistencia que requira por parte dos profesores. 20
Proba mixta B4 B6 Proba escrita ou, solo se fose necesario, oral 30
 
Observacións avaliación

É necesario obter polo menos o 50% da cualificación total para aprobar. 

Tamén e necesario obter polo menos o 50% da cualificación máxima da proba mixta. 

Non é posible recuperar as prácticas se o alumno se presenta á segunda oportunidade. Os alumnos que fagan uso da segunda oportunidade serán avaliados segundo as prácticas que entregaran antes da primeira oportunidade. 
Por outra banda, si sería posible presentar os traballos tutelados entre a primeira e segunda oportunidade. 

Non se fará ningunha consideración especial cara aos alumnos con matrícula a
tempo parcial. Se considerará como "non presentados" os alumnos que non realicen
a proba mixta.

Fontes de información
Bibliografía básica

R. Rosen. Linux Kernel Networking. Implementation and Theory. 2014

Tom Shanley. InfiniBand Network Architecture. 2002

Matthew Portnoy. Virtualization Essentials, 2nd Edition. 2016

Kailash Jayaswal. Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP. 2005

Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS, iSCSI, InfiniBand and FCoE. 2009

E. Nemeth & G. Zinder & T.R. Hein. Linux Administration Handbook. 2006

Sam Alapati. Modern Linux Administration: How to Become a Cutting-Edge Linux Administrator. O'Reilly. 2016

T. Sterling, M. Anderson, M. Brodowicz. High performance computing: modern systems and practices. Morgan Kaufmann. 2017


Bibliografía complementaria
Barb Goldworm & Anne Skamarock. Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs. 2007

W. Curtis Preston. Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems. 2007

Tom Clark. Designing Storage Area Networks: A Practical Reference for Implementing Fibre Channel and IP SANs (2nd Edition). 2003

Cougias & Heiberger & Koop. The Backup Book: Disaster Recovery from Desktop to Data Center 3rd Edition. 2003


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
HPC na Nube/614473106

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías