Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Taller de Proxectos Código 614473109
Titulación
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Gonzalez Gomez, Patricia
Correo electrónico
patricia.gonzalez@udc.es
Profesorado
Fernández Rivera, Francisco
García Loureiro, Antonio Jesús
Gonzalez Gomez, Patricia
López Taboada, Guillermo
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
patricia.gonzalez@udc.es
guillermo.lopez.taboada@udc.es
jose.sanjurjo@udc.es
Web http://aula.cesga.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno as bases fundamentais para levar a cabo con éxito un proxecto de investigación e/ou industrial na área da computación de altas prestacións. Presentaranse diferentes ferramentas colaborativas que facilitan o desenvolvemento do proxecto así como diferentes exemplos de proxectos empresariais e de investigación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 CE8 - Ser capaz de aplicar os coñecementos, capacidades e aptitudes adquiridas á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no campo da computación de altas prestacións.
B1 CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación do seus coñecementos e xuizos
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo
B7 CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipótesis razoables.
B9 CG4 - Ser capaz de planificar e realizar tarefas de investigación, desenrolo e innovación en ámbitos relacionados coa computación de altas prestacións
B10 CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
C1 CT1 -Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 CT2 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribuan a o desenrolo sostible ambiental, económico, político e social
C3 CT3 - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenrolar plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
C4 CT4 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenrolo tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno coñecerá as bases fundamentais para levar a cabo con éxito un proxecto de investigación e/ou industrial na área da computación de altas prestacións AP8
BP1
BP3
BP5
BP6
BP7
BP9
BP10
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
O alumno coñecerá distintas ferramentas que facilitan o desenvolvemento dos proxectos tanto de investigación como industriais AP8
BP7
BP10
CP1
CP2
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Proxectos de investigación en HPC
Difusión de resultados. Estudos bibliográficos
Ferramentas colaborativas
Xestión de proxectos HPC
Talleres industriais
Emprendemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A8 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 1 54 55
Seminario B1 B3 B5 C2 C4 C5 8 0 8
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 C2 C4 C5 11 0 11
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización de traballos académicamente dirixidos, de forma individual ou en grupo.
Seminario Charlas e talleres impartidos por profesionais relevantes no campo da investigación en HPC ou na industria.
Sesión maxistral Clases de teoría impartidas polos profesores da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado impartirá as sesións maxistrais nas que atenderá as dúbidas que poidan xurdir por parte dos alumnos.

Durante a realización dos traballos tutelados os profesores farán un seguimento do traballo do alumno.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 C2 C4 C5 Durante as clases presenciais, os profesores farán un seguimento da participación activa dos alumnos. 10
Traballos tutelados A8 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 Entrega e defensa dos traballos académicamente dirixidos. 90
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (ordinaria - maio):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: 10% da nota final

Segunda oportunidade (extraordinaria - xullo):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: será necesario presentar os traballos academicamente dirixidos que non se presentaron na convocatoria ordinaria, e volveranse a presentar, tras as modificacións oportunas indicadas polos profesores, aqueles que non recibisen unha cualificación mínima necesaria para aprobar na devandita convocatoria. 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 10% da nota final

Non presentado:
Considerarase non presentado o alumno que non entregase ningún dos traballos tutelados e non participase nas actividades propostas.

Tempo parcial/Dispensa académica de exención de docencia: dado que o título ten unha modalidade a distancia, no caso de alumnos que, de forma xustificada, teñan impedimentos para a asistencia de forma presencial, serán avaliados cos criterios da modalidade a distancia.

Durante os procesos de avaliación os profesores poden solicitar aos estudantes que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación de forma non presencial, poderáselles solicitar tamén a firma dixital dos mesmos e/ou unha declaración xurada sobre a autoría dos mesmos. 


Fontes de información
Bibliografía básica Alexander Osterwalder and Yves Pigneur (). Business Model Generation. John Wiley and Sons
A. H. Hofmann (). Scientific writing and communication. Oxford University Press
Eric Ries (). The Lean Startup: How Today's Entrepreneurs Use Continuous Innovation to Create Radically Successful Businesses. Crown Publishing Group

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O coñecemento do inglés tanto falado como escrito é imprescindible xa que moita da bibliografía e das conferencias externas poden ser en inglés.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías