Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Planificación estratéxica de sistemas de información Código 614502001
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Profesorado
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Planificación Estratéxica de Sistemas de Información ten como foco o Sistema de Información da Empresa/Organización concibido como un todo interrelacionado.

Explícanse os distintos tipos de Sistemas que empregan as Empresas e a relación existente entre estes, establecendo un marco de Arquitectura dos Sistemas de Información que permita un desenvolvemento e evolución destes controlado.

Faise fincapé na importancia dos estándares e na xestión dos recursos da información como un activo máis da empresa.

É moi relevante a participación na docencia de profesionais de empresas de primeiro nivel que explican a súa experiencia en Sectores de Negocio concretos: Financeiro, Telco, Agropecuario, Organismos Públicos etc.., así como a posibilidade de orientarse cara a solucións integradas de mercado como é o caso dos ERP.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares.
A2 Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares.
B1 Capacidade de resolución de problemas.
B2 Traballo en equipo.
B3 Capacidade de análise e síntese.
B4 Capacidade para organizar e planificar.
B5 Habilidades de xestión da información.
B6 Toma de decisións.
B7 Preocupación pola calidade.
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
B10 Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática
B12 Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares
B14 Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais
B18 Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática
B19 Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática
B22 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B23 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B24 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B25 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Comprender o ámbito económico, xurídico e institucional da empresa ou organización, para poder responder axeitadamente ás súas necesidades de integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas. -Saber aproveitar as potencialidades dos sistemas de información e a innovación tecnolóxica na planificación estratéxica dunha organización.. -Comprender e garantir os requirimentos de seguridade para as persoas e bens nun proxecto de Enxeñaría Informática. -Comprender e garantir os parámetros de cumprimento dos criterios ambientais asociados a un desenvolvemento de enxeñaría. -Saber valorar e asegurar a calidade final dos produtos e a súa homologación. AP1
AP2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
BP18
BP19
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Os Sistemas de Información na Empresa. Tipoloxías de Sistemas.

2. Planificación dos Sistemas de Información e Planificación Estratéxica.

3. Criterios para a toma de decisións.

4. Arquitectura dos Sistemas de Información. Modelo de Zachman.

5. Estrutura Organizativa e Sistemas de Información.

6. Novas tecnoloxías e sistemas de Información.

7. Casos. Plataformas e Exemplos

8. Planificación Estratéxica e Innovación.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B8 B10 B12 B14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 C5 C7 C8 10 20 30
Estudo de casos A1 A2 C2 10 20 30
Proba obxectiva A1 A2 B24 B23 B22 B19 B18 B14 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C1 22 0 22
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C3 C6 19 44 63
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Conceptualizar se a materia e preséntanse as técnicas e modelos necesarios para poder realizar os traballos prácticos.
Estudo de casos Preséntanse casos reais de empresa ou tecnoloxía
Proba obxectiva Realización dun exame escrito sobre os contidos expostos nas clases de teoría.
Prácticas a través de TIC Os alumnos realizan e presentan traballos sobre casos reais que se lles propoñen

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición

A orientación dos traballos valídase co profesor

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Valórase a presentación da memoria dos traballos, o seu contido e alcance, así como a presentación e defensa oral dos traballos. 60
Proba obxectiva A1 A2 B24 B23 B22 B19 B18 B14 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C1 Realización dun exame escrito sobre os contidos expostos durante as clases de teoría. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Spewak / Zachman (1993). Enterprise Architecture Planning. John Wiley
M.Summer (2005). Enterprise Resource Planning. Prentice Hall
J. Valor, S. Sieber, V. Porta (2005). Los sistemas de información en la empresa actual. McGraw-Hill
Andreu/Ricart/Valor (1990). Planif. Estrateg, de Tecnolgías y SI en la Empresa. IESE
Alberto R. Lardent (2001). Sistemas de Información para la Gestión Empresarial. Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías