Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación estratéxica de sistemas de información Código 614502001
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Profesorado
Pedreira Fernández, Oscar
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia de Planificación Estratéxica de Sistemas de Información ten como foco o Sistema de Información da Empresa/Organización concibido como un todo interrelacionado.

Explícanse os distintos tipos de Sistemas que empregan as Empresas e a relación existente entre estes, establecendo un marco de Arquitectura dos Sistemas de Información que permita un desenvolvemento e evolución destes controlado.

Faise fincapé na importancia dos estándares e na xestión dos recursos da información como un activo máis da empresa.

Estúdanse marcos para o goberno dos sistemas e tecnoloxías da información nas organizacións, cun énfase especial na planificación estratéxica dos sistemas de información e do seu aliñamento coa estratexia xeral da organización.

É moi relevante a participación na docencia de profesionais de empresas de primeiro nivel que explican a súa experiencia en Sectores de Negocio concretos: Financeiro, Telco, Agropecuario, Organismos Públicos etc.., así como a posibilidade de orientarse cara a solucións integradas de mercado como é o caso dos ERP.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán modificacións sustanciais sobre o contido da materia, máis alá de adaptacións puntuais.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Manteranse as metodoloxías docentes previstas. No caso de pasar a un modelo de docencia en remoto, estas metodoloxías desenvolveranse a través de medios telemáticos.

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

A atención ao alumnado realizarase a través das ferramentas de traaballo online proporcionadas pola Universidade da Coruña.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

Manteranse as porcentaxes consideradas inicialmente nesta guía docente de cara á avaliación. En caso de pasar a un modelo de docencia e avaliación en remoto, as actividades de avaliación desenvolveranse online utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade da Coruña.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifican os recursos e/ou bibliografía empregados na materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares.
A2 Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares.
B1 Capacidade de resolución de problemas.
B2 Traballo en equipo.
B3 Capacidade de análise e síntese.
B4 Capacidade para organizar e planificar.
B5 Habilidades de xestión da información.
B6 Toma de decisións.
B7 Preocupación pola calidade.
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
B10 Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática
B12 Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares
B14 Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais
B18 Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática
B19 Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática
B22 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B23 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B24 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B25 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Comprender o ámbito económico, xurídico e institucional da empresa ou organización, para poder responder axeitadamente ás súas necesidades de integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas. -Saber aproveitar as potencialidades dos sistemas de información e a innovación tecnolóxica na planificación estratéxica dunha organización.. -Comprender e garantir os requirimentos de seguridade para as persoas e bens nun proxecto de Enxeñaría Informática. -Comprender e garantir os parámetros de cumprimento dos criterios ambientais asociados a un desenvolvemento de enxeñaría. -Saber valorar e asegurar a calidade final dos produtos e a súa homologación. AP1
AP2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
BP18
BP19
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
1. Os sistemas de información nas organizacións

2. Planificación dos sistemas de información e planificación estratéxica.

3. Criterios para a toma de decisións.

4. Goberno das tecnoloxías e sistemas de información.

5. Innovación, novas tecnoloxías e emprendemento.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B14 B19 B22 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 21 42 63
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B14 B18 B19 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C4 C6 C8 18 36 54
Presentación oral A1 A2 B24 C1 3 6 9
Estudo de casos A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 C1 6 13 19
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Conceptualizar se a materia e preséntanse as técnicas e modelos necesarios para poder realizar os traballos prácticos.
Traballos tutelados Metodoloxía onde o alumnado se enfronta ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolvido por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Estudo de casos Preséntanse casos reais de empresa ou tecnoloxía

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
<br>A orientación dos traballos valídase co profesor

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B14 B18 B19 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C4 C6 C8 Desenvolvemento de traballos tutelados baseados en escenarios reais para a aplicación dos conceptos tratados nas sesións maxistrais. 80
Presentación oral A1 A2 B24 C1 Presentación oral dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación

Será necesario acadar unha calificación superior ao 50% nos traballos tutelados e na presentación oral.

Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar con todo a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica Mario Piattini Velthuis y Francisco Ruiz González (2020). Gobierno y gestión de las tecnologías y los sistemas de información. Ra-Ma
Josep Valor, Sandra Sieber y Valentín Porta (2005). Los sistemas de información en la empresa actual. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria

Carmen de Pablos Heredero, José Joaquín López Hermoso, Santiago Martín-Romo Romero, Sonia Medina Salgado: Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. ESIC. 2019.

Michael E. Porter: Estrategia competitiva. Pirámide. 2009.

Michael E. Porter: Ventaja competitiva. Pirámide. 2010.

Luis A. Guerras Martín y José E. Navas López: Fundamentos de dirección estratégica de la empresa, Segunda edición. Thomson Reuters. 2016.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías